Buscar neste blog

11 agosto 2017

Presentación do libro "El candidato y la furia" de Argemino Barro. Xoves 17 de agosto ás 20 h



Presentación do libro "El candidato y la furia" de Argemino Barro. 
Xoves 17 de agosto ás 20 h. no salón de actos do Ateneo

Participarán o autor e periodista Argemino Barro e Rosa Cal

Entrada libre. #Ferrol #SomosCultura


O periodista Argemino Barro presenta seu libro “El candidato y la furia” (Editorial La Huerta Grande) o xoves día 17 de agosto ás 20 h. no #Ateneo: unha crónica do ascenso de Donald Trump á presidencia de Estados Unidos e unha viaxe ao corazón da América ferida que lle deu a súa confianza.

“El candidato y la furia” traza un perfil do magnate republican e dos seus votantes, desde Nueva York a Ohio e Virginia Occidental, no contexto do auxe do populismo.
Argemino é corresponsal en Nueva York de Capital Radio e colaborador de El Confidencial. Tamén traballou como freelance para Cuatro, Telecinco, El Mundo, La Vanguardia e Magazine Fashion & Arts, entre outros medios de comunicación.
Antes de instalarse en Estados Unidos, Argemino especializouse no espacio post-soviético e no 2014 gañou o premio internacional de periodismo "Belarus in Focus" polo seu traballo sobre a dictadura de Bielorrusia.
O evento vai a ser moderado por Rosa Cal, Profesora Titular, Jubilada e Honorífica na Universidade Complutense de Madrid.

Argemino Barro

Ningún comentario: