Presentación do libro
“NO ME LLAMES OLVIDO
“
de Ruth
UTANDE
O
libro presentarase no Ateneo Ferrolán o xoves 13 de xuño ás 19 hs.
Participarán ademáis da autora Rosa Cal e o vicepresidente do Ateneo Luis Calvo
“No
me llames Olvido” é o primeiro libro de relatos curtos da coruñesa
Ruth Utande. Está composto de dezaseis historias de persoas con
vidas difíciles, que nadan sempre ao contraxeito para superar as
situacións que lles toca afrontar. Son mulleres e homes que caen e
levántanse e que, a pesar dos avatares da vida, aínda confían en
que hai lugar para a esperanza. Os relatos están baseados en
experiencias reais e todas eles ocorren en tempos e situacións
diferentes pero cun denominador común que a escritora recolle no
título: os protagonistas son capaces de perdoar e vivir sen rancor,
pero non de esquecer.
Ruth
Utande naceu na Coruña, e despois de vivir tres décadas en Madrid,
a illa de Tenerife adoptouna de forma permanente fai tres anos.
Xornalista de formación e escritora por vocación, traballou en
prensa escrita e en comunicación empresarial durante moitos anos,
actividade esta última que continua realizando na actualidade. Tamén
colaborou no sector das organizacións non gobernamentais coa ONG
Infancia sen Fronteiras, onde se ocupou de diversos proxectos en
Níxer e en Nicaragua.
Durante
todo este tempo nunca deixou de escribir. Biografías por encargo,
contos para nenos e outros relatos para diversos eventos. Gústalle
dicir que os ventos alisios da illa canaria déronlle a forza
suficiente para dar vida a “No me llames Olvido” e voz aos seus
protagonistas. Eles, máis que ninguén, merécenllo.
Evento: https://www.facebook.com/events/373518766604342/
Evento: https://www.facebook.com/events/373518766604342/
Ningún comentario:
Publicar un comentario