Proxección Documental "Los labios apretados" de Sergio Montero
sobre a Revolución de Asturias de 1934.
Venres día 12 de xullo ás 20 h.
SINOPSE CURTA
Sergio, o fillo dun mineiro asturiano emprende unha viaxe a Buenos Aires sen saber que, en paralelo, inicia outra viaxe: o da memoria. Alí descobre un acontecemento histórico de talla mundial que ocorreu á beira da súa casa. E en ningunha clase de Historia contáranlle nada… O mozo navega a ambos os dous lados do océano perseguindo o ronsel daquela revolución do ano 34; que aínda que escoitou nomear algunha vez aos anciáns do seu pobo natal, descoñece por completo.
"Los labios apretados" foi rodado en Uruguai, Arxentina e Asturias durante o últimos nove anos. A investigación levada a cabo para a súa realización esixiu a visita a 22 arquivos de 5 países diferentes. O proxecto, dirixido polo documentalista, fotógrafo e investigador asturiano Sergio Montero, dirixe a súa mirada "cara á historia non contada da revolución de outubro do 34, reflexionando sobre como unha sociedade transmite a súa memoria ás seguintes xeracións".
Recentemente o documentalista asturiano Sergio Montero recibiu o premio á mellor cinematografía nun documental no SOUTH INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019 pola súa ópera prima Os Beizos Apertados foi rodado en Uruguai, Arxentina e Asturias durante o últimos nove anos. A investigación levada a cabo para a súa realización esixiu a visita a 22 arquivos de 5 países diferentes. O proxecto, dirixido polo documentalista, fotógrafo e investigador asturiano Sergio Montero, dirixe a súa mirada "cara á historia non contada da revolución de outubro do 34, reflexionando sobre como unha sociedade transmite a súa memoria ás seguintes xeracións".
Recentemente o documentalista asturiano Sergio Montero recibiu o premio á mellor cinematografía nun documental no SOUTH INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019 pola súa ópera prima "Los labios apretados"
Trailer do documental https://vimeo.com/295083784
Máis info: https://www.facebook.com/los.labios.apretados.el.documental/
Ningún comentario:
Publicar un comentario