Buscar neste blog

23 maio 2022

Mesa redonda sobre "A PRESENZA DA IGREXA NOS ACONTECEMENTOS DE 1972 EN FERROL E VIGO". Xoves 26 de maio ás 19,30 h.

 


Mesa redonda sobre "A PRESENZA DA IGREXA NOS ACONTECEMENTOS DE 1972 EN FERROL E VIGO". Xoves 26 de maio ás 19,30 h.

 A celebración do 50º aniversario das mobilizacións obreiras do ano 1972 nas comarcas de Ferrol e Vigo, supón unha oportunidade para a reflexión sobre o papel que desempeñou a Igrexa nese contexto sociopolítico na defensa e procura dunhas condicións dignas no traballo, así como en qué medida esa parte da nosa historia condiciona a nosa realidade actual no mundo das relacións laborais

 Co propósito de afondar nos feitos pasados pero en clave de presente, a iniciativa "Igrexa polo Traballo Decente" (ITD) na Diocese de Mondoñedo-Ferrol, organiza unha mesa redonda para o xoves 26 de maio, ás 19:30 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán, sendo un acto aberto a toda aquela persoa que teña interese

Ningún comentario: