Buscar neste blog

02 febreiro 2026

Obradoiro “Libera o Poder Ancestral do teu Útero” con Claudia Akkara


Entrada libre e prazas limitadas – un encontro vivencial para mulleres o venres 6 de febreiro as 19h ata as 21 h,  que senten o chamado interior a sanar, liberar e activar o seu poder feminino profundo.

Será na sala 1, andar 1.

Que é este obradoiro?

Libera o Poder Ancestral do teu Útero” é moito máis que un taller: é unha experiencia corporal, enerxética e emocional pensada para acompañar ás mulleres a despertar a súa forza desde o ventre, lugar que non só conecta coas nosas capacidades creadoras, senón tamén coas memorias e sabedorías do noso propio linaxe.

Segundo a proposta do obradoiro, o útero non se entende só como un órgano físico, senón como un centro de enerxía vital, emocional e espiritual onde se poden recoñecer, liberar e transformar bloqueos, memorias de dor ou vergonza, e recuperar a dignidade e o poder feminino persoal.

Durante o obradoiro, poderás:

🌿 Liberar memorias de dor e bloqueos acumulados
🌿 Re-conectar a túa enerxía sexual co corazón
🌿 Activar a túa forza vital e creativa como muller
🌿 Celebrar e compartir con outras mulleres nun espazo seguro de sororidade

Este traballo usa o teu propio corpo como ferramenta de transformación, propoñendo un proceso que combina movemento, consciencia e reconexión coa sabedoría corporal e ancestral.

Para quen é?

Este encontro está deseñado para mulleres que:

✨ senten un chamado profundo ao seu poder interior
✨ queren recuperar autoestima e dignidade feminina
✨ desexan liberar cargas persoais ou ancestrais
✨ buscan vivir con máis presenza, autenticidade e creatividade 

 Por que participar?

Se sentes que algo dentro teu quere desprenderse de vergonza, dor ou silencios, e desexas redescubrir o teu propio poder como muller, este obradoiro ofrece un espazo de acompañamento, sororidade e transformación para iniciar ese proceso

👉 Non é unha charla teórica: é unha experiencia para sentir e transformar.


Información web da facilitadora do evento ou seguir en IG @shak.nae

Faladoiro con Carmen de Castro Olveira no Ateneo Ferrolán: rachando teitos para sobrevolalos

O xoves 5 de febreiro ás 19:30 horas, o Ateneo Ferrolán acollerá un faladoiro coa piloto galega Carmen de Castro Olveira, unha muller nova que está a abrir camiño nun sector tradicionalmente dominado por homes: o da aviación profesional.

Con só 23 anos, Carmen xa pode dicir que vive do que soñaba de nena: voar. Iniciouse moi nova na aviación e, con apenas 20 anos, debutou como copiloto en aviación executiva, participando incluso en voos especiais como o transporte de órganos. Na actualidade traballa como copiloto en aviación comercial, pilotando aeronaves como o Airbus A320.

A súa presenza nos mandos dun avión é tamén un exemplo de referente feminino nun ámbito onde as mulleres seguen sendo minoría. A través da súa experiencia persoal e profesional, Carmen amosa que o talento, a preparación e a constancia non entenden de xénero, e que cada vez son máis as mulleres que reclaman o seu espazo no aire.

Máis alá da cabina, Carmen mantén unha forte ligazón coa cultura e coa música: toca varios instrumentos e forma parte da Banda de Música de Caamaño, demostrando que a disciplina artística e a técnica poden convivir cunha carreira tan esixente como a aviación.

Durante o faladoiro falará do seu percorrido, dos retos da formación aeronáutica, das dificultades e tamén das satisfaccións de exercer como muller piloto, nun encontro aberto ao público que convida á reflexión, á inspiración e ao diálogo.

Durante o faladoiro, Carmen compartirá a súa experiencia de superación, disciplina e aprendizaxe, desde o descubrimento da súa paixón polo voo ata os desafíos da formación aeronáutica e a súa carreira profesional no sector. O encontro, aberto ao público e moderado polos xornalista Joaquín Enríquez e activista e compoñente do prgrama a Xanela Das Fucas,  Chelo Carballal, será tamén un espazo para o diálogo directo co público asistente

Unha oportunidade única para coñecer de preto a historia dunha muller galega que está a voar alto… e a abrir ceo para moitas outras.