Buscar neste blog

Síguenos en...

06 marzo 2009

Conferencia e presentación do Libro:

Auge y decadencia. Desarrollo económico, cultural y educación en Ferrolterra durante el Antiguo Régimen. de Alfredo Martín García. Serie Galicia Histórica.

Imparten a conferencia:
  • EDUARDO PARDO DE GUEVARA.
    Director do Instituto de Estudios Galegos "Padre Sarmiento".
  • ALFREDO MARTÍN. Autor do libro.
No Ateneo Ferrolán o xoves 12 de Marzo ás 20hs.

26 febreiro 2009

Miguel Alonso en concerto no Ateneo Ferrolán

O cantautor ferrolán Miguel Alonso, estará con Javier Santana [Guitarras] e Víctor Méndez [Baixo]

Contacto:
O Sábado 7 de Marzo, ás 20:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán
Entrada: 3 euros [2 euros para soci@s]

23 febreiro 2009

Martes de cine no Ateneo, ciclo de "Cine obreiro"


As proxeccións serán os MARTES ás 19:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán; a entrada é de balde.

11 febreiro 2009

O Ateneo adquire para a súa Biblioteca–Hemeroteca a "Enciclopedia histórica del anarquismo español"

Chega esta monumental obra –a enciclopedia– para mostrar o devenir do movemento anarquista en España a través das persoas que o encarnan, dos comicios que celebra, das revistas e periódicos que elabora, dos lugares en que asentase. E froito dun traballo persoal e colectivo. Persoal, pois levou ao seu autor algo máis de trinta anos de recompilación minuciosa de datos. E colectivo, porque participaron nel máis de trescentas persoas; desde as que aportaron datos relativos ao seu entorno familiar ou de amizades ate as que, desinteresadamente, ofreceron os resultados das súas investigacións levadas a cabo durante anos. Todas elas teñen recoñecida a súa xenerosidade na correspondente parte bibliográfica de cada entrada.


Os dous primeiros volumes da presente enciclopedia –842 e 999 páxinas, respectivamente– inclúen unhas 50.000 entradas, ordenadas alfabeticamente, nas que o groso dedicase a persoas militantes, moitas delas descoñecidas ate agora, mostrando así que a forza do anarquismo basease na xente sen protagonismo. A ilo sumase unha completa relación de periódicos e revistas que se sucederon ao longo dos anos. Desgrananse, ademais, os congresos e asembleas das distintas ramas do anarquismo, introducidos pola cidade na que se celebraron. Completase, por último, a información con eventos, grupos, columnas, etc. Cada entrada leva o seu correspondente aparato bibliográfico con indicación das fontes. O terceiro volume –239 páxinas– dedícase ás imaxes –unhas 3.000–: ilustracións de cubertas de libros, cabeceiras de periódicos e revistas, e carteis; fotografías de militantes e de grupos en manifestacións, escolas, congresos, colectividades, milicias...


En total, 2.080 páxinas de amena lectura sobre a vida de homes e mulleres excepcionais, sobre a súa búsqueda da dignidade, sobre as constantes persecucións e violencia que padecen, sobre as realizacións utópicas que conseguen, sobre o movemento popular español que máis cultura xera, en fin, sobre o anarquismo español.




Enciclopedia histórica del anarquismo español
Vitoria, Asociación Isaac Puente, 2008
3 volúmenes (2.080 páginas, tamaño folio)
ISBN 978-84-612-4049-4 (Obra completa)

10 febreiro 2009

Concerto de OSSOBUCCO no Ateneo Ferrolán

Ossobucco nace como consecuencia dun cúmulo de casualidades, sen premeditación, case sen querer en Madrid no verán de 2002 e é froito dun traballo que foise macerando co tempo. Nun principio desenvolvense nun formato puramente acústico, incidindo na esencia das propias cancións para posteriormente evolucionar cara un son máis eléctrico e electrónico conseguindo os contrastes que hoxe representan a base do seu son.

Ossobucco utiliza os directos para mostrar puntos concretos dun proceso que vaise transformando continuamente, facendo que cada concerto sexa moi distinto un doutro, esta circunstancia explica o espaciado das súas actuacións.

Ao longo deste tempo coñecen a Pablo Sbaraglia, músico e produtor arxentino colaborador habitual de artistas da talla de Andrés Calamaro, Andy Chango e actualmente membro da banda do Indio Solari. Participa nalgunha das actuacións de Ossobucco, comezando así unha relación profesional que frutificará na gravación e produción do presente traballo.

Este disco foi gravado en Bos Aires no verán de 2006 en tan so once días. A falta de tempo obrigoulles a pactar unhas regras de xogo que marcaron definitivamente o rumbo que adquiriría todo; reflexo de isto é que o disco está repleto de primeiras tomas que aportan frescura e determinación a unha obra que require escoitar para apreciala plenamente.

O concerto será o próximo XOVES día 12 de febreiro ás 20 h. no Salón de Actos

Web: www.myspace.com/ossoybucco

29 xaneiro 2009

VII Certame de Teatro Infantil e Xuvenil ATENEA 2009

As entidades ATENEO FERROLÁN e CAIXANOVA convocan o VII Certame de Teatro Infantil e Xuvenil ATENEA 2009.

Este certame está dirixido a centros de ensino, entidades ou sociedades culturais que teñan sección infantil ou xuvenil de actividades, coa fin de promover entre eses primeiros segmentos da nosa cidadanía o interese, afección e amor ás letras e á representación escénica.

Desconto nas entradas do Jofre para @ soci@s do Ateneo

Hola a tod@s.
Comprácenos comunicarvos esta nova da Concelleria de Cultura do noso Concello.

Para acreditar que sodes SOCI@S do ATENEO FERROLÁN e acadar así os descontos, é necesario que pasedes polas nosas oficinas e retiredes unha CERTIFICACIÓN que acredite a vosa alta nesta entidade.

Grazas, se tedes dudas comunicádevos con nós!

Un saúdo da Xunta Directiva!



O Concello establece descontos do 20% nas entradas do Teatro Jofre para favorecer a asistencia.

Xa está na rúa a nosa revista trimestral "ATENEA 33"

Portada

Contraportada

SUMARIO ATENEA 33

EDITORIAL

SERVIZOS
  • BIBLIOTECA – HEMEROTECA
  • BREVES HISTORIAS DA NOSA BIBLIOTECA-HEMEROTECA (6)
  • PROXECTO FUNDACIÓN BARRIÉ DE LA MAZA
  • DÍA DA BIBLIOTECA
XENTES
  • JULIA UCEDA: FILLA ADOPTIVA DE FERROL
  • FALECEU O POETA RAMIRO FONTE
OUTRAS ENTIDADES
  • ATENEO SANTIAGO DE CUBA
FALAMOS DE ...
  • 60 ANOS DA DECLARACIÓN DEREITOS HUMANOS
  • CARTA ABERTA DO PRESIDENTE DO ATENEO
  • CAMPAÑA CAPTACIÓN SOCIOS / SOCIAS
  • INFORME CARTA EUROPEA DAS LINGUAS
BREVES
  • FSG: ALIANZA E MOBILIZACIÓNS PARA O 2009
  • PROGRAMA RADIO FILISPIM “ATENEA”
  • ESPECTÁCULO POÉTICO-MUSICAL “A CASA DO POETA”
ARTIGOS
  • “EM DEFENSA PRÓPIA” por SECHU SENDE
  • “O CONCELLO DE FERROL NO REINADO DE ISABEL II. 150 ANOS” por PILAR BLANCO VIDAL
  • “A MORTE DOCE DA LÍNGUA” por Carlos Callón
  • “REFLEXIÓNS” por Eliseo Zaera Ríos
PROGRAMACIÓN
  • PROGRAMACION XANEIRO – FEBREIRO – MARZO 09
  • MEMORIA ACTIVIDADES do ATENEO ANO 2008
  • CONVOCATORIA XIX CERTAME FOTOGRÁFICO MEDIO AMBIENTE 2009
TEATRO
  • CONVOCATORIA VII CERTAME INFANTIL E XUVENIL ATENEA 2009
MULLER
  • DÍA DA NON VIOLENCIA MACHISTA
O PARNASO
  • JULIA UCEDA VALIENTE
  • RAMIRO FONTE
  • MAHMUD DARWIX

22 xaneiro 2009

A casa do poeta, espectáculo poético-musical

Seguindo a liña da "Volta ás Rías Galegas en verso" e de "Elaborando o meu delirio", presento a nova xira que levará A casa do poeta polos pobos da nosa terra, recuperando as vellas tradicións trobadorescas e levando a cultura ás rúas, as prazas, sempre que o tempo acompañe, senón refuxiarémonos en teatros, librarías, bares... Convertendo este proxecto nun espectáculo en movemento, que eleve a poesía e outras artes tamén con menos repercusión ao lugar que lle corresponde, amosando un anaco máis da diversidade cultural de Galicia.

Sábado 24 de xaneiro ás 20:00hs., no Ateneo Ferrolán

A casa do poeta son:
JUAN CARBALLO poemas
MONCHO NÚÑEZ cancións

www.juancarballo.insomnioweb.com

20 xaneiro 2009

Fito Mansilla en concerto no Ateneo Ferrolán


Sábado día 31 ás 20 horas.
Entrada:
  • Público 5 €
  • Socios e Socias 3 €
Destacan nel dúas vertentes: Por unha banda, unha firme aposta encamiñada cara ao pop e o rock, onde imperan as melodías rotundas e elegantes. E por outro, o intimismo máis espido, que flúe do sentir dun home que sempre quixo amar a corazón aberto –sen vacinas contra a dor –, respirar a realidade a bocanadas e vivir a pé de beirarrúa, para sentir o pulso da cidade, o belo caos que nos circunda.

www.myspace.com/fitomansilla
www.morganbritos.net

16 xaneiro 2009

Xornadas, exposición e proxección sobre o medio mariño

Venres 30 de xaneiro
  • 12h. – Apertura da exposición “Azul e Branco” – “A Natureza Galega”
    Presentación da exposición fotográfica sobre a Antártida de Carlos Caraglia que poderá visitarse ata o día 28 de Febreiro. O “Museo da Natureza” compartirá o espazo expositivo cunha representación dos últimos traballos de conservación e montaxes de esqueletos realizados nos últimos tempos.
  • 18:30h. – Presentación do vídeo “Proxecto polar”
    Conferencia e proxección do vídeo, impartido polo autor e director do proxecto, Carlos Caraglia. A través de imaxes de vídeo e fotografías de gran formato contemplamos distintas paisaxes do continente xeado así como dos animais que poboan estas terras. Con esta exposición preténdese sensibilizar á xente da fraxilidade duns ecosistemas únicos que alberga tesouros aínda por descubrir.
Xoves 5 de febreiro
  • 18:30h. - Conferencia “Fósiles de cetáceos modernos”
    Dende hai uns anos vimos comprobando a existencia de xacementos fósiles de cetáceos modernos nos fondos mariños da plataforma continental. Pescadores locais obteñen en redes de arrastre espécimes destes fósiles que datan do Mioceno e Plioceno, na súa maioría en excelente estado de conservación, de estratos fangosos, fosfatados e cunha escasa concentración de carbonato cálcico. Conferencia impartida por Ismael Mijan Vilasanchez Integrante da XDL da SGHN Ferrol.
Venres 6 de Febreiro
  • 18:30h. – Conferencia “Anatomía e fisioloxía dos cetáceos”
    Os cetáceos, uns animais complexos adaptados a un medio tan alleo e hostil como é o mar, posúen uns mecanismos fisiolóxicos de adaptacións froito da evolución dende os primeiros antepasados, hai uns 50 millóns de anos, termorregulación, locomoción ou algo tan fundamental como o aleitado das crías baixo a auga. Conferencia impartida pola Doutora Nuria Alemañ do Departamento de Anatomía e Produción Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo (USC).
Venres 13 de febreiro
  • 18:30h. – Conferencia “Proxecto de recuperación da tartaruga de coiro en Costa Rica”
    As tartarugas mariñas teñen unha antigüidade de máis de 100 millóns de anos e ao longo da súa historia foron capaces de sobrevivir a cambios no medio, incluso a aqueles que orixinaron a desaparición dos dinosauros. Nembargante, poucas décadas de actividades humanas (saqueo de ovos, captura de exemplares adultos, pesca accidental, contaminación, destrución de hábitats,...) as puxeron en serio perigo de extinción. Conferencia impartida por Sonia Aguiar Berea integrante da XDL da SGHN Ferrol.
Mércores 25 de febreiro
  • 18:30h. – Conferencia “Unha ría a recuperar”
    Impartida polo Biólogo da Cofradía de Barallobre e membro da SGHN Ferrol, Joan Ferreiro Caramés.
Venres 27 de Febreiro
  • 18:30h. – Conferencia “Recuperación de lobos Mariños e tartarugas na UCI da SGHN Ferrol”
    As tarefas de asistencia á fauna mariña ameazada inclúense no marco dun convenio de colaboración da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. A Unidade de Coidados Intensivos (UCI) creouse para atender a focas e tartarugas en primeira fase de recuperación, na que polas súas doenzas precisan tratamento veterinario e coidados especiais, xa que polo xeral os animais chegan moi débiles e non saben ou non poden alimentarse por eles mesmos. Conferencia impartida por Juan Ignacio Díaz da Silva Coordinador de Mamíferos Mariños da SGHN.
Todas as actividades serán no Salón de actos do Ateneo Ferrolán


Organiza a Sociedade Galega de Historia Natural (Delegación Ferrol), sección “Mamíferos Mariños” e “Museo da Natureza”.
Patrocina o Concello de Ferrol [Concellería de Medio Ambiente].
Participa o Ateneo Ferrolán.

15 xaneiro 2009

Exposición dos Irmáns Suárez Picallo

O ano 2008 foi declarado institucionalmente por parte do Concello de Sada como o ano dos Irmáns Suárez Picallo.
Coa finalidade de dar a coñecer as traxectorias destes dous sadenses ilustres, Ramón e Xohán Antón, creouse unha comisión encargada de organizar unha serie de actos.

A exposición Irmáns Suárez está composta por 10 paneis biográficos, seis dedicados ás 3 grandes etapas vitais de Ramón Suárez Picallo (a infancia e a emigración a Arxentina, a II República e a Guerra Civil e o exilio), dous nos que se reflicte a súa relación emocional coa súa Sada natal e outros dous nos que se recolle a biografía do seu irmán Xohán Antón, galeguista e agrarista asasinado no 1936.

Esta EXPOSICIÓN estará no ATENEO FERROLÁN (2ª planta) dende o 16 ao 30 de xaneiro.

13 xaneiro 2009

Bases para o XIX certame fotográfico do Medio Ambiente 2009

O Ateneo Ferrolán, con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, organiza, como cada ano desde 1991, un concurso fotográfico para afeccionados e profesionais.