Buscar neste blog

Síguenos en...

30 outubro 2009

"Latinoamérica portas abertas I" do fotógrafo Federico Fernández Ackerman

A exposición fotográfica Latinoamérica portas abertas I do fotógrafo venezuelano Federico Fernández Ackerman no Ateneo de Ferrol do 2 ao 15 de novembro.

Organizado pola Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados co apoio de Confederación Intersindical Galega-Migración apreséntase no Ateneo Ferrolán a escolma fotográfica Latinoamérica portas abertas I do Premio Nacional de Fotografía en Venezuela en 1995 e un dos máis importantes fotógrafos de Latinoamérica, está exposición é un avanzo do próximo catálogo recopilatorio da obra do fotógrafo que coa axuda da Deputación da Coruña e o Departamento de Migración da CIG a Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados quere editar o vindeiro ano 2010 para acompañar a exposición itinerante por toda Galiza.

29 outubro 2009

Final da 19º Edición do Constantino Bellón

Os días 8 e 9 de novembro de 2009 no Teatro Jofre de Ferrol realizarase finalmente o XIX CONCURSO INTERNACIONAL DE GAITA GALEGA "CONSTANTINO BELLÓN", o certame que foi suspendido en agosto ante a retirada dalgúns dos apoios económicos que viña recibindo, finalmente celebrarase en novembro ao obter o apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Ferrol.

O día 8 poñeranse en escena as obras gañadoras de COMPOSICIÓN
O día 9 acollerase a FINAL dos GAITEIROS SOLISTAS.

Axuntamos ACTAS coa relación dos gañadores e finalistas para esta 19ª edición.

Acta de Composición.
Acta de Gaiteiros Solistas.

26 outubro 2009

VII Sesión Vermú no Ateneo Ferrolán

Estás convidad@ á VII Sesion Vermú no Ateneo Ferrolán, que organizan o Colectivo OPAII-RFM e o Ateneo Ferrolán para presentar a nova grella da tempada 2009-2010 de Rádio FilispiM.

Con a retransmision dun Programa Especial ao vivo e a colaboración-actuación do grupo da Terra de Trasancos BOJ.

Haberá pinchos e música de balde!!

O Sábado 31 de Outubro a partir das 12:00hs. no Ateno Ferrolán

Descargar o arquivo

20 outubro 2009

Xornadas GNU/Linux no Ateneo Ferrolán

28 e 30 e 31 de Outubro
PROGRAMA

Mércores 28 de 17hs. a 21hs.: "Sen medos que é libre"
  • O proxecto GNU e o kernel Linux: GNU/Linux.
  • Software libre: filosofía e licenzas libres.
  • A comunidade: grupos de usuarios e participación.
  • Ventaxes e compatibilidade: en ocasións non todo funciona.
  • Distribucións: a variedade está chea de posiblidades.
  • Entendendo GNU/Linux: usuarios, grupos, permisos, sistema de ficheiros, carpetas...
  • Escritorios: Gnome, Kde e moitos outros...
  • Recursos en rede: Descarga, instalación e actualización.
Venres 30 de 17hs. a 21hs.: "Festa de instalación"
  • Trae o teu ordenador e un cable de rede e instala GNU/Linux compartindo espazo con windows ou mellor aínda, soamente GNU/Linux.
  • Se non podes traelo, podes ver e aprender a instalalo.
Sábado 31 10hs. a 14hs.: "Máis a fondo"
  • Instalación de aplicacións e repositorios.
  • Libre ou non libre: codecs, drivers e engadidos.
  • Aplicacións e equivalencias libres: ofimática, redes, gráficos, multimedia, xogos... e todo o que precises.
  • Configuración de redes con e sen fios.
  • Emuladores e máquinas virtuais.

19 outubro 2009

"Latitudes" na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán

Hugo Ariaslobo (Colombia), Óscar Cabana (A Coruña), Pacho Díaz- Selectos (Colombia), Lola España (A Coruña), Ramón Lugo (Colombia), María Pensos (A Coruña), Mely Secas (Ourense) son sete artistas que exhiben as súas obras na Sala de Exposicións do Ateneo Ferrolán.

Inaugurada o pasado día 17 no Ateneo, recibiu o respaldo do numeroso público que asistiu á presentación destes artistas, pintores e escultores, na cidade.

Permanecerá na Sala do Ateneo até o 28 de outubro.

01 outubro 2009

Martes de Cine: Imaxes contra o esquecimento

Todas as proxeccións serán os martes às 19hs.

6 OUTUBRO
• ESPAÑA ÚLTIMA ESPERANZA
  • Director : Karin Helml, Hermann Pesecks
  • Duración : 83 minutos

13 OUTUBRO
• MUERTE EN EL VALLE
  • Director : Christina Hardt.
  • Duración : 50 minutos
• LOS ALZADOS DE LA PALMA
  • Director : David Baute y Cirilo Leal
  • Duración : 40 minutos

20 OUTUBRO
• LA MALA MUERTE
  • Director : José Manuel Martín y Fidel Cordero
  • Duración : 100 minutos

27 OUTUBRO
• LA COLUMNA DE LOS OCHO
  • Director : Ángel Hernández García, Fernando Ramos, Francisco Freire
  • Duración : 66 minutos
• LA MEMORIA ES VAGA
  • Director : Katie Halper
  • Duración : 58 minutos

3 NOVEMBRO
• PRESOS DEL SILENCIO
  • Director : Mariano Agudo y Eduardo Montero
  • Duración : 58 minutos
• UNA INMENSA PRISIÓN
  • España. 2005. 47 min. Color.
  • Director : Carlos Ceacero y Guillermo Carnero Rosell
  • Duración : 47 minutos

10 NOVEMBRO
• SANTA CRUZ ... POR EJEMPLO
  • Director : Günter Schwaiger y Hermann Peseckas
  • Duración : 65 minutos

17 NOVEMBRO
• LOS HEROES NUNCA MUEREN
  • Director : Jan Arnold
  • Duración : 87 minutos

19 NOVEMBRO [Xoves]
• AS MISIÓNS PEDAGÓXICAS (1931 – 1936)

09 setembro 2009

IX Xornadas "Mostra de Curtametraxes"

A celebrar os días 21, 22 e 23 de decembro no Ateneo Ferrolán.

Os días 21, 22 e 23 de decembro de 2009, levaranse a cabo no Ateneo Ferrolán ás IX XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos en formato DVD ou se poñan en contacto con nos antes do día 15 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Admítense curtametraxes de ficción, de animación, ...

GRAZAS POR PARTICIPAR!

04 setembro 2009

Novas do 19º Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón"

FERROL a 1 de setembro de 2009

Rematada a festividade de San Ramón e ante as non respostas e confirmacións oportunas por parte dos organismos oficiais dos apoios económicos que aportarían para esta 19ª edición e poder así celebrala en outubro, a Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán, logo de 18 anos ininterrompidos, lamenta COMUNICAR que, a pesar das inmensas xestións realizadas para subsanar esta anomalía, o 19º Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" non se celebrará no ano 2009.

Así mesmo e, polo respecto absoluto que se merecen os participantes, resolvemos DEVOLVER os traballos presentados polos concursantes para esta 19ª edición, xa que entendemos que logo dos esforzos e tempo que supón prepararse para poder participar neste Concurso Internacional, manter bloqueadas os meses que sexa as partituras presentadas non seria de xustiza.

Por outra banda, alertar a todos os membros do colectivo cultural galego de que a perda, aínda que só temporal, de plataformas de expresión cultural como o "Concurso Internacional de Gaita Galega Constantino Bellón" son totalmente inxustificables; e que os apoios institucionais son imprescindibles máis que nunca nestes tempos de dificultades económicas.

A Xunta Directiva do ATENEO FERROLÁN

Antón Alonso Ríos, O siñor Afranio

A exposición itinerante "Antón Alonso Ríos, O siñor Afranio" chega a Ferrole permanecerá na Sala de Exposicións do Ateneo Ferrolán [2ª Planta] ate o 15 de setembro.

Informacións xerais:
A exposición biográfica sobre o mestre galeguista, escritor e político silledense está comisariada polo historiador e biógrafo, Bieito Alonso.

Colaboraron no proceso de documentación e apoio moitas persoas relacionadas dalgún xeito coa figura de Alonso Ríos e 15 colectivos culturais, entre eles e da nosa zona: A Comisión pola Memoria "Siñor Afranio" e Adellís Asociación Socio-Cultural de Silleda.

Esta exposición enmárcase dentro dun proxecto moito máis ambicioso denominado "Roteiro do Afranio" para difundir a personalidade do primeiro Deputado agrarista da historia de Galiza. que recollerá unha web biobibliográfica sobre o autor; un roteiro desde Tui até a Serra da Peneda en Portugal, percorrido de Alonso Ríos desde o verán de 1936 e até 1939, escapando das "gadoupas da morte" do Alzamento fascista e unha guía de turismo cultural e mesmo un filme documental titulado "Afranio", que recentemente foi premiado como mellor documental nos Mestre Mateo.

Características:
A exposición consta de 37 paneis divididos en 3 fases vitais de Alonso Ríos:

  1. 1887-1936: O nacemento en Camporrapado-Cortegada-Silleda, a mocidade, a emigración á Arxentina e o regreso coa instauración da IIª República.
    Actividade como activista agrario e político galeguista.
  2. 1936-1939. O siñor Afranio. As peripecias que tivo que pasar fuxindo polos Montes das provincias de Pontevedra e Outense até pasar a Portugal e exiliarse en Arxentina, como esmoleiro chamado o Siñor Afranio de Amaral
  3. 1939-1980. Exilio definitivo en Bos Aires, onde chegará a ser o secretario xeral do Consello de Galiza, auténtico goberno galego no exilio, e o último dos patriarcas do nacionalismo histórico en desaparecer.


Máis info en Sinhorafranio.com

22 agosto 2009

Comunicado da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán

Por incumprimento das BASES con relación ao punto 5 "Gaiteiro de Soutelo" do Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" que textualmente di:

"Gaiteiro de Soutelo" (Punto nº 5 do "Constantino Bellón)
a.- Co gallo de promociona-la participación da Galicia do exterior no Concurso "Constantino Bellón", a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia convoca o Premio "Gaiteiro de Soutelo".

b.- Poderán participar tódolos gaiteiros dos centros galegos ou institucións da Galicia do Exterior.

c.- Os concursantes deberán enviar á Secretaría Xeral de Emigración:
  1. 1. Un CD gravado coa peza "Patapau, Xota do Pirata", de Pedro David Lamas Varela, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.

  2. 2. Partitura orixinal dunha peza de composición inédita, creada expresamente para este Premio, así como copia doutra tradicional ou de autor.
d.- PLICAS. Os concursantes enviarán o CD nun sobre pechado cun pseudónimo identificador. Conxuntamente, noutro sobre escrito por fora co mesmo pseudónimo, deberán facer consta-los datos persoais do participante: nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico, país de residencia e nome do centro ou institución galega pola cal se presenta. No mesmo deberán incluílo orixinal da partitura inédita presentada ó Premio "Gaiteiro de Soutelo", e máis a copia da tradicional ou de autor.

e.- PRAZO. O prazo de presentación remata o 5 de maio do 2009.

f.- PREMIOS. Os premios "Gaiteiro de Soutelo" consistirán na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso "Constantino Bellón", que organiza o Ateneo Ferrolán o 31 de agosto do 2009, na cidade de Ferrol (Galicia).

* Haberá catro premios .

Ante a resposta obtida por parte da Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia con data 24.07.09 que nos transmite que:

..... debido á necesidade de atender outras prioridades específicas propias deste departamento, non será posible, nesta ocasión, colaborar coa devandita iniciativa cultural.

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán lamenta COMUNICAR que, a pesar das diferentes xestións realizadas para subsanar esta anomalía, ao non poder cumprir as BASES do devandito Concurso, a edición do 19º Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" se celebrará en AGOSTO de 2010, quedando á espera do comunicado que emitirá o XURADO do "Constantino Bellón".

Ferrol a 20 de agosto de 2009.

05 xuño 2009

Inauguración da Exposicion e fallo do xurado do XIX certame fotográfico de medio-ambiente

O Ateneo Ferrolán, con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, organiza, como cada ano desde 1991, un concurso fotográfico para afeccionados e profesionais.

A inauguracion da exposicion con as obras recibidas e o fallo do xurado, foron este Sábado 5 de Xuño ás 20:00hs. no Ateneo Ferrolán.

O Xurado cualificador do 19º CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2009, organizado polo Ateneo Ferrolán, integrado por RODRIGO RAMOS ARDA (Fotógrafo), JOSE PARDO VÁZQUEZ (Fotógrafo) e JUAN IGNACIO DIAZ DA SILVA (Delegado da SGHN e responsable do Museo Natureza) e actuando como secretaria sen voto, CRISTINA MEIZOSO ALONSO, reunido o día 2 de xuño de 2009, toma os seguintes acordos:

Unha vez examinadas a totalidade de fotografías presentadas a concurso, de acordo coas Bases e por unanimidade DECIDE:
  • 1) Descualificar un total de 0 dos traballos presentados, por non axustarse ás Bases
  • 2) Seleccionar 48 das fotografías presentadas a Concurso, para incluír na exposición itinerante, tal e como se indica nas Bases, e publicalas nun Catálogo editado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol.
  • 3) OUTORGALOS seguintes Premios :
  • 3º PREMIO: "MAR EN CALMA" de PERE FONT RUIZ (Olot - Girona)
  • 2º PREMIO: "NATURALEZA HOLLADA" de JOSE MEIS MEAÑO (Abegondo - A Coruña)
  • 1º PREMIO: "TRATADO DE KIOTO I" de JAVIER ARCENILLAS (Madrid)
Así mesmo o Xurado decide conceder:
  • 1ª Mención Especial: "PERRO PASTOR" de JAVIER ARCENILLAS (Madrid)
  • 2ª Mención Especial: "AZUL Y GRIS" de ANTONIO J. FERNANDEZ MARIN de Valdoviño (A Coruña)
  • 3ª Mención Especial: "ZORRO" de VICTOR RIVERA JOVE (Ferrol)

Para que así conste a tódolos efectos oportunos, os abaixo asinantes

Asdo. RODRIGO RAMOS ARDÁ
Asdo. JOSÉ PARDO VÁZQUEZ
Asdo. JUAN IGNACIO DIAZ DA SILVA
Asdo. Cristina Meizoso Alonso (secretaria sen voto)

04 xuño 2009

"AsSIRCOPATAS" coa súa montagem no Ateneo Ferrolán

"A Montagem" é unha traxicomedia laboral atemporal. Dous individuos condenados a non entenderse, unha morea de equívocos e unha soa ferramenta para resolver o quebracabezas, a imaxinación... ou o viño.

AsSircópatas son sirco na rúa, para a rúa e pola rúa.
Facendo sirco, zirko, circo, zirkus, cirque, circus, السيرك, цирк, cirkus, 馬戲團, 서커스, sirkus, τσίρκο, सर्कस, サーカス, cyrk, circ... ou algo parecido. Se nonchamémoslle rúa, chamémoslle expresión, chamémoslle diversión, chamémoslle experimento, chamémoslle outra cousa, ou non lle chamemos nada. A xuntanza de todo isto é o que asSircópatas entende por SIRCO.

Sirco, rúa, expresión, diversión, diversidade, absurdo, liberdade... AsSircópatas pretendemos facer un circo dende o noso, dende as ideas, dende a rúa, dende cero. Un sirco con seseo para unha rúa sen fronteiras, sen complexos, sen límites, sen lei.
Buscamos atoparnos libres nun espazo onde cada vez é máis difícil sentirse así. Por iso...
...pretendemos un sirco e unha rúa libres e libertarios.

SABADO día 6 de XUÑO ás 20,30 horas.
(Entrada/Colaboración: 2 €)

Charla e exposicion sobre xénero e desenvolvemento

Dentro das distintas actividades de difusión do seu traballo para levar a un obxectivo común que é concienciar a sociedade da situación de pobreza grave e evitable na que viven cerca de mil millón de persoas no mundo e como erradicar a pobreza no mundo, a Rede Social Ferrolterra, presenta en colaboración co Ateneo Ferrolán, unha actividade de Xénero e Desenvolvemento, dentro da cal enmárcanse distintos actos, unha exposición que leva por título, "Mulleres que cambian o mundo. A muller como motor do desenvolvemento", que poderá ser visitada no Ateneo Ferrolán do día 2 ó 15 de Xuño, así mesmo o día 9 de Xuño ás 20:00hs haberá unha charla-coloquio, sobre os vínculos solidarios entre organizacións de mulleres, na cal nos falará, Ana Mª García Fernández e a proxección dunha curta documental, titulada: "Mulleres en camino (Perú-Bolivia)", producido no marco do Convenio para o Empoderamento da Muller.

A Rede Social Ferrolterra está integrada por un total de seis organizacións non gobernamentais e asociacións que traballan na comarca: Solidariedade Internacional, Mundo Cooperante, Lena, Enxeñería sen Fronteiras, Axuda en Acción e Fuco Buxán.