Buscar neste blog

Síguenos en...

18 abril 2012

XXII Certame Fotográfico sobre medio-ambiente do Ateneo Ferrolán.


O ATENEO FERROLÁN, con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DE MEDIO AMBIENTE, organiza coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Ferrol un concurso fotográfico para afeccionados e profesionais.

19 marzo 2012



II MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO 2012
Ferrol 21 de marzo de 2012 ás 19,30h.
Capela do Centro Torrente Ballester. Entrada de balde.

* “Memorias Rotas. A balada do comandante Moreno”
de MANANE RODRÍGUEZ
66’ Galego

Sinopse: Doloroso destino que, no pobo de Acevo na Fonsagrada, sufriron o comandante Moreno e os seus compañeiros.

* “MINAR v.t. fig. Levar á ruina pouco a pouco”
de VV.AA.
10’ Galego

Documental realizado como parte dun curso de vídeo participativo, realizado por ACSUR en Ferrol.
Sinopse: Reflicte as consecuencias no caso de que a administración dese luz verde ó proxecto de Andalucita S.L. en Goente no Pico Vello.

* “FERROL 1936”
de JORGE GIL
55’ Galego

Sinopse: Ferrol un pequeno punto dentro do territorio español, aínda que estratéxico naqueles momentos. Ano 1936.

13 marzo 2012

A Constitución de 1812. Ferrol e Alonso López

 
O Ateneo Ferrolán comprácese en convidarlle á Conferencia:

“A Constitución de 1812. Ferrol e Alonso López”

a cargo de: Teodosio Ramírez Criado.
Avogado, especialista en Dereito Constitucional. Colaborador habitual en diferentes medios de comunicación.

DATA: xoves día 15 de marzo de 2012
HORA: 8 tarde.
LUGAR:  Galería Sargadelos.

01 marzo 2012

Participa no especial: "A cultura como alimento contra a crise"


O Ateneo Ferrolán, volve a poñer á vosa disposición a Revista "ATENEA" para que enviedes un traballo en idioma galego baixo a temática:

"A cultura como alimento contra a crise"

Proxectos para accións, unha canle de expresión para todas as artes: poesía, narrativa, pintura, fotografía, debuxos, poesía visual, gravados...... e, de quedar seleccionado, publicarémolo na Atenea nº44 de abril-maio-xuño 2012.

De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico o teu traballo facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 23 de marzo de 2012.

15 febreiro 2012

Participa na II MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO


O próximo día 21 de marzo de 2012 ás 19,30 horas, levarase a cabo a II MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO organizadas polo Ateneo Ferrolán e que nacen no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentais en galego. 

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nesta MOSTRA, nos acheguen os seus traballos en formato DVD, acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos do documental.
Farase unha selección cos documentais presentados.

GRAZAS POR PARTICIPAR!

21 decembro 2011

Programa das XI Xornadas de Curtametraxes


En primeiro lugar, desde o ATENEO FERROLÁN organizadores das XI Xornadas “Mostra de Curtametraxes” (dende o ano 2001) agradecer a vosa participación, fundamental para consolidar o éxito destas Xornadas.

A tod@s os que enviáchedes as vosas obras e confiades no proxecto cultural que dende o Ateneo Ferrolán levamos a cabo, GRAZAS!.

01 decembro 2011

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Benquerido socio e socia:

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará na Capela do Centro Torrente Ballester, o mércores día 25 de xaneiro de 2012 ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda, coa seguinte

ORDE DO DÍA
  1. Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
  2. Informe de xestión da Xunta Directiva saínte.
  3. Informe económico da Xunta Directiva saínte.
  4. Rogos e preguntas.
  5. Elección da nova Xunta Directiva.
O proceso electoral rexerase polo establecido no Capítulo XI dos Estatutos segundo o seguinte calendario:
  • 30 de novembro
    Convocatoria de Eleccións.
  • 7 de decembro
    Último día para posible impugnación da Convocatoria de Eleccións.
  • 12 de decembro
    Último día para Constitución da Mesa Electoral.
  • 26 de decembro
    Último día para presentación de Candidaturas.
  • 3 de xaneiro
    Último día para proclamación de Candidaturas.
  • 9 de xaneiro
    Inicio da Campaña Electoral.
  • 25 de xaneiro
    Celebración da Asemblea Xeral Ordinaria.
    Elección da nova Xunta Directiva.

No período da Campaña Electoral (entre os días 9 e o 24 de xaneiro) tódalas Candidaturas poderán utiliza-lo Censo de Socios/as, así como dispoñer das dependencias do Ateneo Ferrolán para desenvolve-la súa campaña.

Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,


ELISEO ZAERA RÍOS
Presidente
 

23 novembro 2011

Actuación da Coral Polifónica de San Valentín


O próximo mércores día 30 teremos a actuación da CORAL POLIFÓNICA SAN VALENTÍN na Capela do Centro Torrente Ballester ás 20 horas.

(Entrada de balde)

PROGRAMA
  • CON SABOR TROPICAL
  • AIRIÑOS AIRES
  • A TI
  • LA ESCLAVA
  • LA BAMBA
  • OJOS DE ESPAÑA
  • CUANDO VUELVA A TU LADO
  • NEGRITA
  • PINGA CON LIMAO
  • O QUE QUÉ LLE QUER
DIRECTOR : SERGIO BERNAL FUSTER

21 novembro 2011

CATÁLOGO do XXI Certame Fotográfico Medio Ambiente 2011

Xa temos a vosa disposición o CATÁLOGO do XXI Certame Fotográfico Medio Ambiente 2011, podedes pasar a recollelo pola secretaria do Ateneo Ferrolán.


Listado cos AUTORES e as  Fotografías seleccionadas:

ALEXANDRE FERNANDEZ SOBRADO - O CARBALLIÑO - OURENSE
  • SOMBRA
ANTIA RODRIGUEZ CALDEIRO - NARÓN A CORUÑA
  • MIMETISMO
ANTONIO J. FERNANDEZ MARIN - VALDOVIÑO - A CORUÑA
  • CORRELIMOS
  • AGUA 
ANTONIO LOPEZ FERNANDEZ  - AS PONTES - A CORUÑA
  • ANURO TROVADOR
  • EN ESTADO PURO 
ELOY TABOADA RIVAS - FERROL
  • NATURALEZA III
  •  NATURALEZA I
 FERNANDO ROMAN AREAN - AMES - A CORUÑA
  •  DISPARATE0
 FRANCISCO MACEIRA RODRIGUEZ - FERROL
  •  BUQUE DA ARMADA ESPAÑOLA BALEIRANDO OS TANQUES DE COMBUSTIBLE O MAR
 INES LÓPEZ -BERINI FERNANDEZ - FERROL
  •  PIEZAS DE UN GRAN TETRIS
 JAVIER ARCENILLAS - ALCOBENDAS - MADRID
  •  SEN TITULO 3
  •  SEN TITULO 2
  •  SEN TITULO 1
 JORDI REIG PURGIMON - SOLSONA - LLEIDA
  •  MARIPOSA
 JOSE MANUEL MAIQUEZ MIJARES - LA LINEA - CÁDIZ
  •  PITAS EN LA LLUVIA
  •  ESTERIL
 JOSE MEIS MEAÑO - MABEGONDO - A CORUÑA
  •  MONTES E MOREAS
  •  EN VIA DE EXTINCIÓN
  •  O BOSQUE ALTERADO
 JOSE CADAVEIRA - A CORUÑA
  •  HACIA EL CIELO
 Mª CARMEN VILLAR ALONSO - SANTIAGO DE COMPOSTELA
  •  ERA UNHA VEZ ….O ANCESTRO
 MARGARITA CUMBRAO CANABAL - FERROL
  •  CORRELIMOS
 MARTIN DEBEN SÁNCHEZ - CULLEREDO - A CORUÑA
  •  VOLVERÁS A LA TIERRA
 OSCAR GONZALEZ RODRIGUEZ - FERROL
  •  LA TIERRA ... Y EL HOMBRE
 PEDRO LUIS RODRIGUEZ PORCA - A CORUÑA
  •  A VIDA SO QUERE SER. RIO TINTO
  •  VAISE UN VELLO MODELO ENERXETIO
 RAMON SEQUEIRO FERREÑO - FERROL
  •  RENACER
 RAMÓN VAAMONDE VILAS - SANTIAGO DE COMPOSTELA
  •  A MÁIS GRANDE
 RUBEN PEREZ NOVO - NARÓN - A CORUÑA
  •  POLUCION
  •  BROTE DE VIDA
  •  MENOS CONSUMO ... MEJOR FUTURO
 SABELA IGLESIAS REVIEJO - XANCEDA - A CORUÑA
  •  DESTERRO #3
 SANDRA GARCIA REY - A CORUÑA
  •  ALEN DA PORTA DE PEDRA
 SILVIA PATO RICO - FERROL
  •  SOBREVIVIENTE
  •  RELICTO
 SUSANA PEDREIRA GARCIA - ARES - A CORUÑA
  •  FIN DUNHA VIDA
 XAN XE CORRAL PAZ - FENE - A CORUÑA
  •  UNHA MAÑÁ DE PRIMAVERA NA FERVENZA

09 novembro 2011

Especial Microrelatos: "Un conto de nadal para unha nenez atea"


Ateneo Ferrolán, volve a poñer á vosa disposición a Revista "ATENEA" para que enviedes un traballo de máximo 15 liñas e en idioma galego baixo a temática: 


Especial Microrelatos: "Un conto de nadal para unha nenez atea" e, de quedar seleccionado, publicarémolo na Atenea nº 43 de xaneiro-febreiro-marzo- 2012


De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico o teu traballo máximo 15 liñas, facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 15 de decembro de 2011. 


A publicación da revista é trimestral dende 1999 e ten unha tirada de 1.000 exemplares distribuíndose de forma gratuíta : soci@s desta entidade, a Centros de Ensino, Culturais, Bibliotecas e Centros de especial interese de Galiza e resto da península. 

25 outubro 2011

XI Xornadas “Mostra de Curtametraxes”



Os días 21, 22 e 23 de decembro de 2011, levaranse a cabo ás  XI Xornadas “Mostra de Curtametraxes”, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

Por mor da execución das obras de rehabilitación do edificio do Ateneo Ferrolán, o Concello de Ferrol por medio da Concellería de Cultura déixanos ubicarnos neste espazo do Centro Cultural “Torrente Ballester” para poder levar adiante as nosas, xa consolidadas, Xornadas de Curtametraxes, polo que dende aquí reiterámoslle as grazas.

Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes once anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O obxectivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 30’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado da ficha cumprimentada antes do día 11 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.

GRAZAS POR PARTICIPAR!

Descarga aquí a ficha para enviar as tuas curtas!!

21 outubro 2011

Revista Atenea nº42 [Especial Poesía Visual]


SUMARIO ATENEA nº42

Especial Poesía: Poesía Visual

EDITORIAL

XENTES
  • CELSO EMILIO FERREIRO.CEN ANOS DO SEU NACEMENTO o 6 xaneiro de 2012.
Especial Poesía: Poesía Visual
  • Agustín Calvo Galán - Barcelona
  • Alfonso Rodríguez – Ourense
  • Ana González Moro – A Coruña
  • Ángels Jornet Sagués – Tarragona
  • Artemio Lándoas -
  • Baldo Ramos – A Coruña
  • Bartolomé Ferrando – Valencia
  • Corporación Semiótica – A Coruña
  • Cristina Ferreiro – Lugo
  • Jesús García Eiroá – Ferrol
  • Jorge Chamorro – Madrid
  • José Francisco Varela Rial – A Coruña
  • Eliso – Vigo
  • Marisol Gándara – Ordes – A Coruña
  • Miguel Angel Alonso Diz – Vigo
  • Paulo Pardo Carrera – Vigo
  • Rosanegra – Vigo
  • Sergi Quiñonero - Tarragona