Buscar neste blog
Síguenos en...
22 xullo 2013
06 xuño 2013
Fallo do XXIII CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2013
O
Xurado cualificador do XXIII CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2013, organizado polo Ateneo Ferrolán, integrado polos fotógrafos RODRIGO RAMOS
ARDA, OVIDIO
ALDEGUNDE ÁLVAREZ, AROA
FERNANDEZ CARBALLO e actuando como secretaria sen voto, CRISTINA MEIZOSO
ALONSO, reunido o día 24 de maio de 2013, toma os seguintes acordos:
Unha vez examinadas a totalidade de fotografías presentadas a concurso,
de acordo coas Bases e por unanimidade DECIDE:
1)
Descualificar
un total de ___0__ dos traballos presentados, por non axustarse ás Bases
2)
Seleccionar
_50_ das fotografías presentadas a Concurso, para incluír na exposición
itinerante, tal e como se indica nas Bases, e que participa no Outono
Fotográfico de Ourense.
3)
OUTORGALOS seguintes Premios, sendo
3º PREMIO: JAVIER FERNANDEZ
FERRERAS – “MAR DE CAUCHO” – BIZCAIA
2º PREMIO: JOSE A. GARCÍA
VARELA – “SACIANDO LA SED” – CURTIS (A CORUÑA)
1º PREMIO: JUAN ANTONIO PALACIOS – “LA ROCA” –
EIBAR-GUIPUZCOA
Así mesmo o Xurado decide conceder _3_
MENCIÓNS ESPECIAIS querendo destacar o alto nivel acadado nesta edición:
- JOAN MASDEU VIÑAS – “CAMINO DE L’AURORA” –
RIPOLL – GIRONA
- VICTOR RIVERA JOVE – “MURCIÉLAGO” – FERROL
05 xuño 2013
Sesión Vermú Solidaria no Ateneo Ferrolán
O sábado día 8 de xuño ás 12 ate .... o que aguantemos haberá unha Sesión Vermú Solidaria no Ateneo con: pinchos, repichocas e música tradicional en directo, .. e por suposto vermú!
Pola Defensa do ATENEO FERROLÁN e da súa SEDE!
16 abril 2013
Exposición Colectiva No ATENEO
Exposición Colectiva no ATENEO de:
CAXIGÜEIRO
EDUARDO HERMIDA
JUAN LÓPEZ
LUIS RAPELA
MANUEL PATINHA
ŠPELA TROBEC
SUSO BASTERRECHEA
VARI CARAMES
Inauguración xoves día 18 de abril de 2013 ás 20 h.
Rúa Magdalena 202-204 - Ferrol
INAUGURACIÓN DA SEDE REHABILITADA DO ATENEO FERROLÁN
05 abril 2013
XXIII Certame Fotográfico sobre medio-ambiente do Ateneo Ferrolán
O ATENEO FERROLÁN, con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DE MEDIO AMBIENTE, organiza un Concurso Fotográfico para afeccionados e profesionais.
27 marzo 2013
Bases do "Constantino Bellón" 2013
Axuntamos as Bases da convocatoria para o XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2013.
21 marzo 2013
III MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO 2013
Programa, da III Mostra de Documentais en Galego 2013 que por primeira vez poderemos visualizar na nosa sede xa que por mor da rehabilitación utilizamos outros espazos nas anteriores edicións.
III MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO 2013
- Ferrol xoves 21 de marzo de 2013 ás 19 h.
- Salón de Actos do Ateneo Ferrolán. Entrada de balde.
- de ADRIANA PÉREZ VILLANUEVA
- Ano 2013. Duración 62’. Galego.
Sinopse: Este documental ofrece as voces espidas dun grupo de persoas relacionadas dalgunha manera coas enfermidades mentais. Xente cun diagnóstico, xente que diagnostica e familiares desvélannos esa outra realidade agochada naquelas persoas que están ao noso arredor. Unha hora na que nos achegamos ao difícil proceso vital dunhas persoas que comparten moito máis cunha etiqueta.“PROXECTO ZECA”
- de PABLO PORTERO
- Ano 2012. Duración 15’. Galego
Sinopse: Dedicado a recordar a figura do poeta e músico Zeca Afonso.“O RELOXEIRO”
- de RITA ROMERO
- Ano 2012. Duración 54’. Galego
Sinopse: Esta é a historia de Evanxelino Taboada, o último construtor de reloxos de Galicia. Esta é a historia dunha filla que quere recordar, dun escritor que investiga, dunha sociedade marcada polo estalido da guerra civil. A historia do pasado contada dende o presente. Esta é a historia dos artesáns do tempo.
27 febreiro 2013
Presentación escolma poética VERSUS
O xoves día 7 de marzo ás 19,30 h. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.
Presentación da escolma poética Versus no Ateneo Ferrolán unha publicación impulsada polos poetas galegos Antón Borrazas, Manuel Pombo, Hugo Álvarez, Oscar de Souto e Miguel Queipo, contan tamén con prologuistas moi coñecidos no eido literario como son Carlos Solla e Juan Carlos Garcia Hoyuelos.
Versus trata, segundo os seus autores, dunha "poesía combativa", un libro no que conflúen distintas temáticas "pero con igual estilo reivindicativo e de loita".
A presentación constaría dun primeiro achegamento o libro para despois recitar uns poemas e terminar cun concerto poético, e unha forma de achegar a poesía a xente que está tendo moi boa acollida.
Trátase dunha poesía que non é moi elitista, senón que a pode entender todo o mundo porque este xénero literario está moi vencellado ao pobo. Cinco poetas colaboran con esta escolma, xente que de verdade sinte a poesía e que autoeditaron o libro porque segundo din "non necesitamos que ningunha editorial nos diga se é boa ou non a nosa poesía".
"En Galicia a poesía está secuestrada", dixo outro dos seus autores, Óscar de Souto. "Os filólogos e as empresas que especulan coa poesía teñen secuestrada esta parte da cultura galega", explica para xustificar o nacemento da "unión de poetas verdadeiros", baixo a que nace esta escolma poética.
Versus conta ademais coa colaboración de Hugo Álvarez como ilustrador "que describe perfectamente as poesías: unha escaleira pousada na lúa" e que, como dixeron os seus impulsores, "fai que a súa lectura sexa moito máis agradable".
Estan a percorrer toda a xeografía galega, de feito xa estiveron en moitos concellos entre eles A coruña, Pontevedra , Santiago, Laxe , Ponteceso, Arteixo, ... agora en Ferrol no Ateneo Ferrolán.
21 febreiro 2013
Exposición Fotográfica "A diario"
Inauguración o día 21 de febreiro ás 20:30 no Ateneo Ferrolán
O mundo real ten tres dimensións espaciais e unha temporal.
Cando trasladase esta realidade ás novas dun periódico estas catro dimensións comprímense no alto e ancho dun papel coa axuda da inmediatez que necesitamos consumir cada día.
Para esta exposición recuperamos as tres dimensións espaciais da noticia, lles dimos o volume que no seu día tiveron, insuflando oxíxeno ao papel, sempre aplanado polo enorme peso da rotativa.
Cando o espectador vexa o resultado de cada fotografía retomarán tamén a súa dimensión temporal, coa esperanza de que cando vexa de novo un diario pense, detidamente, que tras cada sección escondese unha realidade repleta de sentimentos, sensacións, alegrías e as veces, por desgraza, auténticos dramas da vida real, da realidade nas súas catro dimensións.
Os autores:
- Fran Nieto é profesor de fotografía, especializado, sobre todo, en temas de iluminación, paisaxe, natureza e técnicas avanzadas de macrofotografía. A súa auténtica paixón é a divulgación do coñecemento fotográfico e imparte cursos a todos os niveis.
- Anabel Viñas é unha auténtica artesá que domina multitude de disciplinas e que deu vida a estas noticias cunhas simples tesoiras e, nalgún caso, algo de pegamento.
06 febreiro 2013
I OBRADOIRO DO ENTROIDO 2013
Dentro do programa de actos organizados polo Ateneo Ferrolán e con motivo do Entroido, o martes día 12 de febreiro de 11 a 14 horas vaise desenvolver o " I OBRADOIRO DO ENTROIDO 2013" para nenos e nenas.
Apuntádevos. Entrada libre e gratuíta.
Para máis información chamade á secretaría ao 981 357 970
31 xaneiro 2013
Asemblea Soci@s do Ateneo Ferrolán
Venres día 1 ás 20 h. en primeira e 20,30 h. en segunda
LEMBRA......A TÚA ASISTENCIA É MOI IMPORTANTE PARA A NOSA ENTIDADE!
30 xaneiro 2013
Participa na III MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO 2013
Unha vez máis, o Ateneo Ferrolán na súa aposta polo audiovisual, organiza para o día 21 de marzo de 2013 a III MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO que nacen no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentais en galego.
Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nesta MOSTRA, nos acheguen os seus traballos en formato DVD, acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos do documental.
GRAZAS POR PARTICIPAR!
Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nesta MOSTRA, nos acheguen os seus traballos en formato DVD, acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos do documental.
GRAZAS POR PARTICIPAR!
10 xaneiro 2013
Exposición Pinturas de Borja L. Muiños
O proxecto artístico de Borja L. Muiños está baseado no uso do lenzo, lenzo inverso, cartón pluma,
plásticos, madeira, xornais, diversos papeis, vidro, impresión sobre
lenzo, etc.
Nalgúns cadros, os marcos tamén xogan un papel importante xa que están realizados a partir de materiais de refugallo.
A inauguración da esposición, será o próximo venres día 11 de xaneiro ás 20 horas no Ateneo Ferrolán, na rúa Magdalena 202-204.
Nalgúns cadros, os marcos tamén xogan un papel importante xa que están realizados a partir de materiais de refugallo.
A inauguración da esposición, será o próximo venres día 11 de xaneiro ás 20 horas no Ateneo Ferrolán, na rúa Magdalena 202-204.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













