Buscar neste blog

Síguenos en...

18 decembro 2013

Sesión Vermú: Rexurdimento do Ateneo. Sábado día 28 ás 12 h.

O sábado día 28 de decembro ás 12 do mediodía, vén a 
Sesión Vermú: Rexurdimento do Ateneo.

Petiscos, bon ambiente e actuación especial de 
ROGER DE FLOR
Deixa atrás a inocentada e vén ao rexurdimento do Ateneo.
Hai un lugar do norte que se chama Ateneo, vén. 

Escoita a cunha en Radio Filispim 93.9 da FM

16 decembro 2013

Programa da XIII XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” ATENEO FERROLÁN



Programa XIII XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” ATENEO FERROLÁN

18, 19 e 20 de decembro do 2013


Mércores, 18 de decembro 19.30h SESIÓN APERTURA (duración sesión: 2h08m)
            19.30h ANIMACIÓN (duración sesión 1h01m)
-        Cousa de meigas, de Iván Fernández 8'
-        Sr. Barrientos, de Kike Florido 5'
-        Eideann, de Álvaro Granados 5'
-        Gneisenau, de Antonio Meliveo 9'
-        El ruido del mundo, de Coke Riobóo 13'
-        Internal love, de  José Esteban Alenda e César Esteban Alenda 6'
-        Candy Hearts, de Joan Martín Giménez 15'

            20.30 h. «RELACIÓNS» (duración sesión: 1h07m)
-        Penalti, de Oliver Cuervo y José Ramón Sanz 4'
-        Mensaje post-itivo, de Alfredo Alegría 6'
-        La producción, de Nuria Machado Siemens e Germán Pérez Tavío 4'
-        Wade in the water, de Stefano Ridolfi 12'
-        Rutina, de Ana Ortiz 13'
-        Mano a mano, de Ignacio Tatay 8'
-        El hermoso perfil del hombre cobarde en su único acto de valentía, de Giovanna Torres Arteche 20'

Xoves, 19 de decembro 19.30h SESIÓN DRAMA/THRILLER/GORE (duración sesión: 2h01m)
-        La gallina, de Manel Raga 18'
-        Reveal, de Ignacio Estaregui 14'
-        El paraguas de colores, de Edu Cardoso 8'
-        Lluvia, de Javier Arellano e Ignacio Martín Lerma 18'
-        Walkie Talkie, de Rubén Pérez 16'
-        KOAN, de Omar Rabuñal Varela e Daniel Viqueira 15'
-        Mr. Bear, de Andrés Rosende 14'
-        La carne cruda, de Samuel Lema 18'

Venres, 20 de decembro 19.30h SESIÓN CLAUSURA (duración sesión: 1h59m)
-        España is different, de Salvador Guerra 4'
-        Libre directo, de Bernabé Rico 14'
-        Chorima, de José Antonio Jiménez 7'
-        Formen fila, de Raúl Mancilla 8'
-        Nebra, de Marisa Otero 13'
-        Freud & Co, de Xabier Marqués Solla 8'
-        O Regato, de José Antonio Jiménez 8'
-        Adri, de Estíbaliz Urresola Solaguren 16'
-        Latitud, de Adrián Navas Santo-Tomás 16'
-        La máquina de los rusos, de Octavio Guerra 10'
-        Abstenerse agencias, de Gaizka Urresti 15'

12 decembro 2013

Charla sobre "A lactancia materna na sociedade"

O Ateneo Ferrolán acollerá unha Charla sobre 
"A lactancia materna na sociedade" 

o luns día 16 de decembro de 2013 ás 17 horas

Entrada de balde

10 decembro 2013

Presentación do libro "Pescanova Crimen Perfecto. Outra estafa piramidal"

O xoves día 12 ás 20 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán

Presentación do libro:
 "Pescanova Crimen Perfecto. Outra estafa piramidal"

Coloquio a cargo do autor Valentín Carrera e Yolanda Díaz

Entrada de balde

05 decembro 2013

Curso de Fotografía Nocturna e Light Painting. Sábado día 7 ás 17 h.

Sábado día 7 de decembro ás 17 h. no Ateneo

Curso de Fotografía Nocturna e Light Painting
Teoría no Ateneo e prácticas nocturnas pla costa de Cobas
Imparte: Simón López Fernández

04 decembro 2013

Exposición Fotográfica "Metáforas visuais"

Inauguración o xoves día 5 de decembro ás 20,30 h. da exposición fotográfica 
"Metáforas visuais" de Román Montesinos

Dende o día 5 ao 31 de decembro na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán

Máis info:  


26 novembro 2013

'Marx no Soho'. Monólogo teatral por Pepe Sendón. Sábado día 30 ás 20,30 h.

Sábado día 30 ás 20,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Non o podedes perder!

  'Marx no Soho' é un monólogo teatral baseado na obra de Howard Zinn
versionado en galego por Pepe Sendón.
 
Esta peculiar e atractiva obra teatral presenta un Karl Marx descoñecido, 
con latexos de humor chispeante e agudo, erudito e orixinal.


Prezos:
Soci@s: 4 €
Non Soci@s: 6 €


Que nos contaría Carlos Marx se puidese volver ao mundo dos vivos apenas por unha hora? O seu corpo leva 130 anos baixo terra. O seu legado, o marxismo, que durante o século XX inspirou movementos políticos que se extenderon por todo o planeta, é hoxe unha especie en extinción. Desde a caída do Muro de Berlín, o comunismo xa non é un factor na actual ecuación dominada polo monoteísmo neoliberal. Marx está morto. Ou non está morto?


Hoxe protestamos (como fixo Marx) polas barbaridades do capital financeiro (que Marx denunciou) nesta enésima crise sistémica (que Marx predixo) causada pola acumulación da riqueza nas mans duns poucos (como Marx formulou) nun mundo convulso (que Marx anticipou). E o curioso é que non sabemos quen foi Marx. Cal foi a súa vida, a súa experiencia, a súa maneira de pensar?


Marx está morto. E continúan a matalo todos os días, porque o seu espírito -como aquel espectro sobón que percorría Europa- teima en revivir a cada pouco. Agora din que nunha especie de abdución metafísica, o espíritu de Marx materializouse no corpo dun anónimo cidadán galego bebedor de cervexa.


Será verdade? Pois haberá que ir ver que di. Cousa boa non, seguro.

II Reunión do Colectivo de Investigación Social e Acción Participativa de Galicia


II Reunión do Colectivo de Investigación Social e Acción Participativa de Galicia, no ATENEO FERROLÁN, día 30 de novembro (sábado), 10 a 12 horas. Estáis convidad@s á reunión personas, asociacións e entidades que conforman o colectivo, así como aquelas que teñan curiosidade sobre os determinantes sociais que actúan sobre áreas como a saúde, a calidade de vida e grupos de poboación...

Vos esperamos a tod@s!

21 novembro 2013

Persoeiros de Galicia




O próximo sábado día 23 de novembro ás 19 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán:

PERSOEIROS DE GALICIA

* Conferencia sobre ROSALÍA DE CASTRO por JESÚS MATESANZ (escritor)

* Recital de POESÍA GALEGA por XAIME MARÍ (actor) 


Lectura Poesía

A GALICIA..........................................FRANCISCO AÑON
O MAIO...............................................M. CURROS ENRIQUEZ
A ROSALÍA........................................M: CURROS ENRIQUEZ
CANTIGA.............................................M. CURROS ENRIQUEZ
DOS CELTAS ANTIGOS....................EDUARDO PONDAL
SOBRE O SOL.................................... R.del VALLE INCLAN
CAMIÑO LONGO................................RAMON CABANILLAS
A ROSA QUE SANGRA....................RAMON CABANILLAS
O HORREO...........................................C. EMILIO FERREIRO
LONGA NOITE DE PEDRA..............C. EMILIO FERREIRO
A CASTELAO.......................................C. EMILIO FERREIRO
NEGRA SOMBRA................................ROSALÍA DE CASTRO
CASTELLANOS DE CASTILLA.......ROSALÍA DE CASTRO
ADIOS RIOS, ADIOS FONTES..........ROSALÍA DE CASTRO
HIMNO GALLEGO..............................EDUARDO PONDAL


Entrada de balde. Vos esperamos a tod@s!

18 novembro 2013

Xornadas: "A ría de Ferrol e o seu saneamento: Presente e futuro"

 
Xornadas: "A Ría de Ferrol e o seu saneamento: presente e futuro"

ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán. 
Entrada de balde.
Día 20 de novembro:

"O conveniio de xullo 2013". Poñente: Jose Mª Hernández (AVV El Pilar)
"A auga como dereito e non como mercaduría". Poñente: Guillermo Castro (Cooperante de Inxeñeiros Sen Fronteiras)

Día 4 de decembro:

Conclusión das Xornadas. 
Poñentes: integrantes de ADEGA, SGHN, VERDEGAIA e Comisión Medio Ambiente da AVV El Pilar.


Exposición "MANfred o alemán de Camelle". Obra artística, fotografía e textos


Exposición "MANfred o alemán de Camelle". 
Obra artística, fotografía e textos.
Ate o 30 de novembro na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán.


13 novembro 2013

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA







CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Benquerido socio e socia:


Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o martes día 10 de decembro de 2013 ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda, coa seguinte

ORDE DO DÍA

            1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
            2.- Informe de xestión da Xunta Directiva saínte.
            3.- Informe económico da Xunta Directiva saínte
            4.- Rogos e preguntas
            5.- Elección da nova Xunta Directiva

O proceso electoral rexerase polo establecido no Capítulo XI dos Estatutos segundo o seguinte calendario:

            31 de outubro -                         Convocatoria de Eleccións

4 de novembro -            Último día para posible impugnación da Convocatoria de Eleccións

7 de novembro              Último día para Constitución da Mesa Electoral

15 de novembro -          Inicio prazo para presentación de Candidaturas

20 de novembro -          Último día para presentación de Candidaturas

21 de novembro -          Proclamación de Candidaturas

22 de novembro -          Inicio da Campaña Electoral

10 de decembro -          - Celebración da Asemblea Xeral
                                    - Elección da nova Xunta Directiva

No período da Campaña Electoral (entre os días 22 e 9 de decembro) tódalas Candidaturas poderán utiliza-lo Censo de Socios/as, así como dispoñer das dependencias do Ateneo Ferrolán para desenvolve-la súa campaña.

Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,




Asdo.- RAMÓN VELOSO RODRIGUEZ
Presidente