Buscar neste blog

Síguenos en...

18 marzo 2022

CARVALHO CALERO volta a REIVINDICARSE. Domingo 27 de marzo ás 12 h.

CARVALHO CALERO volta a REIVINDICARSE

Domingo día 27 de marzo de 2022 ás 12 h.


O Bloque Nacionalista Galego, a Asociación Veciñal de Ferrol Vello a Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, a Sociedade Cultural Medulio, o Ateneo Ferrolán e a Fundaçom Artábria convocan un concentración, o vindeiro domingo día 27 de marzo ás 12 horas na praza Vella, para esixir ao goberno local que non paralice o proxecto de rehabilitación da casa natal de Carvalho Calero. 

O Ateneo Ferrolán xunto cas asociacións que promovimos a consideración de espazo dotacional a Casa de Carvalho Calero e 2 parcelas anexas a esta, logo da sentencia do Tribunal Supremo que anula a Plan Especial do barrio de Ferrol Vello, ACORDAMOS realizar unha CONCENTRACIÓN na Plaza Vella o vindeiro domingo día 27 de marzo ás 12 h. na que serán presentadas alternativas para superar a situación creada pola sentencia do Supremo e para acollernos aos fondos europeos previstos para este tipo de actuacións.

15 marzo 2022

Presentación de "Unha nova Olanda. De Ferrol a Porto: as cidades galegas e o escenario global". Xoves 17 de marzo ás 19 h.


O xoves 17 de marzo, celebrarase, ás 19 h, no Ateneo Ferrolán, a
presentación de "Unha nova Olanda. De Ferrol a Porto: as cidades
galegas e o escenario global"
, de Antón Baamonde.

Acompañando o autor, estarán o escritor Xavier Seoane, e o director de
Radio Fene, Henrique Sanfiz, en calidade de moderador.

14 marzo 2022

Presentación da novela "Matarán a Reboiras" de Luís Rei. Venres 18 de marzo ás 19,30 h.

 



Presentación
da novela "Matarán a Reboiras" de Luís Rei
Venres día 18 de marzo ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
 
Interveñen: Xosé Lastra, profesor. Bernardo Máiz, historiador. Fran Alonso director de XERAIS e o propio autor Luis Rei
 
No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras cae abatido logo dunha asañada persecución da policía franquista.
 
Décadas despois, un comité de emerxencia impulsa a loita contra unha agresión ecolóxica produto da arbitrariedade corrupta e a cobiza.
 
Xa a comezos do século actual, o reporteiro gráfico Nardo Negro documenta eses acontecementos desde os días vertixinosos do Nunca Máis e do Non á Guerra, nun dos momentos de maior manipulación política da Televisión de Galicia.
 
Ao tempo, Marabillas Párraga, unha singular monxa galeguista e de esquerdas, nárrao todo para nós con precisión e claridade.
 
En «Matarán a Reboiras», Luís Rei Núñez déixase guiar polos seus protagonistas e proponnos unha novela na que mandan as vidas e os tempos, sempre incertos.
 
#Ateneo #SomosCultura #Libros #Historia #Ferrol #Galiza
 

 

10 marzo 2022

A nosa Revista Atenea nº 50. Marzo 2022

 


A nosa Revista Atenea nº 50 
 
Lectura e descarga aquí:  
https://drive.google.com/file/d/11xG8ocL3agBjlnPLThw30eTrtAVwiJgF/view?usp=sharing  
 
#Ateneo #SomosCultura #10M #Publicacións #Ferrol #Galiza
 
Sumario:
 

 

28 febreiro 2022

“A ÚLTIMA TRINCHEIRA DO 72: VIVENZAS DE MULLER E DE CLASE”. Venres día 4 de marzo ás 19,30 h.


Acto “A ÚLTIMA TRINCHEIRA DO 72: VIVENZAS DE MULLER E DE CLASE”
 
Terá lugar no Ateneo Ferrolán organizado dende o núcleo do PCG en Ferrolterra.
 
Venres 4 de marzo ás 19,30 h.
 
A través da voz e experiencias de Sari Alabau, Manuela López, Fina Varela e María Alarcón.
 
Camaradas que na súa triple condición de muller, obreiras e comunistas foron o sostén dunha xornada de loita e solidariedade de clase que fixo tremer ao país.
 
Presenta o acto a camarada Belén Aneiros.

27 febreiro 2022

Presentación en Ferrol do trailer promocional do filme "10 DE MARZO" de Roi Cagiao. Venres día 4 de marzo ás 12 h.

 


O VENRES 4 DE MARZO ás 12:00 horas presentase no Ateneo Ferrolán
o trailer promocional do filme 10 DE MARZO, que aborda por primeira vez en
formato de longametraxe documental os acontementos do 10 de Marzo de 1972
en Ferrol, os feitos máis icónicos da loita polas liberdades e os dereitos sociais no
noso país no tramo final do franquismo.
 

Unha presentación que se enmarca dentro dos actos do 50 aniversario do 10
de marzo en Ferrol que contará coa presenza do director Roi Cagiao e o produtor executivo Emilio J. Fernández para a presentación do trailer oficial.
 

O filme narra, cronoloxicamente, dende a elección do xurado de empresa
en 1972, a negociación do convenio, os acontecementos dos días 9 e 10 de
marzo e a repercusión internacional dos mesmos, así como o chamado “Proceso
dos 23” no que os principais protagonistas foron xulgados tres anos máis tarde.
 

A través de entrevistas aos protagonistas dos feitos, materiais de arquivo
fotográficos e documental de época e secuencias dramatizadas sobre algún dos
momentos máis importantes da trama, o filme reconstrúe os acontecementos.
Roi Cagiao e a produtora Arthur Gordon, despois da exitosa ‘Vigo 1972’
volven a afondar na historia social galega contemporánea con este novo filme
que se estrenará en salas de cine a finais de 2022.
 

10 DE MARZO conta co patrocinio do Concello de Ferrol, o Sindicato
Nacional de CCOO Galicia e Navantia, e coa participación de Fuco Buxán,
Fundación 10 de Marzo, Federación de Pensionistas de CCOO de Galicia e
Witland Centro Negocios.
 

www.galicia10demarzo.com
Redes sociais:
Facebook: https://www.facebook.com/galicia10marzo
Instagram: @10marzo_pelicula
Twitter: @GaliciaMarzo

"OS RESTOS DO FRANQUISMO EN FERROL E GALIZA" Conferencia de Manuel Monge. Xoves, 3 de marzo ás 19,30 h.

 


OS RESTOS DO FRANQUISMO EN FERROL E GALIZA
 
Conferencia de Manuel Monge. Xoves, 3 de marzo ás 19,30 horas
Manuel Monge, mestre e sociólogo, é membro do colectivo de presas e presos políticos de Ferrol na ditadura. Estivo dous meses no cárcere da Coruña con motivo da mobilización en Ferrol contra o Proceso 1001 e despedido do Colexio Tirso de Molina.
 
Novamente despedido “por orden gubernativa”, cando traballaba como mestre no antigo Colexio Público Ibáñez Martín de Ferrol.
 
Nesta conferencia explicará o contido do seu libro OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA, que recolle máis de 600 símbolos franquistas en 90 concellos. Ferrol conserva hoxe 50 símbolos franquistas, que deberían estar xa retirados en aplicación da Lei de Memoria Histórica.
 
O Pleno da corporación de Ferrol de 2 de marzo de 1981 aprobaba a retirada de 61 rúas relacionadas co franquismo. Moitas delas consérvanse no Arsenal Militar de Ferrol a pesar de que o Pleno da corporación municipal aprobou en varias ocasións solicitar ao Ministerio de Defensa a retirada desas rúas. O colectivo de presas e presos políticos de Ferrol denunciou ao Ministerio de Defensa ante a Fiscalía de Galicía por este incumprimento da Lei de Memoria Histórica, que foi remitida recentemente á Fiscalía
do Tribunal Supremo.
 
Estas son as nove rúas que se conservan no Arsenal Militar: Salvador Moreno Fernández, José María González-Llanos, Soldado Lois, Almirante Fernández Martín, Almirante Vierna, Cándido Pérez, Crucero Baleares, Almirante Honorio Cornejo e Marqués de Alborán.
 
Aínda conservan a distinción de Fillos Adoptivos ou Predilectos de Ferrol os seguintes ministros de Franco: Pedro Nieto Antúnez, Gonzalo Fernández de la Mora y Mora, José María Martínez y Sánchez-Arjona, Manuel Lora Tamayo, Jorge Vigón Suerodíaz, Fernando Suárez de Tangil y Angulo, Pablo Martín Alonso, Salvador Moreno Fernández, Juan Antonio Suanzes Fernández. Tamén son Fillos Adoptivos o golpista Francisco Núñez Rodríguez –almirante da Armada e Capitan Xeneral da Zona Marítima
do Cantábrico– e o falanxista Enrique Salgado Torres.
 
O militar golpista Juan Cardona dá nome a un hospital de Ferrol e no seu aparcamento consérvase unha escultura dedicada ao golpista Camilo Alonso Vega, coñecido na ditadura polo seu papel represor como Ministro de Gobernación. Sinala a placa:
“Capitán General, hijo predilecto de la ciudad, soldado heroico, gobernante ejemplar”.
 
A Igrexa castrense de San Francisco é un auténtico museo de exaltación do franquismo cunha cruz “a los caídos por Dios y por España” e unha placa “a los gloriosos caídos del Baleares”.

26 xaneiro 2022

Presentación Libro "Actuar aquí y ahora. Repensando la ecología social de Murray Bookchin". Mércores día 16 de febreiro ás 19 h.

 



Presentación Libro "Actuar aquí y ahora. Repensando la ecología social de Murray Bookchin" de Floreal M. Romero e prologado por Manuel Rivas
 
Mércores día 16 de febreiro ás 19 h. no Ateneo Ferrolán
 
O colapso que se aveciña non é só o dos seres humanos e a súa contorna, senón tamén do capitalismo, que pola súa propia natureza é depredador e de crecemento ilimitado.
Históricamente desarraigado do social e alimentado pola explotación e a mercantilización das persoas, agora estende o seu dominio sobre todo o planeta e todos os dominios da vida. Só desentendiéndonos dunha actitude fatalista e culpable, recuperaremos o poder de actuar aquí e agora. 
 
Para iso nada mellor que volver ler a Murray Bookchin e entender o alcance de todos aqueles experimentos e prácticas que se están desenvolvendo despois del, hoxe en día e ao noso ao redor.
 
Floreal M. Romero pinta un retrato do fundador da ecoloxía social e o comunalismo. Fai un repaso na súa historia, da súa traxectoria crítica e política. Desde o Estado español a Rojava, pasando por Chiapas, o autor propón, a partir de exemplos concretos, formas de elaborar a converxencia das loitas e das alternativas para que xurda un novo imaxinario como poder anónimo e colectivo. 
 
Este libro, ensaio e manifesto á vez, é unha análise persoal e singular do pensamento de Bookchin que resoa moito máis alá da experiencia do autor. Proporciona consellos prácticos sobre como saír do capitalismo e non resignarse ao colapso inminente

Presentación libro "Dous escritos sobre a felicidade" de Marcos Lorenzo. Xoves 27 de xaneiro ás 19,30 h.

 


Presentación libro "Dous escritos sobre a felicidade" de Marcos Lorenzo


No Ateneo Ferrolán este xoves 27 de xaneiro ás 19,30 h.

Acompañado por Vicente Irisarri, ex alcalde de Ferrol, por Maite Hermida, ex decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e por Miguel Toval de Edicións Embora.

18 xaneiro 2022

Martes de Cine 2022 ás 19 h. Ciclo Cine Clásico – Xaneiro e Febreiro 2022

 


Martes de Cine 2022 ás 19 h.

Ciclo Cine Clásico – Xaneiro e Febreiro 2022

Martes día 18 de xaneiro– "Adios a las armas"

Ano 1932 Duración 78 min. País EEUU Director Frank Borzage Xenero: Drama

Reparto: Helen Hayes, Gary Cooper, Adolphe Menjou, Mary Philips, Jack La Rue, Blanche Friderici, Mary Forbes, Gilbert Emery

Sinopse: Primeira Guerra Mundial (1914-1918). Primeira adaptación da novela homónima de Ernest Hemingway. Antes de que os Estados Unidos entren na guerra en 1917, Frederick, un xornalista norteamericano, alístase como voluntario no Corpo de Ambulancias italiano para poder seguir de preto os acontecementos. Tras recibir unha ferida, ingresa nun hospital e namórase de Catherine, unha enfermeira británica.

Martes día 25 de xaneiro– "La tienda de los horrores"

Ano 1960 Duración 72 min. País EEUU Director Roger Corman Xenero: Terror Comedia

Reparto: Jonathan Haze, Mel Welles, Jackie Joseph, Dick Miller, Myrtle Vail, Leola Wendorff, Jack Nicholson, Tammy Windsor, Toby Michaels, Leola Wendorff, Lynn Storey

Sinopse: Seymour Krelboin (Jonathan Haze), un mozo dependente dunha florería, está namorado da súa compañeira Audrie (Jackie Joseph), pero ela sae cun sádico dentista. Un día, xusto despois dunha estraña eclipse, compra unha estraña planta, á que bautiza como Audrie II. A planta crece rapidamente, grazas a que Seymour proporciónalle o alimento que necesita, e convértese nun exemplar espectacular, unha verdadeira atracción para a cidade.

Martes día 1 de febreiro– "El extraño"

Ano 1946 Duración 94 min. País EEUU Director Orson Welles Xenero: Drama

Reparto: Edward G. Robinson, Loretta Young, Orson Welles, Philip Merivale, Richard Long, Konstantin Shayne, Billy House, Martha Wentworth, Byron Keith, Ethan Laidlaw, Ruth Lee, Pietro Sosso, Isabel O'Madigan, Erskine Sanford, Rebel Randall

Sinopse: Wilson, un axente da comisión de crimes de guerra, está a buscar a Franz Kindler, un dos cerebros dos campos de exterminio nazis, que conseguiu fuxir sen deixar pegadas. Seguindo a pista dun antigo camarada de Kindler chega ata Harper ( Connecticut), onde é asasinado antes de poder identificar ao fugitivo. A única pista que queda é a fascinación do criminal nazi polos reloxos antigos.


Martes día 8 de febreiro– "La burla del diablo"

Ano 1953 Duración 89 min. País EEUU Director John Huston Xenero: Aventuras

Reparto: Humphrey Bogart, Gina Lollobrigida, Jennifer Jones, Robert Morley, Peter Lorre, Edward Underdown, Ivor Barnard, Marco Tulli

Sinopse: A un pequeno porto italiano chegan catro estafadores que viaxan en compañía dun matrimonio norteamericano ( Billy e María) que lles serve de tapadeira. Mentres esperan a reparación do barco que os levará a África, explícanlle a Billy o verdadeiro motivo da viaxe: adquirir unhas terras ricas en uranio. Durante a súa estancia no pobo, Billy e María coñecen a outro matrimonio norteamericano, cuxas alusións a uns xacementos de uranio, fan sospeitar aos aventureiros que o seu proxecto corre perigo.


Martes día 15 de febreiro– "Luna nueva"

Ano 1940 Duración 92 min. País EEUU Director John Huston Xenero: Comedia

Reparto: Cary Grant, Rosalind Russell, Ralph Bellamy, Gene Lockhart, Porter Hall, Ernest Truex, Cliff Edwards, Clarence Kolb, Roscoe Karns, Frank Jenks, Regis Toomey, Abner Biberman, Frank Orth

Sinopse: Hildy Johnson, a mellor reporteira do xornal Morning Post, anuncia que vai deixar o xornalismo para casar e fundar unha familia. Pero Walter Burns, o editor do xornal e exmarido de Hildy, non está disposto a aceptalo, polo que se serve de toda clase de tretas para retela no xornal.


Martes día 22 de febreiro– "El capitán Kidd"

Ano 1945 Duración 88 min. País EEUU Director Rowland V. Lee Xenero: Aventuras

Reparto: Charles Laughton, Randolph Scott, Barbara Britton, John Carradine, Gilbert Roland, John Qualen, Sheldon Leonard, William Farnum, Henry Daniell, Reginald Owen

Sinopse: En 1699, o capitán Kidd, un rudo pirata, consegue enganar ao rei para que lle proporcione unha escolta para un barco cheo de tesouros que partiu da India. A tripulación está formada por expresidiarios, entre os cales se atopa Orange Povey, a quen Kidd abandonara tempo atrás nun arrecife e ao que esperaba non volver ver.