Buscar neste blog

Síguenos en...

29 agosto 2013

Concurso de Composición para Gaita Galega Solista 2013

Concurso de Composición para Gaita Galega Solista
Punto nº 9 do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega
“CONSTANTINO BELLÓN” 2013
 En Ferrol, o día 28 de agosto de 2013, na sede do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204 o XURADO

ACORDOU, conceder ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a:
 DANIEL ROMAR SAMBADE
pola obra “Fantasía concertante para gaita e banda”.


Así mesmo acordan conceder os accésit a:
JAVIER Mª LÓPEZ RODRÍGUEZ pola obra “The bagpipe in my life”. (Para gaita solista en Do 5  con quinteto de frauta, clarinete, piano, violín e violonchelo)
LOIS PRADO FERNÁNDEZ pola obra “Son das on das Son”.
(Para gaita solista e corda)

28 agosto 2013

Mención Gaita de Ouro "Constantino Bellón" 2013






Témolo pracer de comunicar o acordo tomado en Xunta Directiva, referente á Institución da Mención Honorífica do Ateneo Ferrolán, na modalidade de Gaita de Ouro “Constantino Bellón” e a concesión da mesma.

A imposición da citada Mención terá lugar no ACTO que se celebrará  o próximo sábado día 31 de agosto, as 20 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol na Final do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega  “Constantino Bellón”,.

O Ateneo Ferrolán acorda concedela Mención Gaita de Ouro

“Constantino Bellón” correspondente ao ano 2013  a:



PABLO CARPINTERO

pola súa labor desenvolvida como gaiteiro, investigador e artesán.



Pablo Carpintero naceu en San Cristobo de Castro, no concello de Carballedo, na provincia de Lugo en 1969. É gaiteiro desde os oito anos e estudou ciencias biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela onde, en 1992, acadou o grao de  doutor. Nesta mesma universidade obtivo o diploma de estudos avanzados en musicoloxía no ano 2006.



Hai máis de vinte anos que se dedica a estudar e difundir os nosos instrumentos musicais, para o que ten feito traballo de campo en toda Galicia, Asturias, Portugal e o Bierzo, estudando principalmente a gaita de fol e a súa música. Froito deste traballo é a súa obra de investigación máis destacada: “Os instrumentos musicais na tradición galega”, onde se dá conta de máis de 150 instrumentos musicais empregados na Galicia tradicional. Ten editado tamén numerosos traballos discográficos, ben cos seus grupos “Ultreia” e “A Requinta de Xián”, ben con gaiteiros de idade para consevar os seus orixinais sons.



Pablo Carpintero é membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos e forma parte da comisión do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega. Traballou seis anos como técnico do proxecto Ronsel para a posta en valor do Patrimonio Cultural de Galicia e, en 2011, foi escollido para formar parte do comité da UNESCO que avalía as candidaturas á Lista Representativa de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, tarefa que segue a realizar na actualidade.

Hai máis de dez anos que colabora na sección “O Recuncho da Palleta” dentro do programa “Lume na Palleira” da Radio Galega, e desde hai tres anos realiza unha sección dentro do programa “Luar” dedicada á nosa música máis tradicional.

Na actualidade dedícase á fabricación de gaitas de fol, percusión, requintas e frautas no seu obradoiro de Santiago de Compostela, sendo a súa principal teima a réplica de gaitas de fol antigas e a recuperación dos seus sons.      
 



Conexión con Pablo Carpintero en directo dende o Teatro Jofre.

22 agosto 2013

XXI Concurso de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”




O Ateneo Ferrolán comprácese en convidarlle aos actos do
 XXI Concurso de Composición e Gaita Galega
 “CONSTANTINO BELLÓN”
  
Data: sábado día 31 de agosto de 2013

HORARIO: 20 h.    LUGAR: Teatro JOFRE - Ferrol.


19 agosto 2013

Acta Selección Gaiteiros Solistas 2013



XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega
“CONSTANTINO BELLÓN” 2013

Acta Selección Gaiteiros Solistas 2013


En Ferrol, o día 16 de agosto de 2013, na sede do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204 o XURADO do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:
                                  

                                   D. Víctor Fernández Gabeiras
                                   D. Xesús Vaamonde Manteiga
                                   D. Xavier Rodríguez Fariñas
                                   D. Pablo López Torneiro
                                   D. Xoán Rodríguez Silvar


e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo,

ACORDOU, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:


  1. David Fernández Vaamonde          Coruña.
  2. Pablo Devigo Vázquez                   Castro Caldelas - Ourense.
  3. Carme López Fernández                Lugo. 
  4. Daniel Fernández López                 Lugo. 
  5. Serafín Santamariña Sanmartín      Fene – A Coruña. 
  6. Walter Andrés Almirón García         Arxentina “GAITEIRO DE SOUTELO” 
  7. Daniel Lumbreras Rodríguez           Donosti “GAITEIRO DE SOUTELO” 
  8. Raquel García Martínez                   Valencia “GAITEIRO DE SOUTELO”





31 xullo 2013

Xa está na rúa a nosa Revista ATENEA nº 45


Xa está na rúa a nosa revista ATENEA o seu número 45, podedes descargala neste enlace:

http://issuu.com/ateneoferrolan/docs/atenea.45.web

Grazas a tod@s os colaboradores que fixeron posible a edición deste novo número!

22 xullo 2013

Reseña Mestre Constantino Bellón



CONSTANTINO BELLON

Lago, Valdoviño. Nesta parroquia de Ferrolterra nace en 1896 Constantino Bellón, fillo de gaiteiro, sobriño de artesán construtor de gaitas. Poucos anos máis tarde percorrería estas terras acompañando co redobrante ao seu pai comezando, como tantos outros gaiteiros tradicionais, unha aprendizaxe familiar.

Aos dezaoito anos vai facer o Servizo Militar á cidade de Ferrol, ingresando na banda de música como saxofonista. Aló e onde recibe a súa primeira formación musical formal. Anos máis tarde, ao rematar o servizo militar, ingresa na Empresa Nacional Bazán. Nela organiza a Banda de Gaitas, que se xunta á de Corneta e Tambores, anterior a ela. Ambas bandas nútrense dos aprendices da empresa, que daquela auspicia actividades musicais, coma a citada e a Coral Polifónica da Bazán dirixida polo Padre Fanego.

Bellón está vencellado á música desde dentro de Bazán,onde chega a dirixila Banda de Música da Empresa, participando tamén na formación da Orquestra Copacabana. Daquela colabora tamén como saxofonista en varias outras orquestras da bisbarra ferrolá.

Pero a gaita chama polo saxofonista, director de banda e instrutor de moitos gaiteiros, dentro e fóra de Bazán, e a finais dos anos cincuenta preséntase co pseudónimo de O CADAVAL ao concurso «Camino de la Fama” que se celebraba no Teatro Renacimiento de Ferrol. Acompañaban ao piano o mestre Malde e a obra era Follas Novas de Brage, arranxada por Bellón para piano e gaita en Do.
Á novidade da combinación sumouse a unha interpretación impecable, que entusiasmou ó público, conseguindo o Primeiro Premio do concurso.

Por Xan Silvar

Exposición Fotográfica 24x24 ate finais de xullo 2013


06 xuño 2013

Fallo do XXIII CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2013



O Xurado cualificador do XXIII CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2013, organizado polo Ateneo Ferrolán, integrado polos fotógrafos RODRIGO RAMOS ARDA, OVIDIO ALDEGUNDE ÁLVAREZ, AROA FERNANDEZ CARBALLO e actuando como secretaria sen voto, CRISTINA MEIZOSO ALONSO, reunido o día 24 de maio de 2013, toma os seguintes acordos:

Unha vez examinadas a totalidade de fotografías presentadas a concurso, de acordo coas Bases e por unanimidade DECIDE:

           
1)     Descualificar un total de ___0__ dos traballos presentados, por non axustarse ás Bases

2)     Seleccionar _50_ das fotografías presentadas a Concurso, para incluír na exposición itinerante, tal e como se indica nas Bases, e que participa no Outono Fotográfico de Ourense.

3)     OUTORGALOS seguintes Premios, sendo

3º PREMIO: JAVIER FERNANDEZ FERRERAS – “MAR DE CAUCHO” – BIZCAIA

2º PREMIO: JOSE A. GARCÍA VARELA – “SACIANDO LA SED” – CURTIS (A CORUÑA)

1º PREMIO:  JUAN ANTONIO PALACIOS – “LA ROCA” – EIBAR-GUIPUZCOA

Así mesmo o Xurado decide conceder _3_ MENCIÓNS ESPECIAIS querendo destacar o alto nivel acadado nesta edición:
- JOAN MASDEU VIÑAS – “CAMINO DE L’AURORA” – RIPOLL – GIRONA
- VICTOR RIVERA JOVE – “MURCIÉLAGO” – FERROL
- JOSE BEUT DUATO – “NIEBLA” – VALENCIA




05 xuño 2013

Sesión Vermú Solidaria no Ateneo Ferrolán


O sábado día 8 de xuño ás 12 ate .... o que aguantemos haberá unha Sesión Vermú Solidaria no Ateneo con: pinchos, repichocas e música tradicional en directo, .. e por suposto vermú!

Pola Defensa do ATENEO FERROLÁN e da súa SEDE!
ACUDE e DIFUNDE!

16 abril 2013

Exposición Colectiva No ATENEO


Exposición Colectiva no ATENEO de:

CAXIGÜEIRO
EDUARDO HERMIDA
JUAN LÓPEZ

LUIS RAPELA
MANUEL PATINHA
ŠPELA TROBEC
SUSO BASTERRECHEA
VARI CARAMES


Inauguración xoves día 18 de abril de 2013 ás 20 h.
Rúa Magdalena 202-204 - Ferrol

INAUGURACIÓN DA SEDE REHABILITADA DO ATENEO FERROLÁN

05 abril 2013

XXIII Certame Fotográfico sobre medio-ambiente do Ateneo Ferrolán

 O ATENEO FERROLÁN, con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DE MEDIO AMBIENTE, organiza un Concurso Fotográfico para afeccionados e profesionais.

27 marzo 2013

Bases do "Constantino Bellón" 2013


Axuntamos as Bases da convocatoria para o XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2013.

21 marzo 2013

III MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO 2013

 
Programa, da III Mostra de Documentais en Galego 2013 que por primeira vez poderemos visualizar na nosa sede xa que por mor da rehabilitación utilizamos outros espazos nas anteriores edicións. 

III MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO 2013 
  • Ferrol xoves 21 de marzo de 2013 ás 19 h.
  • Salón de Actos do Ateneo Ferrolán. Entrada de balde.
 “CON ETIQUETA”
  • de ADRIANA PÉREZ VILLANUEVA
  • Ano 2013. Duración 62’. Galego.
Sinopse: Este documental ofrece as voces espidas dun grupo de persoas relacionadas dalgunha manera coas enfermidades mentais. Xente cun diagnóstico, xente que diagnostica e familiares desvélannos esa outra realidade agochada naquelas persoas que están ao noso arredor. Unha hora na que nos achegamos ao difícil proceso vital dunhas persoas que comparten moito máis cunha etiqueta.
“PROXECTO ZECA”
  • de PABLO PORTERO
  • Ano 2012. Duración 15’. Galego
Sinopse: Dedicado a recordar a figura do poeta e músico Zeca Afonso.
“O RELOXEIRO”
  • de RITA ROMERO
  • Ano 2012. Duración 54’. Galego
Sinopse: Esta é a historia de Evanxelino Taboada, o último construtor de reloxos de Galicia. Esta é a historia dunha filla que quere recordar, dun escritor que investiga, dunha sociedade marcada polo estalido da guerra civil. A historia do pasado contada dende o presente. Esta é a historia dos artesáns do tempo.