
En Ferrol, o día 30 de xullo de 2008, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204, 1º , o Xurado do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”, composto por:
D. Víctor Fernández Gabeiras
D. Xesús Vaamonde Manteiga
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Pablo López Torneiro
D. Xoán Rodríguez Silvar
e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requerían para participar no mesmo, acordou, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:
Asinado.
- Ricardo Manuel Mouriño Freire, Narón (A Coruña).
- Pablo Devigo Vázquez, Castro Caldelas (Ourense).
- Bruno Villamar Gay, Lugo.
- Gonzalo Abeleiras Lemos, Ourense.
- José Manuel Mojón Pérez, Ourense.
- Isidro Vidal Gallardo, Ourense.
- Daniel Lumbreras Rodríguez, Guipúzcoa.
- Vicente Carlos González Siri, Uruguay.
- Jordi Torres, Arxentina.
- Santiago Agustín Molina, Arxentina.
- Víctor Fernández Gabeiras (Presidente).
- Xabier Rodríguez Fariñas.
- Xoán Rodríguez Silvar.
- Pablo López Torneiro.
- Xesús Vaamonde Manteiga.
- Cristina Meizoso Alonso (Secretaria).
9 comentarios:
Noraboa a tódolos finalistas, pero creo que este ano pinta pa Bruno Villamor, tiven a sorte de vé-lo concurso e foi o millor sen paliativos.
Agardo que reparen a inxustiza do ano pasado. Agora que no Mac Crimon non tiveron dúbidas, agardo que Pablo Devigo o faiga como de costume, é non terá rival.
Este año los 5000 euros (2000 de composición mas 3000 de interpretación) tienen que ir para Pablo Devigp sin ninguna duda.
ollo e sobre todo oído con gonzalo, non digo máis
Agardo que Bruno gane este ano porque sen dúbida algunha é o que o merece.
Sorte Bruno!!!
Pablo(Sarria - Lugo)
Gostaríame ve-la final do concurso, pero non vexo a hora por ningún sitio, ¿alguén podería dicirma?
Grazas
Abelairas e Bruno xa se están frotando as mans porque saben que ao Devigo non yo van dar na vida, como a Edelmiro e a Pedro Lamas.
Esperemos que non se cometa a inxustiza dos outros anos.Que Pablo Devigo se leve os 5000!
Moita sorte a tódolos participantes.
Non creo que condicionedes ao xurado con eses mensaxes.
Gañará o que sexa o mellor e iste e un concurso onde non existen nomes senon gaiteiros que cando son os mellores...gañan e punto.
O demais son pataletas de malos perdedores ou malos "amigos" de perdedores.
Publicar un comentario