Buscar neste blog

19 maio 2010

Día Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarme

A Coordinadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres convídate a reflexionar, a través do visionado da curtametraxe documental “Invisibles” de Wim Wenders e a película “Grbavica, El Secreto de Esma” de Jasmila Zbanic, sobre a situación de violencia sexual que viven as mulleres en  moitas zonas de guerra e conflitos armados, onde o seu corpo é utilizado como arma e botín de guerra.

A proxección será o 24 de Maio ás 19:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.



Este acto está enmarcado dentro da celebración da III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, que arrincou o pasado 8 de Marzo e culminará o 17 de Outubro con accións simultáneas en todo o mundo, e unha Mobilización Internacional na República Democrática do Congo, coa que pretendemos denunciar a situación das mulleres na rexión dos Grandes Lagos e outras zonas en guerra e conflito armado, e reivindicar e fortalecer o papel das mulleres na resolución dos conflitos e os procesos de paz.
MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES NA GALIZA
COORDINADORA COMARCAL DE FERROLTERRA
www.feminismo.info
www.mmm2010.info
marchagaliza@gmail.com

Ningún comentario: