Buscar neste blog

28 maio 2010

Festival Musical "Tod@s paramos o Galicia Spirit"


Por qué?

A mediados do pasado mes de Abril, a titular do Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Ferrol, a Maxistrada-Xuíz Mónica Ramírez Encinas, emiteu un escrito de procesamento a 60 mariscadores da Ría de Ferrol por impedir o paso do buque gaseiro "Galicia Spirit" que se dirixía, cargado con GNL-LNG, á ilegal e perigosa planta de REGANOSA en Mugardos en Maio de 2007. A xuíz considera que "os procesados poden ser imputados de delitos de desordes públicas, desobediencia grave á autoridade e coaccións graves".
Ante este procesamento o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, veu a asumir a responsabilidade xunto outras organizacións veciñais, sociais e ecoloxistas que acompañaron á xente do mar na acción de autodefensa, pola Ría, a nosa seguridade e a vida.
O Comité Cidadán denuncia publicamente o procesamento dos mariscadores e mariñeiros, asumindo a parte de responsabilidade que lle corresponde e encetando unha campaña de auto-inculpacións. E con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o Comité Cidadán organiza un Festival Solidario coa Xente do Mar: Venres 4 de Xuño de 2010 no Porto de Ferrol, desde as 6 da Tarde.
Descarga a Cuña

Ningún comentario: