XIII
XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES”
ATENEO FERROLÁN
A celebrar os días 18, 19 e 20 de decembro
do 2013
Facemos un chamamento a todas as
persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de
menos de 20’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado da
ficha cumprimentada antes do día 5 de decembro para poder engadilos ao
programa deste ano.
Os días 18, 19 e 20 de decembro de 2013, levaranse a
cabo ás XIII
XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con
grande interese do público en xeral.
Como lembranza do que foron estas XORNADAS ao longo
destes trece anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas
galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a
nivel internacional.
Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de
cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas
galegos e galegas en especial.
O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a
calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas
están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a
produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de
acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.
GRAZAS
POR PARTICIPAR!
1 comentario:
Cando saen publicadas as curtas seleccionadas?
Publicar un comentario