Quérennos en soidade, terannos en común”
Palestra-Coloquio da Asembleia Aberta de Coia
Tamén proxectarase a curtametraxe #MoitoPeixeRompeARede, unha peza de 8 minutos que fai un repaso polos meses de loita veciñal na rotonda de Coia e polas consecuencias da mesma.
Poñerlle voz e corpo ás loitas veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses especulativos e electoralistas, colocando a vida e os dereitos sociais no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que denuncian e traballan pola xustiza social.
Para abordar todo isto e moito máis contaremos con activistas da Asembleia Aberta de Coia.
Esta actividade, organizada pola Asembleia Aberta de Coia, está enmarcada na campaña de solidariedade con Diego Lores, unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda do vigués barrio de Coia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario