Buscar neste blog

21 xaneiro 2017

Presentación do libro "Amada García e os seus arredores". Xoves 26 ás 19,30 h.



Xoves día 26 de xaneiro ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán

Presentación do libro 
"Amada García e os seus arredores" de Bernardo Maiz Vázquez. 
Edicións Embora

Intervirán: Miguel Toval, Xoán Rubia, Amada Toimil e o autor Bernardo Maiz.


"Amada García e os seus arredores" é o último libro do historiador Bernardo Maiz. Amada é o fío condutor deste estudo, figura simbólica dun pobo que viu coutadas as súas esperanzas cando tomaba ao fin o protagonismo histórico. 

Preséntanos o autor unha Amada García histórica, fidedigna, contextualizada, lonxe da ficción, extraendo da documentación escrita, “do rastro que deixou”, só o que acredita como verdadeiro, que non é o máis épico nin o máis tenro nin o máis dramático, aspectos estes case sempre esaxerados e inexactos. A historia real supera á ficción. 

Bernardo Maiz Vázquez (1950), catedrático xubilado, doutor en historia, é recoñecido como pioneiro e como traballador infatigable na investigación do tempo histórico contemporáne da Galiza e no estudo do patrimonio marítimo. Por tal condición no ano 2010 recibiu o Premio Manuel Murguía ao labor e Mérito Historiográfico da Asociación Galega de Historiadores.


Ningún comentario: