A Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán ven de recibir unha importante doazón bibliográfica, do historiador local Bernardo
Máiz, composta por case 400 obras.
Salientar a colección completa
de “Tempos Novos”,
revista mensual de información e opinión que, dende fai dúas
décadas, 'repasa o devir de Galicia'. “Longa lingua”,
editada pola Mesa para a Normalización Lingüística, ou a extinta
publicación local “Marea Negra”, editada pola Asociación
Cultural Xerminal de Ferrol, son outros títulos destacados.
Na
vontade de seguir traballando culturalmente pola recuperación da
cidade de Ferrol, o Ateneo Ferrolán ven realizando unha tarefa de
recollida de fondos hemerográficos e bibliográficos co obxectivo de
conservar e difundir boa parte da historia social e cultural desta
comarca.
#AteneoBiblioteca #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo
Ningún comentario:
Publicar un comentario