Buscar neste blog

Síguenos en...

22 xaneiro 2008

Martes de Cine, Ciclo "Censura e cine español"

Dentro do Ciclo "Censura e cine español", este martes 22 de Xaneiro proxectarase no Ateneo Ferrolán.

DIARIO DE UNA CAMARERA de Luis Buñuel (1964)
Intérpretes: Jeanne Moreau, Michel Piccoli, Georges Géret, Françoise Lugagne, Daniel Ivertiel, Jean Ozenne, Gilberte Géniat.
Duración: 97 min.
Sinopse: Historia dunha doncela que entra a traballar para unha familia da aristocracia.

17 xaneiro 2008

Queiman a porta de entrada do Ateneo Ferrolán


Arredor das 13:25 horas do día 17 de xaneiro de 2008, un fume denso que sae da porta de entrada, alerta á traballadora do Ateneo Ferrolán que ao abrir a porta ve como está ardendo a entrada.

Entrevista de Rádio FilispiM á trabalhadora do Ateneo Ferrolán

Descarga a entrevista en OGG ou MP3



Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

14 xaneiro 2008

Cultura e sociedade nun mundo global

O Ciclo de ConferenciasCultura e sociedade nun mundo global” estará en tres ocasións no Ateneo Ferrolán, esta é a primeira.

Dia: Xoves 17 de Xaneiro ás 18:00hs.
Lugar:
Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.
Organiza: ALGA (Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada)
Tema: “Sistemas Sexo/Xénero 'matriarcais' ”:
- Os Bijagós (Guinea Bissau)
- Os Zapotecas (México).
Imparte: Águeda Gómez Suárez (Socióloga naUniversidade de Vigo e membro de ALGA)
Presenta: Rosario Alabau Albors (Concelleira da Muller-Concello de Ferrol)

Zapotecas e Bijagós son dúas sociedades nas que as relacións, roles e identidades de xénero rompen cos estereotipos que dende Occidente debuxamos das chamadas “sociedades en vías de desenvolvemento”, articulando pautas de sexualidade e relacións de poder que permitiron a algúns antropólogos e sociólogos plantexarse a existencia do matriarcado nas mesmas. Nun mundo no que impoñemos unha visión etnocéntrica e monolítica do modelo de igualdade de xénero, Zapotecas e Bijagós permiten repensar a igualdade dende paradigmas respectuosos coa diversidade cultural.

12 xaneiro 2008

Xá existe unha entrada na Wikipedia do Ateneo

O Ateneo Ferrolán non podia estar mais tempo sen unha entrada na Wikipedia, a enciclopedia libre en internet, se queres modificar ou ampliar a información, visita o apartado en: gl.wikipedia.org/wiki/Ateneo_Ferrolán

A Galipedia é a versión en galego da Wikipedia. Este é un proxecto internacional feito por voluntarios e voluntarias, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a toda persoa interesada en contribuír.

10 xaneiro 2008

“EL VERDUGO” de Luis García Berlanga

O Ciclo "A Censura e o cine español", proxectará o Martes 15 de Xaneiro às 19:00hs.

EL VERDUGO” de Luis García Berlanga (1963)

Intérpretes: José Isbert, Nino Manfredi, Emma Penella, José Luis López Vázquez, Ángel Álvarez, María Luisa Ponte, María Isbert, Julia Caba Alba.
Duración: 87 min.
Sinopse: Jose Luis empregado nunha funeraria está a pensar en emigrar a Alemaña para converterse nun bo mecánico. Namorado de Carmen, filla de Amadeo, un administrador de xustiza, que parece ter solucións para todo, será sorprendido con ela na intimidade, polo que se vén obrigados a casar. Ante a afogante falta de medios económicos e a necesidade de buscar un piso, Amadeo convence a Jose Luis para que solicite a praza de vacante que quedará libre trala súa xubilación.

Entrada Gratuita

08 xaneiro 2008

En xaneiro, Ciclo de Cine “A CENSURA E O CINE ESPAÑOL”

As proxeccións terán lugar todos os MARTES ás 19hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.

8 de xaneiro: “SURCOS” de José Antonio Nieves Conde (1951)

Intérpretes:
Luis Peña, Maruja Asquerino, Francisco Arenzana, Marisa De Leza, Félix Dafauce, Francisco Bernal, Félix Briones, Rafael Calvo Revilla, Montserrat Carulla, Chano Conde, Ramón Elías, Casimiro Hurtado, Pilar Sirvent, Marujita Díaz

Duración: 89min.

Sinopse:
A familia Pérez trasladase dende o campo a Madrid coa esperanza de mellorar a súa vida. Sen embargo, a cidade tampouco lles ofrecerá unha vida máis fácil. Manuel, o pai, atopará traballo nunha fundición. Pepe, o maior dos fillos, dedicarase a turbios asuntos relacionados co estraperlo. Manolo o menor atopará traballo como chico dos recados e a Tonia, a irmán, lle buscarán traballo de asistenta.

05 xaneiro 2008

IV Exposición Colectiva de Artes plásticas en pequeno formato

Do 14 de decembro de 2007 ao 15 de xaneiro de 2008

Inauguración:
  • Venres 14 de xaneiro ás 20hs.
Horario de visitas:
  • De luns a venres de 11hs. a 13:30 e de 17hs. a 21hs.
  • Sábados de 10:30hs. a 13:30hs.
Coa vocación de continuidade coa que comezamos no ano 2004 esta mostra de artes plásticas en Pequeno Formato para os socios e socias deste Ateneo Ferrolán, e dada a resposta de participación, é o desexo de tod@s, conseguir perpetuala de forma institucional.

No nome da Xunta Directiva, a visitantes e expositores, o noso agradecemento.

PARTICIPANTES ANO 2007-2008
TERESA ALONSO
ANXO ALVAREZ
MERCEDES ÁLVAREZ
CAROLINA FERNÁNDEZ
JUAN GALDO
PACO OTI
LUÍS RAPELA
RICARDO RILO
MERCEDES ROMERO
FERNANDO SÁNCHEZ CHAPELA
GUADALUPE SILVA
SPELA TROBEC

04 xaneiro 2008

IV Sesión Vermú no Ateneo Ferrolán

O Colectivo Opaíí! organiza para este SÁBADO 5 de Xaneiro de 2008, a partir das 12:00 do mediodía, no Ateneo Ferrolán, a 'IV Sesión Vermú'.

Nesta ocasión contaremos coas actuacións en directo dos artistas ferroláns:



Haberá petiscos de balde pra @s asistentes e pra acompañalos, un estupendo vermú.
A 'IV Sesión Vermú' terá formato radifónico, sendo retransmitida en directo pola radio libre e comunitaria, Radio FilispiM, 93.9 FM.

A entrada será libre e gratuita, e alí estaremos até que o corpo aguante (ou se remate o vermú).

30 decembro 2007

Memoria de actividades do ano 2007

BIBLIOTECA – HEMEROTECA :
Atención ao público ( 5 días á semana) por unha profesional titulada.
  • FONDO LIBROS: 7.700
  • REVISTAS: 290 Cabeceiras
  • PERIÓDICOS: 106 Cabeceiras
  • FILMOTECA: 351
  • FONOTECA: 115
  • Subscrición diaria a: Diario de Ferrol, La Voz de Galicia, El País, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra, El Mundo, La Opinión, Público.
  • Convenio con a Universidade da Coruña (Campus Ferrol):Prácticas de alumnos e alumnas da escola de biblioteconomía

EXPOSICIÓNS:
  • Instalación de LAIS
  • Pinturas de SPELA TROBEC
  • Fotografías de ALBA LEAL
  • Pinturas de LUCRECIO OTEIZA
  • Pinturas de CONCHI GRANULLAQUE
  • Exposición Patrimonio Ateneo Ferrolán “MULLER”
  • IV EXPOSICIÓN ARTES PLÁSTICAS PEQUENO FORMATO PARA SOCIOS e SOCIAS
  • 17º Certame fotográfico "MEDIO AMBIENTE"
    Exposición de 50 fotografías seleccionadas das presentadas ao certame.
  • Vidro de MARÍA FARIAS
  • Fotografías de ALBERTE COUTO
  • Pinturas de RICARDO RILO
  • Fotografías de VICTOR RIVERA JOVE/ELOY TABOADA
  • Pinturas de RAMIRO MARRODÁN
  • Esculturas de AGUSTÍN RUÍZ DE ALMODOVAR
  • EXPOSICIÓN PERMANENTE FONDOS PROPIOS VARIOS ARTISTAS
    (A importancia da presenza dos artistas ferroláns no patrimonio do Ateneo Ferrolán)
    Segura Torrella, Carmen Chacón, Manuel Patiña, González Collado, Jorge Llorca, Garaizábal, Morquecho, Laxeiro, Correa Corredoira, Juan Galdo, Mª Manuela, Carlos Villaamil, Xan Xosé Braxe, José Leyra Domínguez, Tomás Barros, Juana Prieto, Ricardo Pena, Luis Jaime, Spela Trobec, Luis Rapela ...

CONFERENCIAS – MESAS DEBATE:
  • Simposio internacional POBRE MUNDO RICO (Outubro-Novembro)
  • Xornadas sobre mobing (Acoso no Traballo)
  • Presentación Libro Fundación Federico Engels
  • Día das letras galegas (17 maio)
  • A Memoria Histórica da Galiza
  • Conferencia embaixada de Israel
  • Conferencia sobre Carvalho Calero

CONCURSOS – CERTAMES PROPIOS do ATENEO:
  • XVII Certame fotográfico “MEDIO AMBIENTE”: Anual (17 anos)
  • XVII Concurso de gaita galega “CONSTANTINO BELLÓN”: Anual (17 anos)
    Nova Dimensión no ano 2007
  • IV Certame de Teatro Infantil e Xuvenil “ATENEA”: Anual (4 anos)
  • XX Xornadas da Gaita: Anual (20 anos)
  • VII Xornadas de Curtametraxes: Anual (7 anos)

ASEMBLEAS – REUNIÓNS (Outras entidades):
  • A Escola da Vaca
  • IU-EU
  • Fuco Buxán
  • Consello Sectorial da Muller
  • ADEGA
  • ACOF
  • Mercado da Magdalena
  • AA. VV.
  • Sindicato de periodistas
  • Marcha Mundial das Mulleres
  • SGHN (Sociedade Galega de Historia Natiural)
  • AMICOR
  • Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol
  • Unión Libertaria
  • Asociación BRIGA
  • PSOE
  • Asoc. Cult. Xubilados da Administración Pública
  • Plataforma Ártabra 21
  • AGACANT
  • Defensa Montes de Brión
  • Defensa Carballeira de Menáncaro
  • Cooperativa Xoaniña
  • Colectivo OPAII
  • Fundación Federico Engels
  • Fundaçom Artábria
  • Asociaçom Galega da Língua
  • Cofradía de Dolores
  • Círculo Racinguista
  • Colectivo GALENTENDO

ENCONTROS:
  • Club de lectura dirixido por ANXELES SEOANE: Mensal e promovido polo Ateneo
  • CIRPÉN (Círculo de pensamento): Mensal e promovido polo Ateneo
  • Grupo de poetas: Semanal
  • Colectivo OPAII: Semanal
  • Mércores de tertulias: Semanal e promovido polo Ateneo
  • Club AMICOR: Mensal
  • Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol
  • Recitais Poéticos

MÚSICA - LIBROS - CINE:
  • Martes de Cine do Ateneo
  • Cine Colectivo OPAII
  • Xornadas de Curtametraxes
  • Presentacións de libros
  • Concertos
  • Cine do colectivo de poesía “GRUPO AVALÓN”
  • III Sesión Vermú no Ateneo
  • Presentación das pezas gañadoras do concurso de composición “CONSTANTINO BELLÓN”

PUBLICACIÓNS:
  • Revista “ATENEA”: Trimestral
  • Cadernos do Ateneo Ferrolán: Anual. “FERROL, CIDADE DA ILUSTRACIÓN”
Reparto gratuito para socios, socias, entidades culturais e bibliotecas.


RELACIÓNS INTERNACIONAIS CON OUTROS ATENEOS:
  • O Ateneo Ferrolán está asociado e é membro da directiva (Vicepresidencia) de AIFA.
  • O Ateneo Ferrolán é membro da Asociación Española de Ateneos.
  • O Ateneo Ferrolán participa nos encontros anuais, nacionais e internacionais de Ateneos.

28 decembro 2007

CONCERTO NADAL CORO “A XUNQUEIRA”

SÁBADO: Día 29 ás 20 horas

CONCERTO NADAL CORO “A XUNQUEIRA” de Perlio
No ano 1983, coincidindo co Día das Letras Galegas comezou por iniciación dun grupo de socios do Centro de Promoción Social de San Valentín no Concello de Fene, o que actualmente é a Coral de San Valentín, sendo o seu director D. Antonio Illobre Toimil facendo a súa presentación e a súa primeira actuación.
Dende 1990 está a cargo como director D. Sergio Bernal Fuster, A Coral de San Valentín conta actualmente con 35 compoñentes.

REPERTORIO: CON SABOR TROPICAL, MARUXIÑA, OJOS DE ESPAÑA, VIVO POR ELLA, LA PALOMA, CAMPANAS DE NAVIDAD, ADESTE FIDELIS, UNHA ESTRELA VEU DO CEO, PEREGRINO DE LA NOCHE.

18 decembro 2007

ACTIVIDADES CULTURAIS da SEMANA do 17 ao 21 de decembro no ATENEO FERROLÁN

LUNS: Día 17 ás 20 horas
PRESENTACIÓN Nº 23 da REVISTA RAZÓN SOCIALISTA:
"POLA REXENERACIÓN DA ESQUERDA"
Organiza: Asociación Cultural FUCO BUXAN

MARTES: Día 18 ás 19 horas
MARTES DE CINE: "CAMINO A GUANTÁNAMO" (2006)
MICHAEL WINTERBOTTOM e MAT WHITECROSS
CICLO FESTIVAL DE CINE BERLIN

MÉRCORES: Día 19 ás 19:30 horas
ASEMBLEA do PSOE

XOVES: Día 20 ás 20 horas
PRESENTACIÓN LIBRO "SELECCIÓN GALEGA DE FÚTBOL"
Organiza: CÍRCULO RACINGUISTA

VENRES: Día 21 ás 19 horas
CINE: “STONEWALL”
Organiza: Colectivo GALENTENDO.

EXPOSICIÓNS:
Do 5 ao 29 de decembro
ESCULTURAS de AGUSTÍN RUÍZ DE ALMODÓVAR
(Sala de Exposicións 2ª planta)

Do 14 de decembro ao 11 de xaneiro
IV EXPOSICIÓN COLECTIVA
ARTES PLÁSTICAS “PEQUENO FORMATO” 2007
(Sala de Exposicións 1ª planta)

05 decembro 2007

Exposición: Agustín Ruiz de Almodóvar


Exposición de esculturas de Agustín Ruíz de Almodovar, do 5 ao 29 de decembro na Sala de Exposicións da 2ª planta do Ateneo Ferrolán.

19 novembro 2007

VII Xornadas de Curtametraxes



VII XORNADAS DE CURTAMETRAXES
Ateneo Ferrolán 2007

Os días 26, 27 e 28 de decembro, levaranse a cabo no Ateneo Ferrolán ás SÉTIMAS XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral, aquí tedes o programa do que serán estas XORNADAS.

Día 26 de decembro ás 19 horas

ESCOLA DE IMAXE E SON DE VIGO


“SUEÑOS” Curtametraxe Ficción (Castelán)
  • Duración: 13'
“CADEA PERPETUA” Curtametraxe Ficción (Galego)
  • Duración: 11'
“PAN E CIRCO” Curtametraxe Ficción (Galego)
  • Duración: 12'
“LÁGRIMAS DE SANGRE” Curtametraxe Ficción (Castelán)
  • Duración: 11'
“OCTOPUS TO THE PARTY” Curtametraxe Ficción (Galego)
  • Duración: 10'
“TOSCA” Curtametraxe Ficción (Castelán)
  • Duración: 6'
“24 HORAS DESPUES” Curtametraxe Ficción (Castelán)
  • Duración: 6'
“360” Curtametraxe Ficción (Castelán)
  • Duración: 6'
“ESPERANZA PARA VIVIR” Curtametraxe Ficción (Castelán)
  • Duración: 12'

Día 27 de decembro ás 19 horas

ABELARDO RENDO

“AS FAROLAS” Curtametraxe Comedia (Galego)
  • País e ano: Galiza (2007)
  • Duración: 17`
  • Intérpretes: MARÍA MUNIN, ANTONIO VÁZQUEZ, FINA GUITIÁN, HIXINIO RODEIRO, ELIANA MARTÍNS, ELSA BARCALA, JESÚS MERA, INÉS BOUZÓN, MIGUEL DE LIRA, PATRICIA REI, PEPE PENABADE, MARÍA GAITEIRO, ALFONSO ROMEO, CARMEN DE LA FUENTE, LUÍS ZAHERA, BREOGÁN VÁZQUEZ, XAN CURIEL, FRANCISCO COLLANTES, COMBA CAMPOY, ANTÓN VÁZQUEZ, SARA GONZÁLEZ.
  • Sinopse: Unha xornalista que presenta reportaxes de investigación desprázase a un concello do rural (Revosende) para investigar o fenómeno polo cal unha simple farola é quen de decidir a Alcaldía. A súa hipótese é que o alumeado público é algo máis que un servizo público: a corrupción, o clientelismo e a cacicada están presentes de cheo.

MARÍA G. SALVATIERRA

“O ELIXIDO” Curtametraxe (Galego)
  • País e ano: Galiza (2007)
  • Duración: 10`
  • Intérpretes: ELINA LUACES, LUISA MERELAS, YOLANDA MUÍÑO, SUSO LISTA, RAFA DURÁN, ANXO CARVAJAL E SANTI PREGO.
  • Sinopse: A curta comeza coa morte dun párroco nunha aldea remota de Galicia. Tres beatas, sen educación nin formación ningunha e desesperadas pola morte do seu cura, deciden facer un casting para atopar a outro que lles de a misa. Á proba preséntanse un rapaciño ionqui que non sabe que facer da súa vida, un señor en paro na procura dun oficio estable como o do sacerdocio, e por ultimo un rapaz que quere ser famoso.

MIGUEL ANGEL MERA, JUAN GARCÍA e JORGE MARTINEZ


“GERVASIO Vs. YAKUZA” Curtametraxe Ficción (Castelán)
  • País e ano: Galiza (2007)
  • Duración: Capítulo I 15` - Capitulo II 26`
  • Intérpretes: MIGUEL ANGEL MERA, JUAN GARCIA, JORGE MARTINES, DANIEL ROMERO, JACOBO PELETEIRO, DANIEL FERNÁNDEZ.
  • Sinopse: (Cap..I)A filla do avogado Sir Johan Iceberg é secuestrada por parte da Yakuza, nun intento por dividir en dous o imperio da Keyser Corps. Gervasio un policiía da vella escola, tentará de salvar á nena pòñendo en xogo a súa vida e a súa honra.(Cap..II) Xa expulsado do corpo e consumido polas drogas, Gervasio non da por finalizada a súa búsqueda, afundíndose cada vez máis e sen sabelo na enmarañada tea na que está atrapado. A vinganza nunca acaba.

DAVID VÁZQUEZ e MANEL VÁZQUEZ

“EMPANTANADOS” Curtametraxe (Galego)
  • País e ano: Galiza (2007)
  • Duración: 15`
  • Intérpretes: MIGUEL DE LIRA, CLARA VÁZQUEZ, FERNANDO MORÁN, VÍCTOR TATO, CHICHO CARBALLIDO, IVÁN GONZÁLEZ.
  • Sinopse: Un pobo ameazado polas augas dun embalse, todo desaparece menos as lembranzas ...

EDU LAVANDEIRA


“PIOJOS” Curtametraxe Comedia (Galego)
  • País e ano: Galiza (2006)
  • Duración: 12,30`
  • Intérpretes: XOÁN VEIRO, ANTÓN GIRÓN, DAVID CASTIÑEIRAS, EDU IGLESIAS (MONDONGO).
  • Sinopse: Piojos, insectos parasitos, sen alas, de corpo deprimido e abdome alongado. Ollos grandes, pico curto, patas robustas e espiñas fortes. Habitantes do cabelo humano. Viven do sangue do individuo parasitado.

Día 28 de decembro ás 19 horas

RAÚL GARCÍA, ELENA GÓMEZ, MARCOS MÉNDEZ, JORGE MOSQUERA, MARTINA PÉREZ e EVA REY


“EN EL ARMARIO” Curtametraxe (Castelán)
  • País e ano: España (2007)
  • Duración: 5`
  • Intérpretes: LUIS ZAHERA, ISABEL BLANCO, MONTI CASTIÑEIRAS, JAVIER GUTIÉRREZ.
  • Sinopse: Rodrigo quere conservar unha relación que pasa por una situación delicada. Pero tal vez a única solución sexa "saír do armario".
“PUNTO KILOMÉTRICO 406” Curtametraxe (Galego)
  • País e ano: España (2007)
  • Duración: 9,25`
  • Intérpretes: ESTELA RODRÍGUEZ, RAÚL GARCÍA.
  • Sinopse: Unha muller intenta fuxir do seu destino. Destino xa escrito.

MARCOS MÉNDEZ e EVA REY

“NON RETORNABLE” Curtametraxe 3D (Galego)
  • País e ano: España (2007)
  • Duración: 2`
  • Sinopse: John Doe, un astronauta estadounidense pouco estilizado, chega ao planteta Sogama con intención de conquistalo. Porén, a necesidade de aliviar a súa apretada vexiga faino caer na trampa deste planeta tan particular.

RAÚL GARCÍA e MARTINA PÉREZ

“O CRILO” Curtametraxe 3D (Galego)
  • País e ano: España (2007)
  • Duración: 2`
  • Sinopse: Un grilo camiña pola vía do tren sen percatarse do perigo que se aveciña.

JUAN ANTONIO BAYONA

“EL HOMBRE ESPONJA” Curtametraxe Drama (Castelán)
  • País e ano: España (2002)
  • Duración: 20`
  • Intérpretes: ZOE BERRIATÚA, GRÁCIELA MORAIS, CARLOS RAJA, ANDRÉS GERTRUDIX.

PEQUE VARELA

“CARPEOPLE (Xentecoche)” Curtametraxe animación
  • País e ano: Inglaterra (2005)
  • Duración: 1`
  • Sinopse: Ensaio do noso comportamento detrás do volante.
“PHACE” Curtametraxe animación
  • País e ano: Inglaterra (2005)
  • Duración: 1`2``
  • Sinopse: Unha breve mirada a sentimentos atrapados.
“1977” Curtametraxe animación
  • País e ano: Inglaterra (2007)
  • Duración: 8`15``
  • Sinopse: Unha pequena cidade, un nó que medra e unha nena buscando a súa identidade.