BASES: As entidades
Ateneo Ferrolán e
Caixa Nova convocan o
VI CERTAME DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL “ATENEA” 2008, dirixido a Centros de Ensino, Entidades ou Sociedades Culturais que teñan sección infantil ou xuvenil de actividades, coa fin de promover entre eses primeiros segmentos da nosa cidadanía o interese, afección e amor ás letras e á representación escénica.
PARTICIPANTESPoderán participar e optar ós premios que se establecen tódolos grupos teatrais, non profesionais, vencellados a Colexios Públicos e Privados, a Sociedades Culturais ou Veciñais, que se correspondan coas categorías que se establecen nestas bases.
CATEGORÍASEstablécensecatro categorías para a participación neste Certame:
- a) Grupos de Teatro Infantil
- b) Grupos de Teatro Primaria
- c) Grupos de Teatro Xuvenil
- d) Educación Especial
A idade límite para participar como actor ou actriz será de 20 anos, salvo nos casos excepcionais que serán valorados polo xurado.
CONDICIÓNS BÁSICAS- a) Cada grupo participante só poderá presentar ao certame unha obra.
- b) A duración da representación de cada obra estará entre 20 e 75 minutos.
- c) Haberá unha distinción especial para aqueles grupos que presenten unha obra inédita.
PLICASTódolos grupos que queiran participar deberán envia-las súas solicitudes ao
Ateneo Ferrolán:
- Enderezo: Rúa Magdalena, 202-204, 1º. Aptdo. 303. CP 15402 – Ferrol.
- Apdo. Correos: 303 Ferrol
- E_mail: a_ferrol@teleline.es
Nas solicitudes farán constar os seguintes datos: nome do colexio ou entidade e persoa responsable cos datos correspondentes ao grupo presentado (nome do grupo, nome da obra, número de actores e idades, duración da obra e espazo necesario).
PRAZOO prazo de presentación para a participación no Certame remata o
22 de febreiro de 2008. Co gallo de facilita-la asistencia e traballo do xurado, xunto coa solicitude deberá achegarse unha copia do texto da obra. Os grupos, optativamente poderán presentar unha gravación da obra en formato DVD.
REALIZACIÓNA representación das obras, na súa primeira fase, terá lugar nos meses de marzo, abril e maio do 2008, dentro dun programa que estará en función do número de participantes. O xurado fará unha selección de DOUS grupos nas categorías A, B e C, así como na categoría D haberá un só grupo seleccionado. O xurado valorará en cada representación os seguintes apartados:
- a) Mellor posta en escena
- b) Mellor representación
XURADOO Xurado será nomeado, de mutuo acordo, entre o
Ateneo Ferrolán e
Caixa Nova.
PREMIOSDos grupos finalistas, como parte do premio, poderán ser seleccionados para unha representación o día da entrega de premios nun lugar a determinar pola organización. Tamén recibirán unha cantidade en metálico, igual para todos polo importe de
douscentos cincuenta euros (250Є) que deberán ser destinados á adquisición de materiais para a formación e promoción das artes escénicas.
ACEPTACIÓN DAS BASESA presentación a este concurso supón a plena aceptación destas bases. Tódolos imprevistos non contemplados nelas, serán resoltos polo xurado sen ningún tipo de apelación.