Buscar neste blog

Síguenos en...

04 outubro 2016

Presentación Documental: "100 anos de Escola Obreira Ferrol". Xoves 20 de outubro ás 19,30 h.



Actos do Centenario da Escuela Obrera de Ferrol

O xoves día 20 de outubro ás 19,30 h. terá lugar no Ateneo Ferrolán 
a presentación do documental "100 años de Escuela Obrera Ferrol"

Neste ano cúmprense 100 anos da inauguración do edificio que sería sede da escola ata 1976, polo que, dende Navantia, montouse unha comisión para organizar unha serie de actos conmemorativos que terán lugar entre o 15 de setembro e o 21 de outubro. 

Os actos incluirán unha exposición temporal, a edición dun libro conmemorativo de autoría múltipla, a presentación dun documental, a celebración dun ciclo de conferencias e un acto musical de clausura.

No centenario desta efeméride, Navantia quere recuperar a memoria desta escola, que encheu un baleiro no ensino primario da bisbarra, educando a milleiros de fillos de operarios do estaleiro.

Ademais, funcionou nos máis dos casos como primeiro paso da oferta formativa da factoría, que continuaba coa Escola de Aprendices, enfocada a converter a estes mesmos nenos en operarios navais.

Organizan: Navantia e Exponav      Colaboran: Concello de Ferrol e Ateneo Ferrolán

Enlace ao programa completo de actos:

03 outubro 2016

Queres expoñer no Ateneo?

O Ateneo Ferrolán, querendo acadar un mellor xeito de colaboración e apoio á difusión das diferentes formas de expresión artística, pon a vosa disposición as súas Salas de Exposicións.

De estar interesado/a, pregámoste te poñas en contacto con nós:

  • E-mail: secretaria@ateneoferrolan.org
  • Telf.: +34 981 357 970
  • Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204.
  • CP.15402 - FERROL (A Coruña)

Sala de Exposición do Ateneo Ferrolán



Estas son as Bases para a utilización das salas.

1) PERIODICIDADE. Deberán transcorrer, cando menos, dous anos dende a anterior mostra individual presentada polo autor na Sala de Exposicións do Ateneo Ferrolán e un ano de expoñer en calquera sala desta localidade.

2) SALA DE EXPOSICIÓNS. A cesión da Sala e as horas de visitas do público serán os establecidos polo Ateneo Ferrolán.

3) MATERIAL IMPRESO.
Terá que estar en galego e debe figurar o logotipo do Ateneo Ferrolán co enderezo, teléfono e demais referencias. O deseño terá que ser entregado con antelación, 15 días antes da exposición, no Ateneo Ferrolán para a súa aprobación.

4) MONTAXE E DESMONTAXE. A exposición deberá ser montada e retirada polo autor ou persoa autorizada por el, adaptándose ás datas e horarios marcados polo Ateneo Ferrolán. O Ateneo achegará unha persoa que colaborará neste traballo.
  • a) A Sala concédese nas condicións de instalacións nas que se atopa, non autorizándose ningunha modificación que conleve alteracións na súa estructura.
  • b) Os gastos de transporte e embalaxe da obra serán por conta e risco do autor.
  • c) O Ateneo Ferrolán velará pola conservación das obras, non responsabilizándose, en ningún caso dos posibles danos ocasionados por perda, destrucción ou deterioro que poidan ocasionarse durante o traslado ou permanencia na Sala.
5) CONCESIÓN. A Sala concédese por un prazo máximo dun mes. Unha vez coñecida a obra a expoñer, o Ateneo resérvase o dereito a retirar parte ou totalidade desta, sempre que se considere que esta non reúne os mínimos de calidade para a súa exposición pública.

6) REFERENCIAS PROFESIONAIS. O solicitante deberá de achegar con este documento un dossier no que incluirá o currículum vítae, material impreso doutras exposicións, recortes de prensa e fotografías dalgunhas das obras a expoñer ou obras recentes.

7) DOAZÓN. O autor, previo acordo coa entidade, comprométese a doar unha obra da mostra realizada que pasará a formar parte do Patrimonio da Entidade.

A SINATURA DO PRESENTE DOCUMENTO IMPLICA A ACEPTACIÓN DE TODAS E CADA UNHA DAS CONDICIÓNS INCLUÍDAS NEL.

Taller de Teatro de Sombras: Xoguemos coas sombras. Sábado día 8 de 11 h. a 13 h.

Taller de Teatro de Sombras: Xoguemos coas sombras.

Imparte: José Diego Ramírez

Sábado día 8 de outubro de 11 a 13 h. no #AteneoFerrolán

Aberto o prazo de inscrición.
Para nenos e nenas a partir de 3 anos

Prezo persoa: 6 € (inclúe material)

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1782977585293811/

22 setembro 2016

Asemblea Xeral Ordinaria do Ateneo. Luns día 10 de outubro ás 19,30 h.


Ferrol 21 de setembro de 2016


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Benquerido socio e socia:

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o luns día 10 de outubro de 2016 ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda, cun único punto na Orde do Día tal e como aprobouse na anterior Asemblea Xeral no seu punto 4 (Punto 4 - Pasados seis meses desde esta asemblea sen proclamarse xunta directiva algunha, convocarase unha Asemblea Ordinaria para a primeira quincena de outubro de 2016 para renovar ou revogar a confianza na xunta xestora actual).


ORDE DO DÍA


1.- Renovación ou revogación da Xunta Xestora.


Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,



A Xunta Xestora do Ateneo

20 setembro 2016

[Actividade para socios e socias] O Ateneo en ruta ... 100 Anos Escuela Obrera Ferrol

O Ateneo en ruta...

Visita Guíada á exposición “100 Anos Escuela Obrera Ferrol” 

Mércores, 5 de outubro de 2016 ás 18 horas.

Anotarse antes do 3 de outubro en www.goo.gl/F2Rpcc




- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Datos da actividade:

Visita Guíada á exposición “100 Anos Escuela Obrera Ferrol” 
Colabora: Navantia-Exponav
Prezo: De balde

Data da actividade: Mércores, 5 de outubro de 2016
Hora de comezo: 18:00 
Duración previsible: 60 minutos

Lugar de encontro: Sala Carlos III - Exponav (Ferrol)

Número de participantes: 10 mínimo / 25 máximo
Inscrición: Do 20 de setembro ao 3 de outubro de 2016

Formulario de inscrición: www.goo.gl/F2Rpcc

Normas completas de “O Ateneo en ruta”: www.goo.gl/vuUlkv

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -


Charla do fotógrafo David Martínez Lombardía. Sábado 24 de setembro ás 20,30 h.



Charla do fotógrafo David Martínez Lombardía 
Sábado 24 de setembro ás 20,30 h. no Ateneo Ferrolán
Organiza: Expofoto Galicia. Entrada libre e gratuíta


David Martínez Lombardía (Santiago de Compostela), acaba de asinar o seu primeiro contrato fotográfico en USA.
Na súa visita a Ferrol, ademais de ensinarnos o seu (impresionante) traballo fotográfico, quere dar unha inxección de ánimo a todos os que se dedican ou lles gusta calquera disciplina artística.
Vémonos!

https://www.flickr.com/photos/davidmlombardia/

30 agosto 2016

Exposición: "Escultura en ferro" de Manuel A. Méndez. Do 1 ao 30 de setembro


Exposición "Escultura en ferro" de Manuel A. Méndez 
nas salas de exposicións do Ateneo
do 1 ao 30 de setembro


Manuel Ángel Méndez Bellón é un escultor de Narón.

Desde 1992 realiza esculturas en ferro que combina con madeira, cemento etc. Utiliza ferros, aceiros e varios tipos de soldadura (electrodo, óxido-acetilénica, Mig).

2003
- Obra seleccionada exposición VIII certame de arte “Galería Burela” -Lugo 
- Accésit en el “Certame Galego de Artes Plásticas Xuventude" 

2004.
- Obra seleccionada exposición IX certame de arte “Galeria Burela” -Lugo-

2005
- Obra seleccionada exposición “Artxove”, Pontedeume
- Obra seleccionada X certame de arte “Galería Burela” –Lugo. - Exposición “Unha obra unha mirada”, Concello de Cerdido,

2006
- Obra seleccionada exposición “Artxove”, Pontedeume
- Obra seleccionada XI certame de arte “Galería Burela”
- Exposición “Novos creadores” C.C. Odeón, Narón
- Exposición en la galería de arte “Moluarte” , Cedeira

2007
- Obra seleccionada exposición “Artxove”, Pontedeume
- Obra seleccionada XII certame de arte “Galería Burela”
- Invitado “XXV Mostra de artesanía O Couto” , Ponteceso

29 agosto 2016

Cursos de Fotografía no #Ateneo. Imparte Brais Gen.


Cursos de Fotografía no #Ateneo. Imparte Brais Gen.

¡Reserva a túa praza! 

  • "Paixase urbán" os días 15 e 16 de setembro de 17 a 20 h.
  • "Retrato + Obxeto" os días 22 e 23 de setembro de 17 a 20 h.

24 agosto 2016

Exposición de Libros "Reciclar Cultura"



Exposición de Libros "Reciclar Cultura"
na Biblioteca - Hemeroteca do Ateneo

Recinor (Reciclaje de Inertes del Noroeste S.L.) inaugurou na Biblioteca-Hemerotecaa exposición de libros “Reciclar Cultura” que vai estar no Ateneo Ferrolán. 

Dita mostra é parte da doazón de libros que a empresa regalou a esta entidade recuperados dos contedores de entullos que chegaron a nosa planta de reciclaxe, máis de 2.500 libros.

Entre os libros que se poderán ver na exposición hai obras dos séculos XVIII e XIX de Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro (Casdemiro, Ourense,1676 - Oviedo, 1764). 

Á presentación acudiu o Alcalde Jorge Suárez Fernández, o concelleiro de cultura e educación Suso Basterrechea López, o director de "JRilo" José Rilo González-Vallés e o traballador que fixo posible esta iniciativa Manuel Piñón Pérez, ademáis da Xestora do Ateneo Ferrolán.

Artigos relacionados:

Sobrevivir a unha demolición e ao esquecemento. Libros cunha segunda vida.

Piñón recuperou en cinco anos máis de 2.500 libros (foto: I.C.)
http://www.ferrol360.es/sobrevivir-a-unha-demolicion-e-ao-esquecemento-libros-cunha-segunda-vida/


Tesoros ocultos entre escombros

Foto: José Pardo

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2016/07/06/tesoros-escondidos-escombros/0003_201607F6C2992.htm


Un ejemplar casi único en el mundo


                                                                                                                Foto: José Pardo

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2016/07/06/ejemplar-unico-mundo/0003_201607F6C2995.htm

22 agosto 2016

Exposición Venta Solidaria: "Merca un cadro e colabora co Ateneo Ferrolán"


Durante todo este mes teremos expostos na entrada do ‪#‎Ateneo‬ 
unha serie de 6 cadros (que variaremos mensualmente) doados solidariamente por divers@s artistas.

Pásate!!! Merca un cadro e colabora co Ateneo Ferrolán !!!!

Artistas Solidarios Participantes desta iniciativa:

Alejos, Alfonso Costa, Alfredo Erias, Alicia Seoane, Angeles Jorreto, 
Anna M. Constanseu, Antón Sobral, Anxo Alvarez, Carlos Pereira Martínez, 
Carmela Cagiao, Carmen Martín, Carolina Martínez, Celestino Poza, Delio Sánchez, Edu Pereira, Emilio Celeiro, Enrique Castro Piñeiro, Fátima Fernández, Fernando Ocampo, Fernando Maceira, Isabel Pintado, Luis Mazorra, Luis Rapela, María Piensos, María Vilanova, M.ª Luisa Rojo-Novais, M.ª José Leira, Miguel Anxo Varela, Miguel Navarro Salinas, Noemí Lorenzo Pérez, María Leal, Teresa Candal, Teresa Fagiras, Pedro Perico, Ramón Astray, Raquel Castro Torrado, Rosa Guisán, Spela Trobec, Victor Rey Grande e Xaquín Marin.

No facebook: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/

13 agosto 2016

Presentación das VI Xornadas "Memoria dun tempo". Martes 16 de agosto ás 20,30 h.


Cita coa Historia este martes 16 de agosto ás 20,30 h. no ‪#‎AteneoFerrolán‬.
Presentación das VI Xornadas "Memoria dun tempo" 
da asociación Nordés (Ortigueira - Mañón - O Vicedo)

.- Presentación das xornadas
.- Reposición do documental "Ferrol 1936" de Jorge Gil
.- Mesa redonda sobre a importancia de Ferrol durante a Guerra Civil, tanto como base naval como centro represivo. 
Participan: Bernardo Maiz, Rafael Permuy. Modera: Eliseo Fernández

01 agosto 2016

Presentación Revista "Ollaparo". Venres día 5 de agosto ás 18 h.



A revista "Ollaparo" presentarase por primeira vez á cidadanía ferrolá
o venres 5 de agosto de 18 a 20 h no Ateneo Ferrolán.

Coas intervencións de:

Gabriel Beceiro
coordinador e editor da revista Ollaparo
Fernando Igrexas
parceiro fundador de Ollaparo
Rafael Cid
xornalista e colaborador

Lugar: Ateneo Ferrolán, rua da Magdalena 202 Ferrol
Data:05.08.2016 18:00h

Ollaparo, coa lenda "Revista da Sociedade Cultural Chirlateira", é unha revista de información, opinión e criazón redactada integramente en galego e fundada en Cedeira (Galiza) en 1984 co obxectivo de revitalizar, dende unha perspectiva local, o pensamento crítico e os estudos cedeirenses logo da ditadura franquista, con especial atención á memoria histórica, á normalización lingüística e á recuperación cultural. O deseño integral de cada portada por un ilustrador foi un dos seus sinais de identidade. Publicouse de forma irregular dende 1984 a 1999 en Gráficas Paramés e Gráficas Adral e dende 2011 ten formato dixital.

http://ollaparo.gal/2016/06/12/ollaparo-presentarase-no-ateno-ferrolan-o-5-de-agosto/

14 xullo 2016

Exposición Venta Artistas Solidarios co Ateneo. Do 16 ao 30 de xullo no "Bar Sevilla"


Exposición Venta Artistas Solidarios co Ateneo 
do 16 ao 30 de xullo no "Bar Sevilla" (Galiano nº 20, Ferrol)

Poderás adquirir obras de artistas solidarios co Ateneo Ferrolán 
e así colaborar con esta entidade centenaria como:

Alfonso Costa, Anxo Alvarez, Carlos Pereira Martínez, Carmen Martín, Carolina Martínez, Celestino Poza, Delio Sánchez, Edu Pereira, Inma Doval, Luis Rapela, María Piensos, M.ª Luisa Rojo-Novais, María Leal, Pedro Perico, Raquel Castro, Rosa Guisán, Spela Trobec, e Xaquín Marin.


Ademáis haberá unha Sesión Vermú na inauguración 
o sábado 16 ás 13 h. amenizada polo grupo "A culpa foi de Lolo" 
e na clausura o sábado 30 de xullo un acto de poesía e música.