Buscar neste blog

Síguenos en...

23 novembro 2016

III Xornadas de Documentación do Ateneo. Xoves día 1 e venres día 2 de decembro ás 17 h.


III Xornadas de Documentación do Ateneo

"Bibliotecas especializadas: experiencias"

O xoves día 1 e venres día 2 de decembro ás 17 h.

As Bibliotecas Especializadas nas III Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán celebrará o xoves 1 e o venres 2 de decembro, a partir das 17.00 horas, na súa sede da rúa Magdalena, as III Xornadas de Documentación «Bibliotecas especializadas: experiencias», presididas polo concelleiro de Cultura de Ferrol Suso Basterrechea.

Como instrumento social, as bibliotecas especializadas proporcionan elementos informativos a investigación (científica, humanística e social), a educación e a formación académica e lúdica en ámbitos sociais moi concretos. Dita contribución merece quedar reflectida en traballos que permitan inferir esas achegas e, a súa vez, expoñer as necesidades e debilidades ás que están comprometidas, polo tanto, afín dos anos anteriores e continuando co propósito de dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan os arquivos, bibliotecas e centros de documentación o Ateneo Ferrolán presenta as III Xornadas de documentación.

A profesora e vicedecana da Facultade de Humanidades e Documentación da UDC, Rocío Ameneiros Rodríguez, impartirá a conferencia inaugural poñendo en contexto o concepto, a tipoloxía e funcións das bibliotecas especializadas e as súas coleccións.

Pola súa banda, Tomás Lagunas Montero, facultativo da Biblioteca do Campus de Esteiro “Casa do Patín” abordará a formación en estratexias na investigación e a formación documental destinada aos estudantes de Fin de Grao e Fin de Máster.

Para rematar o primeiro día das xornadas, Eliseo Fernández Fernández, como responsable da Biblioteca Técnica da “Escuela Antonio de Escaño”, enumerará os servizos que prestan as distintas Bibliotecas da Escola aos alumnos e persoal.

Ao día seguinte, responsables do Centro Público de Educación e Promoción de Adultos (E.P.A.P.U.) do Centro Penitenciario de Teixeiro, relatarán as experiencias da biblioteca escolar como dinamizador da vida académica nun medio penitenciario.

A continuación, Félix Villares Mouteira, director da Biblioteca do Real Seminario de Mondoñedo e do Arquivo Diocesano de Mondoñedo-Ferrol explicará as características dunha das máis importantes bibliotecas do país cun fondo de monumental importancia histórica e patrimonial.

Uxía Gutiérrez Couto pechará as xornadas cunha charla sobre a Biblioteca Virtual do Sistema Público de Saúde de Galicia, a evolución dunha biblioteca hospitalaria presencial a unha biblioteca virtual para os profesionais e usuarios dos servizos públicos de saúde.

As XornadasDOC, que son abertas ao público, finalizan cun coloquio moderado por Fernando Rivera, responsable da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán.

O contexto das XornadasDOC

As XornadasDOC do Ateneo Ferrolán teñen entre os seus obxectivos dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan os arquivos, bibliotecas e centros de documentación.

Máis información


Máis información no sitio web: http://xornadasdoc.ateneoferrolan.org





Fotos: https://www.facebook.com/pg/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/photos/?tab=album&album_id=1778400312415948

21 novembro 2016

Ferrol en negro contra a violencia machista. Venres #25N Proxección "Ladybird, ladybird" ás 19 h.



#25N Dia Internacional Contra a Violencia de Xenero

O Ateneo Ferrolán participa da campaña:

"Ferrol en negro contra a violencia machista"

Campaña: http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/

O 25 de novembro foi declarado Día Internacional contra a Violencia cara á muller no Iº Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.

Neste encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.

Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.

En 1999, a ONU deu caracter oficial a esta data

A violencia de xénero é unha secuela que non podemos combater sen a implicación de todas e todos.


O venres dia 25 de novembro as 19 h. no Ateneo Ferrolán 

Proxeccion da pelicula de Ken Loach “LADYBIRD, LADYBIRD”

Ano 1994 Duración 102 min. País Reino Unido
Director Ken Loach

Reparto: Crissy RockVladimir Vega, Ray Winstone, Sandie LavelleMauricio VenegasClare PerkinsJason Stracey

Sinopse: Maggie ten catro fillos, todos de distintos pais e que, debido ao violento ambiente familiar, están a cargo dos servizos sociais británicos. Cando Maggie coñece a Jorge, un refuxiado hispanoamericano, albisca a posibilidade de refacer por fin o seu fogar. Con todo, o seu pasado segue atormentándoa. Unha vez involucrada na burocracia da asistencia social, resultaralle moi difícil conseguir a custodia dos seus fillos, pero Maggie non se dá por vencida.

15 novembro 2016

Presentación do libro «El Fulgor». Xoves 17 de novembro ás 19 h.



Presentación do libro «El Fulgor» 
da autora Magali Rodríguez  
Xoves día 17 de novembro ás 19 h. no salón de actos do #Ateneo

Sinopsis:
«Durante el Baile de Primavera, cuando la paz reina en el Ducado, un incendio devasta la mansión. Una extraña pareja murmura entre cortinajes. El caos corre como la pólvora y no hay escapatoria posible del infierno.
Seis meses antes los engranajes de una armonía confusa encajan mientras la Duquesa se adapta a sus cercanos treinta años. Los gemelos Casio y Owen son incapaces de ocultar el desprecio mutuo. Los hermanos Lisitsa dividen sus caminos y Libelle se preocupa por un secreto que no debería haber descubierto.
La cuenta atrás ha comenzado, ¿cómo se inició el incendio? ¿Quién es el culpable? ¿Quién sobrevivirá?»

Es una novela que mezcla lo fantástico con la ciencia ficción. Una distopía en un mundo perfecto que oculta otra realidad bajo su esplendor.

Sobre mí:
Nací en Buenos Aires, Argentina en 1990, A los 14 años me vine a vivir a España con mi familia y desde entonces vivo en Ferrol. Desde niña siento una auténtica pasión por la literatura. Participé en varios concursos, ganando el concurso de microrrelatos en gallego con el relato "O novo mundo" organizado por el CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro en el que estudio.

Redes Sociales:

"Fotografiar con mal tiempo, un buen momento" de Eduardo Blanco Mendizábal. Venres día 18 ás 20,30 h.



Eduardo Blanco Mendizábal presenta o seu libro 
"Fotografiar con mal tiempo, un buen momento"

o venres día 18 de novembro, ás 20.30 h no Ateneo Ferrolán (Ferrol).
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA.

Esta obra está especialmente indicada para aqueles afeccionados á fotografía que desenvolven a súa actividade ao aire libre e para os apaixonados da meteoroloxía que desexan mellorar a súa técnica fotográfica.

"O autor analiza as diversas condicións atmosféricas e os fenómenos físicos que se producen na natureza (nubes, tormentas, eclipses, néboa, meteoros ópticos, auroras polares, volcáns, terremotos, etc.) e achega consellos prácticos para sacarlles partido. Para iso baséase na súa experiencia como fotógrafo profesional, xa que traballou esta temática durante varios anos visitando lugares como o deserto do Sahara, a selva do Amazonas, o macizo dos Alpes ou o círculo polar ártico, sen esquecer o que sucedía á beira da súa casa.

Ademais de valiosos recursos técnicos e os datos de realización da toma, neste libro atoparás unha variada galería de imaxes que inspirarán as túas próximas saídas fotográficas".


Máis información sobre o libro: 

http://ebmfoto.com/tienda/libros-ebooks/foto-mal-tiempo/

Exposición "Empoderamento da Muller" e Recital Poético. Mércores 16 ás 19 h.



Mostra "Cinema e Sociedade 2016" 


Mércores 16 de novembro ás 19 h. inauguración da exposición "Empoderamento da Muller" e durante o cal se realizará un recital de poesía acompañando ao violín Estrela e coa participación de:

Aurora Varela
Angeles Delgado
Cristina Sainz
Rosa Martínez
Silvia Romaus



06 novembro 2016

Documental "10 anos da Rádio Livre e Comunitária" da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM. Venres 11 ás 20,30 h.





Presentación do documental
"10 anos da Rádio Livre e Comunitária" da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM

que se estrea o 11 de Novembro de 2016 ás 20,30 h. no Ateneo Ferrolán.

Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/1800768893544858/

Queremos agradecer ao equipo que desinteresadamente, con agarimo e profesionalidade crearon este documental: Juanpa Ameneiros, Xende López e Óscar Quant. Un traballo fantástico! ao Ateneo Ferrolán por acollernos dende o principio e á A.C. Fuco Buxán por facilitarnos o noso local, a ese feixe de músicos, artistas e persoas en xeral que colaboraron xenerosamente connosco e nos prestaron axuda cando a necesitamos, a quen colabora dalgún xeito coa radio: facendo programas, escoitando, divulgando, como socias ou socios colaboradores, mercando material, rifas, CDs, camisolas, chapas, asistindo ás nosas sesións vermú, ós ciclos de cinema ou o festival Conspirando por umha Rádio Livre, a quen participa nas exposicións e nos FilispiM Vai!, a quen dá sentido a este proxecto servíndose del para difundiren as súas actividades e reivindicacións ou escoitándo ao outro lado do aparato.

Grazas a quen puxo parte do seu tempo e adicación dentro do Colectivo OPAÍÍ.

Ao voso servizo estamos.
Rádio Filispim. Novembro 2016.

31 outubro 2016

Novidades do Ateneo para novembro 2016


NOVIDADES do ATENEO FERROLÁN

ADIANTO PROGRAMACIÓN MES NOVEMBRO 2016


EXPOSICIÓNS

Exposición "Reciclando Cultura" (Recinor) - 2ª planta
Feirón do Libro Usado - 2ª planta
Exposición 40 anos da refundación do Ateneo - Paneis escaleiras
Exposición Cadros Artistas Solidarios - Entrada
Exposición "Visións de Ferrol Vello" de Alberto Porres Viñes - Secretaría
Mostra de Pablo Prados - Sala de Exposicións 2
Exposición "Reflejos de Vida". Organiza: ASOTRAME - Sala de Exposicións 1

AUDIOVISUAIS

Martes de Cine 2016. Ciclo Mankiewicz
 Todos os martes ás 19 h.

VARIAS

Mércores 2 de novembro ás 18 h.:
  O Ateneo en ruta... "Ferrol coas irmandades da Fala"

Xoves 3 de novembro ás 19 h.:
 Ciclo Cinema e Sociedade

Venres día 4 de novembro ás 20 h.
 Concerto Victor Bueno

Sábado día 5 de novembro ás 10 h.:
 Curso de fotografía Expofoto Narón

Martes día 8 de novembro ás 19,30 h.:
 Club de Lectura . Imparte Anxeles Seoane

Mércores día 9 de novembro ás 19,45 h.:
 Reunión CIRPÉN (Círculo Pensamiento Filosófico)

Xoves 10 de novembro ás 19 h.:
 Ciclo Cinema e Sociedade

Venres día 11 de novembro ás 20,30 h.:
  Presentación Documental "10 anos de Radio Filispim"

Xoves día 17 de novembro ás 19 h.:
 Presentación do libro "El Fulgor" da autora residente en Ferrol  Magali Yanina  Rodríguez Matar

Xoves día 18 de novembro ás 20,30 h.:
 Presentación libro de fotografía de Eduardo Blanco Mendizábal

Xoves día 24 e mércores día 30 de novembro ás 19 h.:
 Ciclo Cinema e Sociedade

CONVOCADAS:

III XORNADAS de DOCUMENTACIÓN. Días 1 e 2 de decembro.
XVI MOSTRA de CURTAMETRAXES. Días 19, 20 e 21 de decembro.

Xa temos a lotaría de nadal!


Xa chegou a Lotaría de Nadal do Ateneo!

Merca a túa participación y colabora co Ateneo .... E se tocase aqui?

Á venda na secretaría do Ateneo Ferrolán. Participacións de 3 €

26 outubro 2016

DOAZÓN MATERIAL BIBLIOGRÁFICO Á EPAPU DE TEIXEIRO




NOTA DE PRENSA

DOAZÓN MATERIAL BIBLIOGRÁFICO Á EPAPU DE TEIXEIRO


Baixo o marco de colaboración institucional do Ateneo Ferrolán, a
Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo fixo entrega este martes 25 de outubro
dunha doazón de diverso material bibliográfico ao Centro Público de
Educación e Promoción de Adultos de Teixeiro (E.P.A.P.U.) sito no Centro
Penitenciario de Teixeiro. Deste xeito, o Ateneo segue a reafirmar o seu
compromiso colaborativo coas diferentes organizacións do tecido cultural e
social da nosa comunidade.

Dita relación de colaboración entre ambas entidades terá continuidade nas
III Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán a celebrar os vindeiros
1 e 2 de decembro de 2016 na sede do Ateneo na rúa Magdalena e na que
representantes da E.P.A.P.U. de Teixeiro participarán como
conferenciantes. Este ano as citadas xornadas dedicaranse ás “Bibliotecas
especializadas”.


Ferrol, a 25 de outubro de 2016.

A Xunta Xestora do Ateneo Ferrolán.


19 outubro 2016

Sesión Vermú: "Redondo & Mandango". Sábado día 29 de outubro a partir das 12 h.




Sesión Vermú: "Redondo & Mandango"

sábado día 29 de outubro a partir das 12 h.

Ven celebrar con nós a recuperación do edificio do Ateneo
evento solidario, reivindicativo e festeiro

 Organizamos un sábado máis a nosa xa mítica sesión vermú ateniense, esta vez coa música en directo do grupo "Redondo & Mandango" composto por Javi Mandango e Tania Redondo que cos seus ritmos e letras esperan conectar co público que se achegue. 

Promo da Sesión Vermú realizada solidariamente co Ateneo pol@s compañeir@s de Radio Filispim.


Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/516187268592448/


18 outubro 2016

O Ateneo en ruta .... Ferrol coas irmandades da Fala

O Ateneo en ruta...

Roteiro "Ferrol coas irmandades da Fala"

Mércores, 2 de novembro de 2016 ás 18 horas.

Anotarse antes do 1 de novembro en www.goo.gl/IzHCYp




- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Datos da actividade:

Actividade: Roteiro "Ferrol coas irmandades da Fala"
Colabora: Concello de Ferrol
Prezo: De balde

Data da actividade: Mércores, 2 de novembro de 2016
Hora de comezo: 18:00 
Duración previsible: 80 minutos

Lugar de encontro: Praza de Amboaxe (Ferrol)

Número de participantes: 10 mínimo / 25 máximo
Inscrición: Do 20 de outubro ao 1 de novembro de 2016

Formulario de inscrición: www.goo.gl/IzHCYp

Normas completas de “O Ateneo en ruta”: www.goo.gl/vuUlkv

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

17 outubro 2016

Presentación do documental "Porta para o exterior". Venres día 28 de outubro ás 19 h.


Presentación do documental "Porta para o exterior" 
dirixido por José Ramom Pichel e Sabela Fernández e  posterior coloquio.

Venres 28 de outubro ás 19 h. no salón de actos do Ateneo

O documental móstranos, non a solución, mais a posibilidade dunha vía imprudentemente desconsiderada até o momento actual, que, porén, está a emerxer os últimos anos con forza en ámbitos ben diversificados.

Porta para o Exterior dá voz a un movemento excluído hai décadas da opinión maioritaria galega: o reintegracionismo. Un movemento plural, cunha estratexia internacional para o galego, que interatua, a través das experiencias e os contactos persoais con Portugal, Brasil e todos os países de fala portuguesa. Un movemento que, a pesar dos seus propios erros, crece, madura e se consolida como un referente cultural.

Reseña: http://pgl.gal/porta-para-o-exterior-resenha/

Concerto do cantautor Víctor Bueno. Venres día 4 de novembro ás 20 h.


Concerto do cantautor Víctor Bueno

Venres día 4 de novembro ás 20 h. no Ateneo

Entrada de balde.

Víctor Bueno, de pais ferroláns, nace un martes de setembro do 96, na cidade de Guadalaxara (España).

Desde moi pequeno deixa ver o seu interese pola música e dedícase a experimentar con gran cantidade de instrumentos.

O espectáculo está sempre presente na súa nenez e organiza, de maneira caseira e familiar, numerosas pezas teatrais e artísticas.

Desde estes anos ata a adolescencia trata de integrarse nalgún grupo musical (banda, conservatorio...etc) pero finalmente ata os 13 anos non é cando tenta formar unha banda cos compañeiros do colexio. Banda abocada ao fracaso en pouco tempo.

Tras varios intentos con distintas bandas, Víctor decide empezar a compoñer as súas cancións en setembro de 2012. É ese mesmo ano no que se traslada a vivir a Madrid. Tras escribir varias cancións, preparalas...etc ofrece o seu primeiro concerto en maio do 2013,na súa cidade natal.

Ese mesmo ano ofrece varios concertos, algúns acompañado de banda, nos que a parte das súas cancións tamén había versións doutros artistas no seu repertorio.


Actualmente está en proceso de gravación do seu primeiro disco, realizando concertos, escribindo, compoñendo....etc