Buscar neste blog

Síguenos en...

17 abril 2023

Proxección Documental "O Aparecido" de José Antonio Jiménez García. Venres día 21 de abril ás 18 h.


Proxección Documental "O Aparecido" de José Antonio Jiménez García

Venres día 21 de abril ás 18 h.

SINOPSE :

Tras a aparición e a posterior proxección da curtametraxe de ficción, realizada en súper 8 m.m “ Manoel Antonio”, sobre a figura do poeta, do ano 1981, aprovéitase para mostrar neste documental, “O aparecido”, coas entrevistas a os actores participantes naquela curta, Santiago Prego, Victor Mosqueira, Francisco Jorquera, Luisa Veira, entre outros, o movemento artístico teatral acaecido na cidade de A Coruña naqueles anos.

Presentación do libro "Invisible. El cóctel azul y el gato de Schrodinger". Xoves día 20 de abril ás 19,30 h.

 


Presentación do libro "Invisible. El cóctel azul y el gato de Schrodinger" de Carolina Pernas. Acompañarán a autora os xornalistas: Nicolás Vidal e Raúl Salgado.

O próximo 20 de abril ás 19.30 h. no Ateneo Ferrolán

14 abril 2023

Acto Memorial ás Vítimas do Franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal. Teatro Jofre o 28 de abril de 2023 ás 19 h.


Acto Memorial ás Vítimas do Franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal. 

Teatro Jofre de Ferrol o día 28 de abril de 2023 ás 19 h.

  

Organiza a COMISIÓN PRO MEMORIAL ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO en 

FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL

A COMISIÓN PRO MEMORIAL ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO EN FERROLTERRA EUME E ORTEGAL

Pretende rescatar do esquecemento ás máis de 900 mulleres e homes exterminados polo fascismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal polo único delito de ser afíns á legalidade republicana, á liberdade e á democracia. 1936-1975

En Galicia apenas houbo guerra, pero si represión sistémica orquestrada de forma oficial polos golpistas que derivaron en horrendos crimes contra todo opositor tanto durante a guerra civil como ao longo dos 40 anos que durou o franquismo. Unha ditadura sórdida que tiña atenazada á poboación.

O acto do día 28 de abril no teatro Jofre ten por finalidade homenaxear ás vítimas do franquismo, cun programa amplo e dinámico de: oradores, documentais, pianistas, cantautores, gaiteiros, historiadores e testemuños dos familiares dos asasinados.

Este acto é complementario á inminente inauguración do Monumento ás vítimas en Canido.


Máis info: Programa de actos e invitación


 

25 marzo 2023

Presentación do libro: "El horizonte europeo" de Emilio Pérez Touriño. Venres 31 de marzo ás 19,30 h.

 



Presentación do libro: 
"El horizonte europeo" de Emilio Pérez Touriño.
 
Venres día 31 de marzo ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

Presenta a periodista Araceli Pita
 
Esta obra ensaia unha reflexión analítica sobre tres "momentos" decisivos dos últimos oitenta anos de historia mundial, que implicaron un profundo cambio de paradigma.

13 marzo 2023

Importante para socios e socias: actualización datos de contacto.

 


(Edificio Ateneo Ferrolán Foto: Xoán Porto)

 

Importante actualización datos: 

Se es socio ou socia do Ateneo queremos establecer comunicación convosco via whatsApp ou correo electrónico para poder mantervos informados e informadas das actividades e actos que organizamos que moitas veces non chega a todos vós por non ter os datos correctos. 

Polo que che pedimos que nos mandes un correo electrónico cos teus datos actualizados ao correo do Ateneo Ferrolán: secretaria@ateneoferrolan.org

Grazas, un saúdo ateneista.

27 febreiro 2023

Presentación do poemario "Ben sabe o mar o que posúo o botín das piratas" de Luz Campello. Venres día 3 de marzo ás 19,30 h.

 


Presentación do poemario "Ben sabe o mar o que posúo o botín das piratas" de Luz Campello

Venres día 3 de marzo ás 19,30 h.

Participan: Man Castro, Xaquin Campo Freire, Eva Veiga e a propia Luz Campello.

Presentación do libro: "Manuel López Pinal: Crónica dun radiotelegrafista da Flota republicana". Mércores día 1 de marzo as 19:30 h.

 

 

Presentación do libro: 

"Manuel López Pinal: Crónica dun radiotelegrafista da Flota republicana" 

No Ateneo Ferrolán, o mércores día 1 de marzo as 19:30 h.

Participan: Xosé Manuel López Franco, Juan Galán e Antón Mascato

24 febreiro 2023

Presentación da "Nova Orquestra Sinfónica Ferrolterra". Venres día 24 de febreiro ás 19 h.

 


 
Presentación da "Nova Orquestra Sinfónica Ferrolterra"
Venres día 24 de febreiro ás 19 h.
 
O violinista e director Pedro Montilla é o impulsor da Nova Orquestra Sinfónica Ferrolterra, que este venres debuta co concerto «Harmonía Artificiosa» no Ateneo Ferrolán 

 

 

14 febreiro 2023

Presentación do libro: "Nos días encantados de agosto". Venres 17 de febreiro ás 19,30 h.

 

Presentación en Ferrol do libro “Nos días encantados de agosto”, unha biografía de José Gil, pioneiro do cinema galego do que é autor Manolo González

O venres 17 ás 19.30 horas no Ateneo Ferrolán terá lugar a presentación do libro editado por Galaxia “Nos días encantados de agosto”, obra de Manolo González.

Na presentación do libro organizada polo Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Ateneo Ferrolán e a Editorial Galaxia, o autor Manolo González, estará acompañado polo xornalista Nicolás Vidal e a profesora Ánxeles Seoane da directiva do Ateneo Ferrolán.

Nesta publicación o autor, ofrécenos unha viaxe apaixonada na procura do esquecido iconauta José Gil, o auténtico precursor do cinema galego, quen filmou Galicia todos os agostos entre 1910 e 1934. O seu labor pioneiro pode explicar o devalar de fitos fundacionais da nosa cinematografía: os comezos do pictorialismo, o reporteirismo fotográfico, o nacemento do cine ficcional e documental en Galicia, as primeiras marcas produtoras e laboratorios cinematográficos, o cine industrial e turístico, a relación con Portugal, o cine educativo, etnográfico e científico e tantas outras achegas do cineasta a prol da exaltación do país que tanto amaba. Un home que tentou construír Galicia dende posicións de progreso e modernidade nunha sociedade que tardou demasiado tempo en comprender a transcendencia dun cinema propio e a necesidade de conservalo como patrimonio imprescindíbel do imaxinario colectivo. Para unha historia do cinema en lingua galega.

"I Encontro Cultural Ferrolterra". Xoves 16 de febreiro ás 17,30 h.

 


Xoves 16 de febreiro ás 17,30 h. no Ateneo
 
 "I Encontro Cultural Ferrolterra" que levará por título 
"Que é a cultura e por que temos que coidala?· 
 
Estades todos convidados. Unha moi boa oportunidade para adquirir máis coñecemento e coñecer cales son as actividades que unha #BibliotecaMunicipal debería de poder levar a cabo.

11 xaneiro 2023

Revista ATENEA nº 52 - Decembro 2022

 



Xa temos a Revista ATENEA nº 52 - Decembro 2022

ARTIGOS:

- FERROL DIARIO. UNHA ILUSIÓN FRUSTRADA por Rafael Permuy
- MONUMENTO PRO MEMORIAL DAS VITIMAS DO FRANQUISMO DE FERROLTERRA por Anxo Ferreiro Currás
- MULLERES NA ARTE CONTEMPORÁNEA DE GALICIA por Lúa Recarey Domínguez
- ESPECIAL:
TOPONIMIA. ALGUNHAS ACHEGAS PARA COMPRENDELA por Henrique Dacosta López

Presentación do libro "Alicerces teatrais en Galiza". Xoves 19 de xaneiro ás 19,00 h.

 


Presentación do libro "Alicerces teatrais en Galiza; unha achega de fontes, fundamentos e feitos (1952-1975) de Francisco Oti. 
 
Xoves día 19 de xaneiro de 2023, ás 19:00h. 

Participan: Eduardo Alonso Rodríguez, Rafael Permuy López, Xesús Andrés López Piñeiro e o autor Francisco Oti Ríos
 
Este volume recolle a actividade teatral en Galicia entre 1952 e 1975, unha época difícil, marcada pola ditadura e a censura, na que o teatro renaceu para coller forza ata ser o que hoxe é.