Buscar neste blog

10 novembro 2008

Novas Bases e Partitura para o 19º Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón

Xá están disponibles as novas bases e a partitura obrigada para a 19 edición do Concurso de Gaita Galega "Constantino Bellón", que se celebrará o 30 e 31 de Agosto de 2009.

Novas Bases
Bases.pdf

Partitura en Pdf
Partitura.pdf

Partitura en Encore
Partitura.enc

16 comentarios:

Anónimo dixo...

¿Cando se coñecerán os finalistas deste ano? Se mal non recordo, nestas datas en anos anteriores xa se coñecían.

Anónimo dixo...

Os anos anteriores xa se sabía na primeira quincena de Xullo, e quedan 12 dias para o de composición e 13 para o de interpretación e ninguén sabe nada dos finalistas e gañadores, igual é que non se fai este ano

Anónimo dixo...

home, xa avisaran algo, pero iso de que non se fai, non sei, se non o fixeran dirian algo non?

Anónimo dixo...

Parece ser que non ai cartos.

Anónimo dixo...

Mais ben será falta de apoios institucionais .... a nova Xunta?

Anónimo dixo...

Esto parece outra das "labazadas" que lle fai a organización aos gaiteiros deste concurso. Sexa o que sexa esto non se fai...

Anónimo dixo...

Paréceme unha vergoña que se trate así aos gaiteiros, supoño que esta xente sabrá que fai falla preparar o concurso de interpretación e tamén preparar as pezas de composición cos instrumentos que sexa necesarios. Dame que van andar un pouco pillados de tempo....
E no caso de que o problema fosen os cartos dame que eso non é unha escusa posto que eles xa se comprometeron fai meses cos gaiteiros, tiñan que saber se tiñan os suficientes fondos.

Anónimo dixo...

Se hai problemas de cartos e non se fai o concurso, (este ano ampliaron os premios no de composición), eu penso que como mínimo tíñase que dar algunha explicación, no apartedo de interpretación, á xente que mandou gravación para participar nel, (e con tempo, inda van a avisar os gaiteiros o dia antes XD) e os premios de composición deverían darse xa que ese apartado si que se fixo o concurso, a xente mandou os seus traballos para participar nel.

Anónimo dixo...

Se non se dan nas próximas horas os que participamos en ámbolos dous concursos deberiamos facer un comunicado de prensa. Se nos mesmos non nos facemos valer ninguén o fará.

Anónimo dixo...

Unha manifestación????... Non estaria mal facela e sacar notas se o final resulta que perderon apoios institucionais da Xunta, porque si que é raro que non saepamos xa os finalistas, dende hai 19 anos nunca ocorrera! Algo pasará!

Anónimo dixo...

Non estaria mal que como mínimo den algunha explicación, eu son gaiteiro de Bos Aires, vivo a 13.000Km (non e un viaxe de fin de semana pra nos), miño irman mandou a sua composicion e preparouse por muito tempo e co moita ilusion para o concurso e non poden avisar con tempo que hai demora ou que non se fará po´lo que sexa que fora o motivo. ¡Esto non se fai!. Unha Vergoña e unha falta de respeto para todolos gaiteiros do mundo enteiro! (perdon pola escritura, es q aqui non escribo moito)

Anónimo dixo...

E o concurso de composición? Ese xa se celebrou, por qué non dan xa os resultados?

Anónimo dixo...

Esto todo é un pouco raro, según colgouse hoxe en internet, non se fai porque a Xunta, a consellería de Emigración non apoia o premio de "Soutelo", que é traer os Gaiteiros da Galicia Exterior.
Pero que pasa co apartado de composición???, ese si que se fixo e non se sabe nada, nin se deron os premios, porqué non facer o concurso so cos de Galicia, (sen ser egoísta) e mandar comunicado de prensa de que sucede, polo NON apoio da Xunta a que veñan participantes de fora de Galicia???, por que non se deron os nomes dos finalistas???...

Anónimo dixo...

Lendo as bases do Bellón que teñen 15 puntos, penso que ao non poder executar o punto 5 tampouco pódese executar o punto 6 .... entón incumpriríanse as BASES e ao final poderíase impugnar a totalidade do Concurso. Eu o vexo así aínda sendo egoísta, a verdade o problema que se lles plantexou é moi grave!

Anónimo dixo...

Que hai do meu? Qué hai do meu? Non pensamos máis que en nós mesmos!Dende logo eu fago outro tipo de valoracións,aínda sendo un dos perxudicados, penso ...quen nos valora? quén apoia? quén potencia a música e a cultura galega con maiúsculas? ... xa se ve!

Anónimo dixo...

Menudos catro anos nos esperan!!!!!, estos si que comezaron forte.
Con respecto o concurso, opino que o apartado de composición deveuse facer,xa que a xente currouno e participou e o de gaita,cancelalo e publicar os motivos do que pasou.