Perfecciona os seus estudos cos guitarristas Margarita Escarpa, Miguel Trápaga, Ana Jenaro, Gerardo Arriaga, Miguel Ángel Jiménez Arnaiz, Zoran Dukic, Carles Trepat, Alberto Ponce, David Russell, Alex Garrobé, Marco Socías, Ricardo Gallén, Carlo Marchione e Darko Petrinaj, asi coma cos compositores Jorge Cardoso e José Manuel Fernández.
Como solista participa na II, III e IV Mostra de Xoves Intérpretes de Vilagarcía de Arousa (2003, 2004 e 2006) e no Concerto Homenaxe á premio nacional de poesía Julia Uceda en Ferrol, (novembro de 2003). En música de cámara destaca o dúo coa soprano Patricia Rodríguez Rico e o trío de guitarras Banora cos que ofreceu varios concertos en localidades coma Ferrol, Vilagarcía de Arousa ou Laracha, así coma concertos didácticos en institutos de educación secundaria. En maio de 2008 é invitada a tocar no Ateneu Tatarasi en Iasi, Romania e Amsterdam. En xuño de 2008 da un recital na Gallery Chief and Spirits na Haya.
Destaca tamén a súa participación no proxecto audiovisual "Mulheres na mitología" (concello de Fene, marzo de 2001) e no concerto "Mulheres a un tempo, tempo de mulheres" do concello de Ferrol en decembro de 2000.
Programa da actuación do venres 3 de Abril ás 20hs. no Ateneo Ferrolán
- Fantasia X. Luys de Narvaez (c. 1500 – 1555/1560)
- A Fancy. John Dowland (1563 – 1626)
- Sonates. Scarlatti. (1685 -1757)
- Rossiniane nº2 Op.120. Mauro Giuliani (1781-1829)
- Preludio, Fuga e Allegro. J.S. Bach (1685-1750)
1 comentario:
Ten sido un concerto estupendo.
A presentación das obras, deu un punto didáctico que como público me gustou, e que permitiu un mellor aprecio.
A execución das pezas a guitarra foi excelente.
Que ben toca, un acerto que O Ateneo haxa acollido a este gran músico.
Parabéns
Publicar un comentario