II CONCURSO DE CARTELERÍA 8M
O Ateneo Ferrolán convoca o II Concurso de Cartelería polo 8M, co obxectivo de visibilizar e reivindicar a loita polos dereitos das mulleres.
Porque cada imaxe tamén é unha palabra de loita, convidámoste a participar e a facer do teu cartel unha voz máis contra as desigualdades. Enchemos xuntas os muros, físicos e dixitais, de mensaxes feministas, de memoria, de forza e de futuro.
Este 8M, crea, expresa e reivindica. Porque a loita polos dereitos das mulleres tamén se constrúe coa arte.
Temática
O cartel deberá xirar arredor do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, e da loita feminista polos dereitos, a igualdade e a xustiza social.
Lingua
Os traballos deberán estar obrigatoriamente en galego, sendo esta a lingua vehicular do Ateneo Ferrolán.
Formato e presentación
Os carteis poderán realizarse en calquera tipo de material, tanto dixital como manual.
As obras dixitais deberán enviarse ao correo electrónico:
secretaria@ateneoferrolan.galAs obras en formato físico deberán entregarse na secretaría do Ateneo Ferrolán.
Prazo de presentación
O prazo para a entrega dos traballos remata o 27 de febreiro. E dárase a coñecer as obras gañadoras o día 9 de Marzo.
Xurado e votación
As obras gañadoras serán escollidas por un xurado composto por tres mulleres feministas.
Como novidade nesta edición, teranse en conta tamén as votacións do público, que se realizarán a través das redes sociais do Ateneo Ferrolán.
Premios
1º premio: 150 €
2º premio: 100 €
3º premio: 50 €

Ningún comentario:
Publicar un comentario