O Ateneo Ferrolán celebrará o vindeiro 29 de maio unha nova edición do seu Café Literario en galego, unha proposta aberta á participación de todas as persoas interesadas na literatura e na creación literaria na nosa lingua.
O encontro terá lugar no Ambigú do Ateneo, entre as 18:30 e as 20:00 horas, nun formato distendido pensado para compartir lecturas, textos propios e recomendacións literarias arredor dun café.
A actividade non contará cunha temática nin cunha obra preestablecida. As persoas asistentes poderán achegar un texto propio ou propoñer unha lectura ou autor/a en galego para comentar co resto do grupo.
O Café Literario estará coordinado por Manuel Cendán e pretende ser un espazo de encontro para fomentar o diálogo cultural e o gusto pola literatura galega.

Ningún comentario:
Publicar un comentario