O Ateneo Ferrolán acollerá o vindeiro 16 de outubro, ás 18:00 horas, unha actividade dedicada ao benestar físico e emocional, cunha proposta interdisciplinar que abordará diferentes alternativas para afrontar situacións que poden afectar á nosa saúde e á nosa calidade de vida.
A proposta nace da experiencia profesional e persoal das dúas relatoras, que sinalan a importancia de contar con información e intervención adecuadas ante situacións difíciles, co obxectivo de minimizar o sufrimento innecesario e contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas e das familias. A actividade prestará especial atención tamén á infancia e á adolescencia.
Será, polo tanto, un espazo para coñecer unha visión integrativa do benestar, combinando diferentes perspectivas e coñecementos. María Moure achegará a súa experiencia como farmacéutica, fitoterapeuta e docente universitaria, mentres que María José Lladó, psicoterapeuta, psicopedagoga e orientadora familiar, abordará a dimensión emocional e psicolóxica.
María José Lladó conta ademais cunha ampla traxectoria no ámbito da orientación escolar infantil e familiar e dirixe Acimut Bienestar, gabinete psicopedagóxico con máis de 25 anos de experiencia entre Madrid e Galicia. María Moure, pola súa banda, desenvolve a súa actividade profesional en Ferrol e é docente de Etnomedicina na UNED, ademais de divulgadora sobre saúde e coñecementos tradicionais.
A actividade terá unha duración aproximada de hora e media e está especialmente orientada ao asesoramento individual e familiar.
📅 16 de outubro🕕 18:00 h no Salón de Actos
Un encontro para parar, informarnos e coñecer outras perspectivas sobre o coidado do noso benestar físico e emocional, con especial atención ás necesidades das persoas e das familias.
Máis información:
📱 María Moure: 690 618 417
📱 María José Lladó: 677 726 207
🌐 www.acimut.org


Ningún comentario:
Publicar un comentario