Hai pezas da nosa tradición que son moito máis ca un adorno. O «sapo» é unha delas: un colar propio da xoiería tradicional galega, intimamente ligado á indumentaria do traxe da muller e cunha forte carga simbólica.
A súa forma encerra tamén unha interesante simbología. O colgante está composto por tres corpos: a parte superior representa o sol nacente, mentres que as outras dúas están relacionadas cos ovarios e a vaxina. Deste xeito, o «sapo» convértese nun símbolo da muller, da vida e da creación, reunindo nunha mesma peza protección, feminidade e fertilidade.
Para achegarnos a esta tradición e manter viva esta técnica artesanal, o Ateneo Ferrolán organiza, da man de Ermitas Beceiro, un obradoiro no que aprenderemos a enfiar un colar tradicional «sapo» empregando a técnica tradicional: o nó entre filigranas, o calabrote, o botón corredera e a borla.
Non é necesaria experiencia previa. A proposta está aberta a todas as persoas que queiran coñecer esta xoia da tradición galega e crear coas súas propias mans o seu «sapo» artesanal.
Venres, 2 de outubro
De 16:30 a 20:30 h
Tres opcións para participar:
Só enfiado — traes sapo, filigrana e fío:
Socios/as 10 € · Non socios/as 15 €Filigrana e fío — traes o sapo:
Socios/as 30 € · Non socios/as 35 €Filigrana, sapo de bixutería e fío:
Socios/as 50 € · Non socios/as 55 €
As prazas son limitadas, cun mínimo de 5 e máximo de 10 participantes.
📞 Información e inscricións: 604 973 424
📧 obradoiroseb@gmail.com

Ningún comentario:
Publicar un comentario