Buscar neste blog

Síguenos en...

25 maio 2009

VI Sessiom Vermú. Despedida da tempada 2008-2009

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEieVQjPocq4iSWPJHGE3ldDMzf772PXbAVFiSxHtQ3nTM6namtkH2djtWZWUpq1NtlR_9Jo9Ji1tJhIncExwrCpzhOE0cgzOEAgXxbD9OMAIqv8WkC43v-iV5rShwZDMh1rEjS8/
Rádio FilispiM, presenta a VI Sessiom Vermú.
Con motivo do feche da temporada 2008-2009 de Rádio FilispiM, organizamos a tradicional Sessiom Vermú no Ateneo Ferrolán.
A data é o Sábado 30 de Maio, às 12:00hs. do mediodía no Ateneo Ferrolán, e a actuación correrá a cargo do cuarteto de cordas El Cubo, que interpretará tangos.
Como novidade, teremos o sorteio especial dumha noite numha Casa Rural e um Xantar num Restaurante.
Nom faltedes!! ;)
Descargar a cunha 1

Descargar a cunha 2

20 maio 2009

Concerto da banda de rock "96 Grados" no Ateneo.

A banda de rock 96 GRADOS, presenta en formato acústico o seu primeiro traballo discográfico "mañana sale el sol" que pódese escoitarse en www.96grados.es

O venres día 29 de maio ás 20 horas
no Auditorio do Ateneo Ferrolán.

A entrada custa 3 € co CD.

96 GRADOS, un nome que define o espírito co que nace esta banda de rock sinfónico, un proxecto froito da paixón pola música que marcou a nosa era.

A banda sonora que marcou á xeración dos 70 e os 80 conforma a fonte de inspiración da que bebe este grupo, novo e entusiasta, cuxa principal razón de ser radica en promover un novo estilo de música propia, á vez que manter as raíces labradas por unha inesquecible xeración de músicos de incalculable talento: Dire Straits, Eric Clapton, Police, U2… 96 GRADOS traballou sen cesar desde o seu nacemento, a principios do ano 2005 en Santiago de Compostela.

O grupo o compoñen:
  • Fernando Romasanta: voz e guitarras
  • Alfonso Lage: baixo e coros
  • José Vázquez: batería e coros
O estilo fundamentase nun rock sinfónico e sen estridencias, música de luxo lonxe dos canons comerciais que dominan o panorama musical actual. A banda traballa buscando a perfecta elaboración dos temas de produción propia, co obxecto de salvar os escollos que dificultan a entrada nos circuítos profesionais do mercado musical español.

Temas intimistas, incisivos, e en xeral, de indiscutible orixinalidade, conforman a primeira selección de títulos da formación.

96 GRADOS ofrece un directo realmente potente que tradúcese nun espectáculo variado, aplicando en cada tema seus gustos melódicos, enriquecidos con sos de guitarra, o acompañamento rítmico do baixo e a forza na percusión.

15 maio 2009

APOIO e ADHESIÓN aos diferentes actos e mobilizacións polo "Dia das Letras Galegas"

O Ateneo Ferrolán por medio da súa Xunta Directiva, quere mostrar o seu APOIO e ADHESIÓN aos diferentes actos e mobilizacións que se están a desenvolver na nosa Comarca ao redor do Día das Nosas Letras e na defensa do Galego e a grande Mobilización Nacional de Compostela.

Como dicía Ramón Piñeiro, a quen se lle dedica este ano a Festa das Letras,...
"A lingua sangue do esprito, a lingua vén a ser a alma viva do pobo que a fala."

É por iso polo que imos participar e chamamos a que se participe, este Sábado, 16 de Maio, ás 12 do mediodía, en Ferrol, na Praza Rosalía de Castro, no Acto Aberto e Unitario que vai ter lugar, co obxectivo que nos une: a defensa do Galego, a lingua propia da Galiza e o domingo 17 de Maio, Día das Nosas Letras, tamén ás 12 do mediodía, vai ter lugar unha grande mobilización en Compostela.

Dúas Plataforma con múltiples apoios chaman á cidadanía a manifestarse nunha marcha que percorrerá as rúas de Compostela desde a Alameda, enchendo a cidade de cor e reivindicación do Galego como lingua nacional, como lingua con dereitos inalienábeis que imos defender.

Exposición “As mulleres do mundo Cara a Cara”

Unha exposición fotográfica amosa as mulleres do mundo “cara a cara”. Esta mirada sobre os dereitos sexuais e os dereitos reprodutivos das mulleres pecha a campaña de sensibilización e educación “O meu corpo é un territorio clandestino” da ONGD Paz e Desenvolvemento.

A exposición “As mulleres do mundo Cara a Cara”, que durante o mes de maio percorrerá Mondoñedo e Ferrol, é unha mostra itinerante a través da que se pretende sensibilizar á sociedade da situación das mulleres do mundo en relación ca saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos.

A exposición fotográfica permanecerán no Ateneo Ferrolán desde o 16 ao 30 de maio. A exposición pode visitarse de luns a venres de 11.30 a 13.30 e de 17.30 a 20.00 horas e os sábados, de 10.30 a 13.30 horas.

Rosa Gómez-Reino Varela, delegada en Galicia de Paz e Desenvolvemento ONGD, suliñou que «día a día millóns de mulleres de todo o mundo ven vulnerados os seus dereitos sexuais e reprodutivos máis básicos: dereito á saúde sexual e reprodutiva, ao libre disfrute da súa sexualidade… é preciso visibilizar esta problemática que vivimos como algo alleo a nós».

A delegada en Galicia de Paz e Desenvolvemento ONGD, enmarcou esta iniciativa «dentro da campaña de sensibilización O meu corpo é un territorio clandestino» que dende o mes de xaneiro está realizando outras actividades centradas nos dereitos sexuais e reprodutivos, orientadas a adolescentes e mulleres rurais, con obradoiros e exposicións didácticas nos institutos e cursos de formación para asociacións de mulleres. «Non hai que esquencer que estes dereitos son activos e é imprescindible reivindicalos»

A mostra, xurde como resultado do I Concurso Internacional de Fotografía sobre dereitos sexuais e reprodutivos promovido pola Federación de Planificación Familiar de España (FPFE). Na mesma móstranse imaxes da realidade que viven mulleres nos países en desenvolvemento, con especial atención á cuestión do respecto dos dereitos humanos, á súa situación socioeconómica, ao aceso á educación, á precariedade dos servizos de saúde, á maternidade e os seus riscos, ao aceso a métodos de planificación familiar e ás necesidades de millóns de nenas que actualmente conforman grande parte da población destes países.

Do 16 ao 30 de maio na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán

ORGANIZA E XESTIONA
FINANCIA
  • Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia
CEDE
  • Federación de Planificación Familiar de España (FPFE)
COLABORAN
  • Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia
  • Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia
  • Ateneo Ferrolán

13 maio 2009

Eu decido!, acto da Marcha Mundial das Mulleres

Acto da Marcha Mundial das Mulleres en defensa do dereito ao aborto, na sanidade pública.

A Marcha Mundial das Mulleres ve necesario un profundo debate social para avanzar na consolidación do dereito das mulleres á soberanía do seu propio corpo e no dereito a tomar libremente as suas propias decisións.
No medio dunha gran ofensiva mediática por parte dos sectores sociais máis integristas e patriarcais, as feministas da Marcha Mundial das Mulleres, achegamos á sociedade espazos e materias para a reflexión.

Intervirán:
  • Mariola Mourelo e Marta Rodríguez da Coordenadora Comarcal da MMM na Coruña. Co-editoras da publicación "O Dereito a Decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto".
  • Lola Ferreiro, médica e docente do IES Lamas de Abade, coordenadora do Grupo Lúa Crecente. Co-autora do proxecto educativo "Coeducación Afectivo-Emocional e Sexual".

O acto será o venres 15 de Maio às 19hs no Ateneo Ferrolán.

11 maio 2009

Conferencia Letras Galegas 2009

“Ramón Piñeiro e Ferrol. Unha figura do galeguismo, e símbolo dunha xeración”

A conferencia de Miguel Barros, será o martes, 12 de maio, ás 20:30 h. no Ateneo Ferrolán.
O profesor Miguel Barros, acaba de ler a súa tese de doutoramento, que constitúe o primeiro traballo en profundidade sobre a fi gura de Ramón Piñeiro. Nesta conferencia deterase na relación de Ramón Piñeiro con Ferrol. O seu traballo será publicado en breve pola Editorial Galaxia.

Organiza : Lefre de Caldereta
Colabora: Ateneo Ferrolán

29 abril 2009

Exposición Colectiva "Pintura"

O xoves 30 de abril ás 20.00 h. INAUGURACIÓN da EXPOSICIÓN "Pintura" no ATENEO FERROLÁN.
A exposición estará no Ateneo do 30 de abril ao 15 de maio.

27 abril 2009

Caderno nº 19: A construcción naval na Ría de Ferrol

PRESENTACIÓN: VENRES día 8 de MAIO ás 20h.
CADERNO ATENEO FERROLÁN Nº 19:
“A CONSTRUCIÓN NAVAL NA RÍA DE FERROL”
Entendemos que este principio do século XXI representa para Ferrolterra a fin dun longo proceso industrial, ou dunha boa parte del.

Logo de sucesivos períodos de alta e baixa actividade, parece que é unha evidencia irreversible que a construción naval civil na Ría de Ferrol deixará de ser como foi a actividade industrial principal e o motor do desenvolvemento desta comarca.

Admitido isto, con todos os matices e condicionamentos que queiran contemplarse pareceunos obrigado, no ATENEO FERROLÁN, presentar un resumo global desta espectacular historia nun singular entorno como é a Ría de Ferrol.

Ambicioso reto o que tiñamos diante, sobre todo para recoller e sintetizar todo un caderno con suficiente nivel profesional, técnico, didáctico e histórico. O nivel ofrécenolo os contidos aportados por un conxunto de colaboradores xa habituais destas publicacións periódicas da nosa Entidade.

Co fin de coñecer o marco da actividade naval na ría, situar os centros de produción e a produción mesma no espazo e no tempo, engadimos nesta breve presentación:
  1. Un esquema da Ría situando os diversos centros de construción naval.
  2. Unha listaxe cronolóxica da actividade construtora ao longo de case tres séculos.
Ao longo dos capítulos vaise facendo un relato e descrición do entorno tanto físico/xeográfico, como antropolóxico e social, así como unha análise do factor humano (Cultura do traballo) e o comportamento sindical.

O corpo central dedícase ao relato específico da actividade, instalacións, grandes fitos históricos, procesos e evolucións até o tratamento final das crises.

Ao remate, unhas atrevidas pero non novidosas proposicións cara ao futuro e un chamamento moi interesante á consideración, respecto e valoración do Patrimonio Industrial.

Péchase o traballo cunha abundante bibliografía que pode servir para documentar e ampliar información sobre aspectos ou etapas desta ampla e apaixonante historia.

A idea de dedicarlle un CADERNO extraordinario á Construción Naval na Ría de Ferrol, por mor dun “final de ciclo” como inevitablemente pode cualificarse ao que está a suceder con esta actividade nestes comezos de século, foi moi ben acollida pola Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán, hai algo máis de dous anos.

A idea interesante e moi ambiciosa resulta excesivamente ampla para acomodala nun documento de amplitude aproximada dos xa publicados.

O último caderno “Ferrol, Cidade da Ilustración” oportuno, necesario e moi valorado xa supuxo un salto importante en canto ao volume habitual destas publicacións.

Despois de valorar, sopesar, analizar moitas posibilidades, decidimos botar a andar esta iniciativa, conscientes da necesidade de deixar lagoas e espazos baleiros neste intento de acomodar nunha soa publicación unha longa actividade de séculos que nos últimos 50 anos acadou cotas punteiras a nivel mundial.

O resultado, consecuencia de convencer e comprometer a un excelente equipo de colaboradores, pensamos que é suficientemente digno e rigoroso, e que valeu a pena o esforzo, admitindo que nalgúns apartados ou etapas da historia cabe un maior desenvolvemento ou concreción de detalle, ou incluso dedicarlles un estudio específico, tempo haberá.

Nesta presentación e na liña de máxima sintetización, o primeiro é agradecer profundamente a participación de todos cantos colaboraron na obra, os que figuran e os que non aparecen.

22 abril 2009

Xa está na rúa a revista trimestral ATENEA nº 34

SUMARIO ATENEA 34

EDITORIAL: ATENEO FERROLÁN: 1879-2009

SERVIZOS
  • HEMEROTECA-BIBLIOTECA
  • HISTORIAS DA NOSA BIBLIOTECA-HEMEROTECA (7)
  • RECUPERACIÓN, DIXITALIZACIÓN E POSTA EN VALOR DA BIBLIOTECA- HEMEROTECA
  • A BIBLIOTECA-HEMEROTECA DO ATENEO FERROLÁN: por Carmen González Picallo
FALAMOS DE...
  • DOCUMENTAL: “ASTANO, A FORXA DUN SOÑO”
XENTES
  • RAMÓN PIÑEIRO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2009
BREVES
  • SANTIAGO DE LA IGLESIA: FUNDADOR DO ATENEO FERROLÁN
  • 23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO
  • O ATENEO FERROLÁN, USUARIO DE FLOCOS TV
  • VI FESTIVAL “CONSPIRANDO POR UNHA RADIO LIBRE”
  • REIVINDICACIÓN: CARVALHO CALERO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010
  • SOCIAS E SOCIOS DO ATENEO: DESCONTOS DO 20% NO TEATRO JOFRE
PROGRAMACIÓN
  • MARTES DE CINE: CICLO CINEMAS DIXITAIS
  • PROGRAMACIÓN ABRIL-MAIO-XUÑO
TEATRO
  • 27 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO TEATRO
CONVOCATORIAS
  • XIX CONCURSO INTERNACIONAL DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN” 2009
ARTIGOS
  • ENSINO PÚBLICO NA FAVELA (I), por Carlos Castro Pinhão
  • “A LINGOA, SANLE DO ESPRITO”, por Ramón Piñeiro
  • “PASIÑOS NUN CAIXÓN”, por Francisco Narla
  • REFLEXIÓNS, por Eliseo Zaera
  • OLLADAS EN RAMÓN PIÑEIRO, por Luís Alonso Girgado
MULLER
  • 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
O PARNASO
  • Celso Emilio Ferreiro
  • Miguel Ángel Alonso Diz

17 abril 2009

O Ateneo Ferrolán participa na semana do Audiovisual Galego dentro da programación de Cinemas Dixitais

A Semana do Audiovisual Galego naceu co obxectivo de complementar e consolidar os galardóns Mestre Mateo, os máis importantes do sector audiovisual e que concede a Academia Galega do Audiovisual, coa súa divulgación na sociedade galega a través do circuito de Cinemas Dixitais e e coa organización da propia Academia.

Coa axuda dos patrocinadores e colaboradores na iniciativa, prepárase un programa extenso de proxeccións dos traballos finalistas nun amplo número de localidades galegas. Esta Semana do Audiovisual Galego celébrase ao longo de toda a semana, do 20 ao 25 de abril, previa á gala da engrega de premios que terá lugar na cidade de Pontevedra, formando parte do 6º ciclo do programa de Cinemas Dixitais.




20 de ABRIL as 19 h. no ATENEO FERROLÁN

O PINTOR DE CEOS (2008)

Equipo técnico
  • Director/a: Jorge Morais Valle
  • Guión: Jorge Morais Valle
  • Productor/a: Jorge Morais Valle
  • Director/a de fotografía: Jorge Morais Valle
  • Director/a de arte: Jorge Morais Valle
  • Director/a -Xefe de produción: Jorge Morais Valle
  • Montaxe: Jorge Morais Valle
Outros datos
  • Formato: Curtametraxe
  • Xénero: Fantástico
  • Modalidade: Animación
  • Convocatoria: Curtametraxes
  • Formato gravación: Betacam
  • Duración: 25 min
  • Idioma gravación / Rodaxe: Galego
Descrición
O soño de transformar o ceo, consegue que esta historia fantástica, transmítanos o sentimento dun home marcado por un escuro pasado.
Deseñado cunha estética barroca estilizada e dando unha vital importancia a iluminación así coma ao deseño do conxunto, o universo do pintor de ceos transportaranos a unha Galicia salvaxe, un mundo pictórico, fantástico e asolado por monstruosos acantilados e agonizantes treboadas.
A curtametraxe mostrara a convivencia de dous galegos, o pintor e o seu compañeiro inseparable Amádeo, xuntos embarcaran o espectador nun dos acontecementos mais fermosos do mundo.

Argumento
O pintor de ceos conta o que lle aconteceu a un mariñeiro que un día perdeu a súa familia nunha noite de treboada, desolado polo pesar, reconstruíu a súa vida apoiado na pintura, co desexo de vingar a morte dos seus queridos. Ordenoulle aos magos e arquitectos da época que construiran unha casa coa cheminea máis máxica do mundo que lle permitía plasmar no ceo todo o que pintara.
Mais para este propósito non ía estar so, un homiño que vivía nun convento decidiu unirse o pintor e acompañalo ata o fin dos tempos.
Xuntos pasarán anos e anos naquela casiña, sen ningunha compañía máis cá das gaivotas que habitaban naqueles ameazantes acantilados.
Unha noite fortuíta, o pintor, nun arrebato desesperado encontra no seu diario algo que chama a súa atención e que lle indicará o camiño para conseguir o seu desexo e teñir o ceo brillantes cores, dando vida o fermoso arco da vella.

Localización Animación 3D


20 de ABRIL as 20 h. no ATENEO FERROLÁN

VIVIR A DESTEMPO (2008)

Equipo técnico
  • Director/a: Rita Romero García
  • Productor/a: Susana Maceiras Montero
  • Director/a de fotografía: Luis Longueira
  • Director/a -Xefe de produción: Susana Maceiras Montero
  • Montaxe: Rita Romero García
Produtoras
  • Adivina Producións
  • Televisión de Galicia
Outros datos
  • Formato: Longametraxe
  • Xénero: Sociedade
  • Modalidade: Documental
  • Convocatoria: Non subvencionado
  • Formato gravación: DV pro
  • Duración: 49 min
  • Idioma gravación / Rodaxe: Galego
  • Ano de produción: 2008
Argumento
Vivir a destempo” é un documental de 54 minutos de duración que ten como obxectivo plasmar a micro sociedade nocturna, aquela que existe, discreta e silenciosamente, namentres o resto da cidade descansa. A actividade desenvólvese nunca soa xornada laboral. A través de diferentes sectores, trazaremos unha radiografía urbana nocturna Un farmacéutico, un panadeiro, un basureiro, unha teleoperadora, un locutor de radio ou a rotativa dun xornal: actividades precisas non só para facer mais doada a noite, senón para poñer a punto un novo día.

16 abril 2009

Exposición colectiva de pintura

Do 17 ao 29 de abril na Sala de Exposicións da segunda planta do Ateneo Ferrolán.
Inauguración venres 17 de abril ás 20 horas.

CHAPELA (Fernando Sanchez Chapela)
KALU (Carolina Fernandez)
C. TENREIRO (Carmen Tenreiro)
MACA FREIRE (Mª Carmen Freire)
M. ALVAREZ (Mercedes Alvarez)
SHECK (Ana Sheck)

14 abril 2009

Charla-Coloquio "Ferrol na segunda república"

O martes día 14 de abril as 20 horas, terá lugar no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, unha Charla-Coloquio co título "Ferrol na segunda república".

Participan:
  • ELISEO FERNÁNDEZ
  • XOSE MANUEL SUÁREZ
Organizan:
  • MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA
  • ATENEO FERROLÁN

07 abril 2009

Irassema&Trío no Ateneo Ferrolán

Pincha na imaxe para ampliar

Irassema&Trío, coa colaboración especial do gran compositor e cantante Marcos Mella, aúnan forzas para facer dos temas do compositor e a cantautora un espectáculo que salienta pola fusión de ambientes musicais, entre os que está a danza oriental e o flamenco fusión.

Na voz e guitarras estrán Marcos Mella e Irassema; á guitarra, Rubén Berraquero, ao baixo, Alberto Domínguez, na danza oriental Fanny Golbano e no flamenco fusión, Eva Baumer.

IRASSEMA&TRÍO estarán no Auditorio do Ateneo Ferrolán o Sábado 11 de Abril, ás 20,00hs. a entrada será de 3€.