Buscar neste blog

Síguenos en...

02 outubro 2013

Presentación do libro FENYA (1941-1961) xoves día 3 de outubro ás 20h.

O xoves día 3 de outubro ás 20 horas terá lugar no Ateneo Ferrolán a presentación do libro:

 FENYA 1941-1961 
(Fabricaciones Eléctricas Navales y Artilleras  - La fábrica de Canido y sus patentes )  do autor Justino Fernández.

O libro reconstrúe a historia da primeira etapa da fábrica, caracterizada pola fabricación de teléfonos e máquinas eléctricas: motores e xeradores. Esta fábrica ten a peculiaridade de iniciar a fabricación con modelos propios que con anterioridade foron rexistrados como patentes.
Algún destes modelos e os soportes tecnolóxicos ( desenvolvemento da patente e planos da Oficina Técnica da Fábrica  formarán parte da exposición do traballo. -

01 outubro 2013

Tres Exposicións do "Outono Fotográfico". Outubro 2013

O Ateneo Ferrolán albergará durante o mes de Outubro tres exposicións de fotografía da sección oficial do Outono Fotográfico.

O mércores día 2 farase un pequeno acto inaugural as 20:00 h.

As mostras son as seguintes:

"Australian Dream" de David Simon Martret
"Malaysian Primary School" de Leafhopper
"Augas de Galicia" de Fran Nieto

Esperamos contar coa vosa presenza
!

19 setembro 2013

Presentación do libro “Palabras”

O mércores día 25 de setembro de 2013 ás 20 h. no Ateneo Ferrolán presentación do libro “Palabras”; do ilustrador Xaquin Marín e o fotógrafo Gabriel Tizón, prólogo de Quico Cadaval.

Falarán deste libro: Xaquin Marín e Gabriel Tizón xunto co periodista Nicolás Vidal.


Proxección documental "A fazaña da liberdade"

O Xoves 26 de Setembro de 2013 ás 19,30 h., o Ateneo Ferrolán proxectará o documental biográfico sobre Alexandre Bóveda do director Senén Outeiro "A fazaña da liberdade", o acto será presentado polo historiador Bernardo Máiz. A entrada é de balde.





11 setembro 2013

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA o 27 setembro 2013

Ferrol 10 de setembro de 2013


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA


Benquerido/a  socio/a:

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o venres día 27 de setembro ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda no salón de actos do Ateneo Ferrolán, coa seguinte

ORDE DO DÍA

        1.- Lectura e aprobación da Acta anterior.
        2.- Informe Directiva.
     3.- Proposta datas apertura proceso para convocatoria de eleccións a    Xunta Directiva.
        4.- Rogos e preguntas

Sen máis e agardando a túa imprescindible asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,


Asdo.- Ramón Veloso Rodríguez
Presidente


03 setembro 2013

Acta Final do XXIº Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón” 2013 no Teatro Jofre



XXI  CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN”  - ANO 2013


En Ferrol a 31 de agosto de 2013, no Teatro JOFRE, o XURADO cualificador do XXIº Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega  “Constantino Bellón”, integrado por :

            * Víctor Fernández Gabeiras
            * Xabier Rodríguez Fariñas
            * Pablo López Torneiro
            * Xoán Rodríguez Silvar
            * Xesús Vaamonde Manteiga
           
e actuando como secretaria sen voto, Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas  a totalidade das pezas presentadas a esta final do Concurso, así como a interpretación de tódolos gaiteiros finalistas,

Acordan outorgar o Premio SEIVANE que consiste nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición (punto g) correspondente ao  “Gaiteiro de Soutelo” a :


Raquel García Martínez                            Valencia
_________________________________________________________________________________________

Acordan outorgar dous accésit de 1.000 € cada un a:

Daniel Fernández López                           Lugo
_________________________________________________________________________________________


Daniel Lumbreras Rodríguez               Donosti
_________________________________________________________________________________________


Así mesmo, ACORDA  por unanimidade, concederlle o PREMIO ÚNICO de 3.000 € deste 21º Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón” a


Pablo Devigo Vázquez        Castro Caldelas - Ourense
_________________________________________________________________________________________


O Xurado quere facer constar o importante nivel de calidade acadado por tódolos finalistas seleccionados para este Concurso Internacional de Gaita Galega na súa vixésima primeira edición.

 

29 agosto 2013

Concurso de Composición para Gaita Galega Solista 2013

Concurso de Composición para Gaita Galega Solista
Punto nº 9 do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega
“CONSTANTINO BELLÓN” 2013
 En Ferrol, o día 28 de agosto de 2013, na sede do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204 o XURADO

ACORDOU, conceder ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a:
 DANIEL ROMAR SAMBADE
pola obra “Fantasía concertante para gaita e banda”.


Así mesmo acordan conceder os accésit a:
JAVIER Mª LÓPEZ RODRÍGUEZ pola obra “The bagpipe in my life”. (Para gaita solista en Do 5  con quinteto de frauta, clarinete, piano, violín e violonchelo)
LOIS PRADO FERNÁNDEZ pola obra “Son das on das Son”.
(Para gaita solista e corda)

28 agosto 2013

Mención Gaita de Ouro "Constantino Bellón" 2013






Témolo pracer de comunicar o acordo tomado en Xunta Directiva, referente á Institución da Mención Honorífica do Ateneo Ferrolán, na modalidade de Gaita de Ouro “Constantino Bellón” e a concesión da mesma.

A imposición da citada Mención terá lugar no ACTO que se celebrará  o próximo sábado día 31 de agosto, as 20 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol na Final do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega  “Constantino Bellón”,.

O Ateneo Ferrolán acorda concedela Mención Gaita de Ouro

“Constantino Bellón” correspondente ao ano 2013  a:



PABLO CARPINTERO

pola súa labor desenvolvida como gaiteiro, investigador e artesán.



Pablo Carpintero naceu en San Cristobo de Castro, no concello de Carballedo, na provincia de Lugo en 1969. É gaiteiro desde os oito anos e estudou ciencias biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela onde, en 1992, acadou o grao de  doutor. Nesta mesma universidade obtivo o diploma de estudos avanzados en musicoloxía no ano 2006.



Hai máis de vinte anos que se dedica a estudar e difundir os nosos instrumentos musicais, para o que ten feito traballo de campo en toda Galicia, Asturias, Portugal e o Bierzo, estudando principalmente a gaita de fol e a súa música. Froito deste traballo é a súa obra de investigación máis destacada: “Os instrumentos musicais na tradición galega”, onde se dá conta de máis de 150 instrumentos musicais empregados na Galicia tradicional. Ten editado tamén numerosos traballos discográficos, ben cos seus grupos “Ultreia” e “A Requinta de Xián”, ben con gaiteiros de idade para consevar os seus orixinais sons.



Pablo Carpintero é membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos e forma parte da comisión do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega. Traballou seis anos como técnico do proxecto Ronsel para a posta en valor do Patrimonio Cultural de Galicia e, en 2011, foi escollido para formar parte do comité da UNESCO que avalía as candidaturas á Lista Representativa de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, tarefa que segue a realizar na actualidade.

Hai máis de dez anos que colabora na sección “O Recuncho da Palleta” dentro do programa “Lume na Palleira” da Radio Galega, e desde hai tres anos realiza unha sección dentro do programa “Luar” dedicada á nosa música máis tradicional.

Na actualidade dedícase á fabricación de gaitas de fol, percusión, requintas e frautas no seu obradoiro de Santiago de Compostela, sendo a súa principal teima a réplica de gaitas de fol antigas e a recuperación dos seus sons.      
 



Conexión con Pablo Carpintero en directo dende o Teatro Jofre.

22 agosto 2013

XXI Concurso de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”




O Ateneo Ferrolán comprácese en convidarlle aos actos do
 XXI Concurso de Composición e Gaita Galega
 “CONSTANTINO BELLÓN”
  
Data: sábado día 31 de agosto de 2013

HORARIO: 20 h.    LUGAR: Teatro JOFRE - Ferrol.


19 agosto 2013

Acta Selección Gaiteiros Solistas 2013



XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega
“CONSTANTINO BELLÓN” 2013

Acta Selección Gaiteiros Solistas 2013


En Ferrol, o día 16 de agosto de 2013, na sede do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204 o XURADO do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:
                                  

                                   D. Víctor Fernández Gabeiras
                                   D. Xesús Vaamonde Manteiga
                                   D. Xavier Rodríguez Fariñas
                                   D. Pablo López Torneiro
                                   D. Xoán Rodríguez Silvar


e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo,

ACORDOU, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:


  1. David Fernández Vaamonde          Coruña.
  2. Pablo Devigo Vázquez                   Castro Caldelas - Ourense.
  3. Carme López Fernández                Lugo. 
  4. Daniel Fernández López                 Lugo. 
  5. Serafín Santamariña Sanmartín      Fene – A Coruña. 
  6. Walter Andrés Almirón García         Arxentina “GAITEIRO DE SOUTELO” 
  7. Daniel Lumbreras Rodríguez           Donosti “GAITEIRO DE SOUTELO” 
  8. Raquel García Martínez                   Valencia “GAITEIRO DE SOUTELO”