Buscar neste blog

Síguenos en...

05 novembro 2021

Homenaxe ó Guerrilleiro Antifascista BENIGNO FRAGA PITA. Sábado día 13 de novembro ás 11,30 h.


O sábado día 13 de novembro de 2021 ás 11,30 h. no Ateneo Ferrolán
 

Homenaxe ó Guerrilleiro Antifascista BENIGNO FRAGA PITA, a entrega de restos por parte da ARMH, enterro e xantar de confraternidade.

 Agradecemos nos comuniquen a asistencia ó acto para a reserva no Ateneo, no autobús e no restaurante no correo armhgalicia@gmail.com

  · A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) exhumó, entre os días 3 e 4 de xunio de 2020, o corpo de Benigno Fraga Pita enterrado nunha foxa individual na zona civil do cementerio de Celeiros (Chandrexa de Queixa) Ourense · 

 O sábado 13 de novembro de 2021 ás 11.30 h. celebrarase o acto de homenaxe a Benigno Fraga Pita no Ateneo Ferrolán. De seguido, no cementerio de Catabois ás 13.30h procederáse ó enterro. Para o enterro haberá servizo de autobús. A continuación haberá un xantar de confraternización 

DÍA: SÁBADO 13 DE NOVIEMBRE ACTO DE HOMENAXE 11.30 horas 

Lugar: Ateneo Ferrolán rúa Magdalena, 202-204 

Intervirán no acto: A ARMH, familiares e veciños de Celeiros. Coa a participación de poetas e músicos. Presenta a periodista Clara Bernal. 

ENTERRO 13,30 horas Lugar : Camposanto de Catabois 

SUCESO 

Benigno Fraga Pita, tamén coñecido como Alejandro ou Alejandro el Viejo, naceu nas Somozas, A Coruña, en 1892. 

Exerceu como mestre armeiro nos arsenais de Ferrol. Exerceu como secretario de organización do PCE en Ferrol. Despois de descubrir a súa pertenza ao Partido Comunista, Benigno Fraga Pita debe fuxir e incorpórase á guerrilla. Foi enviado a Ourense en agosto de 1946 e fundou xunto a Samuel Mayo Méndez “Saúl” e José María Saavedra Díaz Pepe a II Agrupación Guerrilleira de Galicia para loitar contra o réxime franquista. Foi nomeado comisario político da mesma. 

Establecen a súa base na Edreira, coñecida polos guerrilleiros como “O Balneario”. Era unha casa grande do Macizo Central de Ourense, onde se refuxiaron os guerrilleiros da zona, entre os que tamén estaba Camilo de Dios. Ao redor de febreiro de 1949 o franquismo intensificara a súa represión, polo que dende a II Agrupación contra o réxime se proxectan golpes combinados. Dende a II Agrupación contra o réxime. 

Paralelamente, o 18 de marzo de 1949, os seis guerrilleiros que permanecían na base da Edreira, O Balneario, tiveron que presenciar a queima da base por parte da Garda Civil e ampararse no monte e agardar o regreso dos seus compañeiros. Ante a imperiosa necesidade, o grupo viuse obrigado a descender do monte o mércores 27 de abril de 1949 pola ladeira de San Mamede que domina as terras de Queixa polo Curro de Mede. Chegaron á cantina Eliseo en Candedo, que se atopaba na boca da estrada sen necesidade de achegarse á localidade. O grupo está rodeado pola Garda Civil ese mesmo día, cando estaban a conseguir comida, e conseguen fuxir salvo Benigno Fraga Pita, que morre nun tiroteo coa Garda Civil. 

A ARMH (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica), a petición da familia de Benigno Fraga Pita, procedeu entre os días 3 e 4 de xuño de 2020 á exhumación dos restos na fosa individual do cemiterio civil de Celeiros, Chandrexa de Queixa (Ourense).

28 outubro 2021

XXI MOSTRA de CURTAMETRAXES 2021 - Participa e Difunde!!!!



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XXI MOSTRA de CURTAMETRAXES 2021 - Participa e Difunde!!!! 

 Manda a túa curta antes do día 26 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano. 

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 26 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano. 

Normalmente recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo. Se utilizas esta plataforma, necesitamos saber a ligazón á curta máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga" habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da nosa entidade. 

Os días 15 e 16 de decembro de 2021, levarase a cabo a XXI MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral. 

A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional. 

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial. 

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

25 outubro 2021

Presentación "Ferrol Rebelde. Mapa da historia obreira". Luns día 8 de novembro ás 19 h.

🌱 Seis anos despois do seu nacemento #ferrolrebelde continúa o seu camiño, agora cun mapa que divulgará a historia obreira da cidade! 📍 

O vindeiro luns 8 de novembro ás 19h presentamos no Ateneo Ferrolán esta iniciativa, coa que continuar a fomentar o diálogo social arredor dunha cuestión tan central na identidade da cidade. 

 🤝 Este proxecto está financiado pola Deputación da Coruña, a través da liña de axudas para a realización de actividades culturais por entidades sen ánimo de lucro. 

Toda a info na web! www.rexenerando.com

https://rexenerando.com/blog/2021/10/25/o-ferrol-rebelde-agora-nun-mapa/

08 outubro 2021

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA . Luns día 25 de outubro de 2021

Ferrol 8 de outubro de 2021 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 

Benquerido socio /socia: 

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o luns día 25 de outubro ás 19,30 h. en primeira convocatoria e ás 20 h. en segundo, coa seguinte 

ORDE DO DÍA

 1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior (26.06.2019). 

2.- Informe de xestión. 

3.- Informe económico. Aprobación Contas anuais 2019 e 2020 

4.- Prórroga mandato da actual Xunta Directiva 

5.- Varios: Información sobre a Modificación Estatutos do Ateneo. 

6.- Rogos e preguntas 

Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva, 

 

Asdo.- Xavier M. Dongil Presidente

29 setembro 2021

Club de Lectura do Ateneo Ferrolán. Martes día 5 de outubro ás 17 h.

Club de Lectura do Ateneo Ferrolán
 
Os primeiros Martes de cada mes ás 17 h. no Ateneo.
 
Este próximo martes día 5 de outubro ás 17 h. no noso salón de actos celebrarase a primeira xuntanza do Club de Lectura do presente curso 2021-2022.
 
A obra obxecto de estudo será "Señora de rojo sobre fondo gris" de Miguel Delibes.
Cumprirase estritamente o protocolo Covid
 
Animamos a tod@s a participar desta emblemática actividade.
Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA, segue levándose a cabo todos os primeiros martes de cada mes. Encontros coa LECTURA onde xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora Angeles Seoane.

23 agosto 2021

Presentación libro "Kropotkin 100 anos despois". Xoves 26 de agosto ás 20 h. no Ateneo Ferrolán

 



 

 

 

 

 

 

 

 

 

Presentación libro "Kropotkin 100 anos despois"

Xoves día 26 de agosto de 2021 ás 20 h. no Ateneo

 

Presentación libro "Kropotkin 100 anos despois", editado pola Fundación Anselmo Lorenzo contando coa presencia dun dos autores do volume, o xornalista Rafael Cid e co historiador e investigador Eliseo Fernández Fernández.

Presentación libro "El sueño de Julia y otros relatos". Mércores 25 de agosto ás 12 h.

 

Presentación libro "El sueño de Julia y otros relatos"

Mércores día 25 de agosto de 2021 ás 12 h. no Ateneo Ferrolán

Presentación do libro de relatos "El sueño de Julia y otros relatos" do autor Ángel Ruiz de Velasco Bellas e que estará acompañado por Carlos J. García Gómez (Colaborador de opinión en el Diario de Ferrol).
 
Relatos curtos, pero intensos, que encerran pedazos de vida como espellos cuarteados, nos que con todo, poderiamos recoñecernos sen pudor, recentemente levantados, antes do primeiro bocexo, da primeira mentira.

 

20 xullo 2021

Revista ATENEA nº48. Xuño-Xullo-Agosto 2021


 

 

Un novo número da nosa Revista ATENEA nº48
Xuño-Xullo-Agosto 2021

 

Descarga aquí:

https://drive.google.com/file/d/1RrqE1sW052PmHkgBVNpUC2LByw0pCEo2/view?usp=sharing

 

 

 

 


 

 


21 maio 2021

Presentación da revista de baloncesto "Zona Press". Luns día 24 de maio ás 20 h.


Presentación da revista de baloncesto "Zona Press" no Ateneo Ferrolán 

O vindeiro luns día 24 de maio ás 20 h.

O número 24 da publicación dedica a portada e o 30% do seu contido ao ascenso do BAXI Ferrol e ese é o motivo de realizar a presentación de Zona Press na cidade. 
 
Óscar Losada, editor e director da revista, estará acompañado por Lino López, técnico da escuadra, e Natalia Rodríguez, xogadora que acaba de renovar para a próxima tempada. 
 
Conversarán sobre o logro do ascenso e a planificación do equipo para a campaña 2021-2022.

10 maio 2021

Presentación do libro “Romanza dos naranjos en flor” de Juan Galán. Mércores día 12 de maio ás 19 h.

 


Juan Galán 
natural da Coruña e residente en Ferrol, presentará o mércores día 12 de maio, ás 19.00 h. no Ateneo Ferrolán, o seu primeiro libro, “Romanza dos naranjos en flor”
 
Considerada unha novela histórica con matices de intriga, nas páxinas do libro hai tamén espazo para o amor, a solidariedade, o humor, a amizade e a música. “ Romanza dos naranjos en flor” é precisamente o nome da peza musical que durante a súa estancia no campo de concentración compón un dos protagonistas.
 
O autor estará acompañado na presentación por Enrique Barreira e José A. Ponche Far.

Trátase dunha historia ambientada na guerra civil española e o campo de prisioneiros de Oia, en Pontevedra. Transcorre en diferentes puntos da xeografía galega, entre os que se inclúen localizacións como Serantes e a cidade naval. No campo de prisioneiros republicanos no que se converteu o mosteiro de Santa María de Oia durante a contenda coinciden os dous personaxes principais: Alfonso Castro Weiss, falanxista coruñés, avogado e fillo de republicano nado en Ferrol; e Miguel Artimes Chaira, violinista ovetense afiliado á CNT. O primeiro exerce como inspector no campo onde Artimes atópase como recluído. A medida que se recrúa a represión, Castro irase posicionando contra o Réxime e a súa falta de humanidade cos vencidos.

 


 

21 abril 2021

A nosa revista ATENEA nº 47

 


A nosa revista "ATENEA" nº 47 
#Ateneo #SomosCultura #Publicacións #Ferrol #Galiza 
 
Descarga:  
https://drive.google.com/file/d/1-fv6XO0TBIfBJut_yMw1Ff0Ok1n4Yeyr/view?usp=drivesdk
 
 Sumario:
 


 

15 abril 2021

Exposición do XIV Premio Ksado de Creación Fotográfica da Deputación da Coruña. Do 6 de maio ao 6 de xuño de 2021

 


Exposición do XIV Premio Ksado de Creación Fotográfica 

Do 6 de maio ao 6 de xuño de 2021

 As salas do Ateneo Ferrolán acollerán dende o 6 de maio ao 6 de xuño deste ano 2021 unha exposición cos traballos premiados na decimocuarta edición do galardón de Creación Fotográfica Luis Ksado da Deputación da Coruña. Trátase dun premio que xa é un referente no eido da fotografía en Galicia e mesmo en España.

 Tendo en conta a significación especial que, para a difusión das artes da imaxe e, especialmente da fotografía, posúe, dende hai tempo a nosa provincia e coa finalidade de contribuír á conservación da memoria de personaxes tan representativas neste campo como foi Luís Ksado, a Deputación da Coruña convoca o Premio “Luís Ksado” de Creación Fotográfica.

 O vindeiro día 6 de maio abrirase no Ateneo Ferrolán a exposición do XIV Premio Ksado de Creación Fotográfica da Deputación da Coruña. A colección "Fillos de Breogán" do lugués Alejandro Real e "Gangborder" de Javier Arcenillas, gañadores do certame, poderanse ver en Ferrol até o 6 de xuño nunha itinerancia que visitará varios concellos da provincia da Coruña.

"A vontade da Deputación da Coruña é contribuír á difusión das obras gañadoras dos nosos premios culturais e, neste sentido, a itinerancia da exposición do Premio Ksado permitirá que moito máis público coñeza as obras premiadas e tamén se mostren en concellos pequenos, con máis dificultade para a programación cultural de artes plásticas", sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

 Da colección de Alejandro Real, "Fillos de Breogán", o xurado destacou que se trata dunha "serie moi consistente cunha forma pouco usual e moi orixinal de achegarse ao motivo fotografado"

 En canto "Gangborder" de Javier Arcenillas, trátase, segundo o xurado, "dunha aposta de fotoxornalismo impecable, con moita forza e supón un relato redondo sobre un conflito case esquecido".

 Alejandro Real naceu en Lugo en 1983. Os seus comezos na fotografía datan do 2008 de forma autodidacta aínda que logo completa a súa formación como Técnico Superior de Artes Plásticas e deseño en Fotografía Artística na Escola de Arte Ramón Falcón de Lugo. Gañou premios como o do Maratón fotográfico do campus de Lugo, o Concurso de relato fotográfico Dra. Susana Santeiro ou o concurso Findecurta. Os seus comezos foron na fotografía dixital, mais pronto empeza a se interesar pola fotografía clásica, traballando na actualidade en grande formato analóxico.

Javier Arcenillas naceu en 1973 en Salamanca e, como fotoxornalista, desenvolve ensaios humanitarios en que os protagonistas están integrados en sociedades que limitan e agreden toda razón e dereito. Gañou importantes premios internacionais, como o Arts Press Award, Kodak Joung Photographer, Euro Press de Fujifilm, Terceiro premio FotoPres, Luís Ksado, Poyi, Eugene Smith Grant ou World Press Photo. As súas reportaxes máis completas pódense ver en publicacións coma Time, Spiegel, Stern, Lens El Periódico de Guatemala, El País, El Mundo, Sunday Times, Gatopardo ou IL Magazine. Ten catro libros publicados como "City Hope", "Welcome", "Sicarios" "UFOpresences".