Ciclo de Conferencias:
"Ferrol: mobilidade sostible e rehabilitación de barrios".
"Ferrol: mobilidade sostible e rehabilitación de barrios".
O venres día 28 de novembro e 12 de decembro ás 19,30 h.
no salón de actos do Ateneo Ferrolán.

A cesión
de José María López Dafonte está composta por numerosas
publicacións editadas en Ferrol e documentación orixinal de
diversas institucións escolares que existiron na nosa cidade, nas
que tiña participado o seu antepasado Andrés López Otero.
En canto a
Ferrol, documentación da Sociedade Española de Construción Naval e
de xeito especial as súas escolas (diurnas e nocturnas), viaxe de
estudos a ParIs en 1930 de Carmen Castrillón, do mesmo xeito das
viaxes realizadas polo seu director e concelleiro republicano Andrés
López Otero a Barcelona,Madrid y Tarrasa. Documentación en torno ao
seu fillo, Andrés López Dafonte, tamén director das Escolas da S.E
de Construción Naval, profesor da Escola Elemental do Traballo, socio
da Liga Racionalista e fundador da "Academia
"Dafonte". Documentación exhaustiva relacionada coa Escola
de Artes E Oficios e da Escola Elemental do Traballo de Ferrol y
Reglamentos do Corpo de Máquinas da Armada do ano 1915.
En Concerto: Tato Lopez & Cia
espectáculo musical da rede Músicos ao Vivo:
Sábado día 18 de outubro de 2014 ás 20,30 h.
"Ritmo de Arena" e unha viaxe, unha recreación musical de diferentes atmósferas compostas de musica de fusión e textos con contido social,tamén e a celebración da multiculturalidad, pois Tato López propon paisaxes musicais que van dende o tango ao blues, o do swing ao son cubano, convirtindo este proxecto nunha fusión de música de autor cun sabor único.
Percorre as principais salas da península, dende o “Dado Dada”(Santiago), "Galileo Galilei, "Liberdade 8" (Madrid), etc... ata diferentes escenarios como o "Festival Barnasants" (Barcelona), o máis importante evento de canción de autor mundial compartindo cartel con Pedro Guerra o L.E. Aute, entre outros. As súas cancións estiveron no 2013 en toda a xeografía española e neste verán, viaxará a latinoamérica, máis concretamente a Bos Aires para presentar alí a súa música.
Compartiu escenario con xente da Nueva troba cubana, como Karel García e Yhosvany Palma, e doutros ámbitos, como Silvia Penide, Pascuala Ilabaca, Gustavo Almeida, entre outros.
Un dos cantautores máis destacados do momento en Galicia, cautiva pola súa orixinalidade e frescura dos seus concertos.