Buscar neste blog

Síguenos en...

26 xaneiro 2015

Exposición de Pintura de ALEJOS. Do 4 ao 28 de febreiro.

 Exposición de Pintura de ALEJOS "DERRADEIROS TRABALLOS" no Ateneo
Do 4 ao 28 de febreiro

Horario de visitas: 
luns a venres de 11 a 13,30 h. e de 17 a 21 h.
sábados de 10,30 a 13,30 h.
                               
O pintor ferrolán Alejos, que vén de presentar a súa obra máis recente en Barcelona o pasado mes de outubro, expoñerá as súas últimas obras no ATENEO FERROLAN a partir do mércores día 4 de febreiro.
Posteriormente, o día 19 do mesmo mes inaugurará exposición na madrileña GALERÍA HERRAIZ, así como tamén será un dos poucos pintores europeos en expoñer na prestixiosa feira chinesa ART BEIJING, xa no mes de abril.

"De formación autodidacta, na pintura de Alejos podemos ver influencias de diversas correntes estilísticas, como son o pop art, a arte naif ou o xaponés ukiyo-e, aínda que el prefire denominar o seu estilo como "un novo impresionismo". Manchas de cores puras, ben definidas, xogan entre si harmoniosamente creando sutís paisaxes que impregnan as nosas retinas e que quedarán fixadas na nosa memoria, probablemente para sempre. Tráennos recordos de mestres de tempos pasados...del xaponés Hokusai, de Matisse e as súas cartolinas recortadas, tamén de Van Gogh e os seus coloridos paisaxes e mesmo, das xa máis recentes, pinturas americanas de Hockney. É, ante todo, unha pintura lírica, imaxinativa, alegre, suxestiva e especialmente rechamante, coa que este artista nos recorda que a arte é ante todo creación, interpretación, non simple copia da realidade, facendo fincapé en que o mundo debe representarse, non só como é, senón tamén, como se sente. Hai obra de Alejos en EUA, China, Reino Unido, Portugal, España, etc,".

Memoria Actividades Realizadas no ano 2014 no Ateneo Ferrolán


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Memoria Actividades Realizadas no ano 2014 no Ateneo Ferrolán

AUDIOVISUAIS
 - Martes de Cine. (Todo o ano)
  
 Ciclos:
  “Eisenstein”
  “O embarazo e o dereito a decidir”
  “Novos Medos”
  “Berlanga eterno”
  “A conquista dos dereitos”
  
 - Proxección Curtametraxe “Percepción” de José A. Jiménez
 - Proxección Documental “Arde Madrid” de Antón Caeiro.
 - Presentación Curtametraxe “Naufraxios” de Angel Ferreira
 - Proxección “Chico” de Charles Chaplina con Fran Rey ao piano.
 - Presentación Documental “Yo Decido. El tren de la libertad”
 - Proxección da película “El tiempo de Plácido Meana” de Kike Narcea
 - Presentación da Curtametraxe “ADSL” de Manuel G. Bonome
 - XIV Xornadas “Mostra de Curtametraxes”

BIBLIOTECA – HEMEROTECA

Dende o ano 1989 está considerada “BIBLIOTECA DE TITULARIDADE PRIVADA DE ESPECIAL INTERESE PARA GALICIA”.
E dende o ano 1996 (Orde do 21.10.1996) está “INTEGRADA NA REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA”.

Os FONDOS increméntanse, como non podía ser doutra maneira, mes a mes, o que supón un esforzo económico e persoal para a conservación e difusión de dito patrimonio.

O Ateneo Ferrolán mantén aberta libre e gratuítamente a súa Biblioteca-Hemeroteca, sendo a ÚNICA HEMEROTECA de Ferrol e Comarca. Facilita aos seus usuarios coñecementos e información mediante unha colección organizada de documentos, así como a través dos novos sistemas de información e tecnoloxías, que garante o acceso libre e directo ao coñecemento, á información, ao ocio e á cultura.

A destacar neste ano 2014:

 - Cesión fondos Biblioteca-Hemeroteca – Jaime López Fernández
 - Cesión fondos Biblioteca-Hemeroteca – José Mª Dafonte
 - Publicación do libro “Hildegart en La Tierra” 


CIRPEN GRUPO FILOSÓFICO. Todos os primeiros mércores de cada mes.

CLUB DE LECTURA do Ateneo. Todos os primeiros martes de cada mes

CONFERENCIAS – DEBATES

 - Recital Poético sobre “Xaime Quintanilla Martínez”
 - Conferencia sobre “A Fronte Popular”
 - Conferencia: “Base popular do independentismo catalán” por José Mª Roselló.
 - Presentación do Grupo Surrealista Galego e proxección do filme de poesía visual “Xalundes” por Xoan Abeleira
 - Palestra sobre “O 10 de marzo”
 - Presentación – Revista LUZES - “Aquí facemos barcos”.Debate sobre o naval
 - Charla arredor de “A noite branca” con Francisco Fernández Naval.
  - Mesa Redonda: “O dereito a decidir”
 - Charla “Polo dereito a unha morte digna”
 - Conmemoración Día da República
 - Semana do Abril Portugués
 - Presentación Actas “Xornadas sobre saneamento”. Federación Veciñal “Roi Xordo” - Colexio Arquitectos.
 - Charla sobre “O maltrato infantil”
 - Semana Letras Galegas
 - Charla: “A escola Zapatista” por Fernando Marcelín
 - Xornadas AGAMME Asociación Galega contra o maltrato na infancia e na adolescencia”
 - Debate: “As eleccións europeas e a abdicación do Rei. ¿Un novo espazo político e social?”
 - Comisión Coordenadora “Galiza pola república e o dereito a decidir”
 - Conferencia de Juan Torres
 - Conferencia “Repensar a anarquía” por Carlos Taibo. Organiza: Unión Libertaria.
 - Conferencia”Chernibyl” por César Toimil.
 - Asemblea informativa: “Tratado Libre Comercio”
 - Asemblea Aberta “Contra a represión sindical”
 - Xornadas sobre Medio Ambiente
 - Conferencia de Xesús Alonso Montero
 - Xornadas “Urbanismo e Cidade”
 - Conferencia de Ana Romero Masía

CONGRESO CENTENARIO HILDEGART

CELEBRACIÓN ANIVERSARIO DO ATENEO FERROLÁN: “135 ANOS NA CIDADE DE FERROL (1879-2014)” 

ESCENA / TEATRO / POESÍA

 - Teatro “La farmacia de Chejov”
 - Representación “Experimento Marcos” - UDC
 - Teatro Radiofónico “Crónicas Republicanas”
 - Representación Teatral “Falando Claro” de Pepe Sendón
 - Radioteatro “A guerra dos mundos 2012”
 - Espectáculo de MARIONETAS “El gato con botas”
 - RECITAL POÉTICO “SOMOS POESÍA – SALVEMOS O ATENEO”

EXPOSICIÓNS

 Fotografías de Rita Gutiérrez
 Fotografías de Ricardo Gómez
 Fotografías de Ana Gil
 Pinturas de Paloma Jaén
 Fotografías de José Luis Pérez
 Fotografías de José Dopico Cereijo
 Pinturas – Esculturas – Gravados. Solidaria Ateneo
 Pinturas de Delio Sánchez
 Fotografías de Pablo Prados
 Fotografías “12 ollos 24 miradas” . Varios Autores
 Fotografías do “Outono Fotográfico”
 Centenario Hildegart

FEIRÓN CULTURAL no ATENEO.KOZMIC BLUES en directo.

MÚSICA EN DIRECTO / CONCERTOS 

 - Concerto de Airan Beltrán, Xurxo G. Climent e Lucía Cortiñas
   - Concerto de Piano - Alumn@s Montalbo
 - Sesión Vermú con música en directo de Jorge Mirancos
 - Concerto X.M. Lago e Oscar Martínez
 - Concerto Fer Patiño
 - Gravación do CD “SONS DE FERROLTERRA”
 - Concerto Violén – A Escola da Vaca
 - Concerto Rubén Artabe
 - Sesión Vermú con música en directo de Oscar Fojo
 - Sesión Vermú con música en directo de La Mandanga
 - Sesión Vermú con música en directo de Roger de Flor
 - Sesión Vermú con música en directo de Refugalhos
 - Concerto “As noites do Ateneo” con “Bang 74”
 - Concerto Soprano Cecilia Rie Franchi – Piano José M. Yáñez Carballeira
 - Concerto de Marcos Mella
 - Concerto “A Escola da Vaca Blues Band”
 - Concerto Miguel Alonso
 - Concerto Silvia Penide
 - Concerto Tato López
 - Concerto Recital Xosé Constela

OBRADOIROS – TALLERES

 Obradoiro de Danza Contemporánea
 Curso Guión para Cine
 Curso Fotografía Nocturna
 Curso Audiovisual
 Curso Interpretación para Cine
 Curso Debuxo e Pintura
 Curso Iniciación á Fotografía
 Curso Creación de Guións para Cine e TV

PRESENTACIÓNS PUBLICACIÓNS

 Para que nos sirve Galiza?” de Xaime Subiela
 Caderno Republicano nº3 “O camarada Fraga e as vítimas da represión franquista”
 “Perlío no pasado” de Mª Xesús Arias e Henrique Sanfiz
 “Revista Estudios”. Unión Libertaria
 “Horas Polares” de Natalio Gómez
 “Emigrantes, exiliados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)” de Dionísio Pereira
 Poemario “Rio Alzheimer” de Carlos Pereira
 “Guía para o descenso enerxético” de Begoña de Bernardo e Xoan Doldan
 Revista “Razón Socialista” – Fuco Buxán
 Acto Rosalía de Castro – Presentación dun conto recuperado de Rosalía “Conto en galego” de Xesús Torres Regueiro
 “Perdemos o tren As claves políticas do atraso” de Manuel Monge
 Presentación libro de Blanca Quintanilla
 Presentación libro Poemas “A distancia do tambor” de Eva Veiga
 Presentación libro “La ficción democrática” de Rafael Cid
 Presentación libro “De Beiras a Podemos. A política galega nos tempos da Troika (2012-2014) de Anxo Lugilde.
 Presentación libro “Del Amor” de Ricardo Mella
 Presentación libro poemario “Remontar o río”
 Presentación libro “De vida ou morte” de Mª José Castelo

PROGRAMACIÓN ESPECIAL NADAL – A ESCOLA DA VACA

Imaxes: 
https://picasaweb.google.com/110482366806784127628/ACTIVIDADESCULTURAIS




20 xaneiro 2015

Espectáculo de MARIONETAS: "La gallina de los huevos de oro". Sábado día 31 ás 12 h.

Un espectáculo de MARIONETAS para publico infantil e familiar
"La gallina de los huevos de oro"

Posta en escena e dirección - Plamen Dipchikov
Escenografía, marionetas e vestuario - Ani Petrova
 
Sábado 31 de xaneiro ás 12 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolan
Entrada: Infantil 3€ / Adultos 5€
Soci@s: 3€

08 xaneiro 2015

Exposición de Pinturas de Pedro Castro. Do 2 ao 30 de xaneiro.

 
"As Cantigas de Alfonso X: A súa música, historia e pintura"
Exposición de Pinturas de Pedro Castro
 
do 2 ao 30 de xaneiro no Ateneo Ferrolán

07 xaneiro 2015

Obradoiro-Taller de Coaching. Venres 9 de xaneiro de 18:00 a 20:30 no Ateneo Ferrolán

Obradoiro-Taller de Coaching
o venres 9 de xaneiro de 18:00 a 20:30 no Ateneo Ferrolán.
Imparte: Sabela Naranjo

"Pasa a ITV a túa vida e ponte a punto para o 2015"
Neste taller pecharemos o ano e nos adentraremos a outro con novas ilusións.

¿Qué traballaremos?
- Faremos un balance para extraer todo o positivo do 2014 e, dos “erros”, os
seus arprendizaxes. Deixaremos todo aquilo que xa non queremos para o 2015
por medio dunha actividade de escritura terapéutica chamada “La carta de
despedida”.
- Ensinareivos a utilizar unha ferramenta clave no Coaching, “La rueda de la
vida”. Onde descubriremos o noso estado presente e cada unha das áreas da
nosa vida e cal de ellas necesita que poñamos máis atención.
- A través do “Modelo Smart” coñecereis os punto claves para deseñar un
obxectivo eficaz e, deste xeito, alacanzalo máis sinxelamente.
- Planificaremos o novos propósitos por medio dunha “Batería de preguntas
poderosas”:

¿Qué queremos?... ¿Para qué o queremos?... ¿Cómo o conseguiremos?...
¿Cándo?...
- E nos cargaremos de motivación e ledicia para comenzalo ano con bo pé.

As prazas son limitadas e o grupo será reducido.
O prezo: Soci@s 22 € e Non Soci@s 25 €

29 decembro 2014

Actividade sobre "As Cantigas de Alfonso X: A súa música, historia e pintura". Venres día 2 ás 20 h.

"As Cantigas de Alfonso X: A súa música, historia e pintura"
O venres día 2 de xaneiro de 2015 ás 20 h. no Ateneo
Entrada de balde

  • Inauguración Exposición de pinturas de Pedro Castro. Presentación a cargo do Dr. en Historia Andrés Pena Graña.
  • Presentación do libro Custodio ou a fé do carboeiro, de Antón de Santiago, introducido e presentado pola Dra. en Filoloxía Eva Ocampo.
  • Acompañarannos: O barítono Antón de Santiago, a soprano Victoria Álvarez, o percusionista Tito Cabezas e á guitarra clásica Mónica Pita.





26 decembro 2014

ESCOLA DE TEATRO do Ateneo Ferrolán. APUNTATE!

ESCOLA DE TEATRO do Ateneo Ferrolán. APUNTATE!


Adultos: Martes e Xoves de 19 h. a 21h.
Infantil: Xoves de 17,30 h. a 18,30 h.

INTERPRETACIÓN ESCÉNICA NO TEATRO DE OBXECTO E VISUAL
Impartido por Plamen Dipchikov (doutor en ciencia e arte teatral)

O Teatro de obxecto e visual é un xenero da arte teatral dun nivel elevado na escala intelectual. Dispón da súa propia linguaxe e estética expresiva.
Ten como obxectivo a intelixencia emocional do publico e é capaz de emitir desde o escenario mensaxes conceptuais conmovedores. O actor é o responsable de dar vida a obxectos, creando así a acción escénica. Si queres dominar esta arte- apúntate e abre todos sentidos para o encontro cun concepto teatral completamente novo e fascinante.

DISCIPLINA
Métodos e exercicios do actor no teatro dramático e teatro de obxectos

CATEGORÍA
Teoría de teatro aplicada

RESEÑA
Practicas do actor con obxecto

ÁMBITO
Posta en escena. Dirección de teatro

DIRIXIDO A
Nenos e nenas de 5 a 11 anos 27€ ao mes
Adolescentes de 12 a 17 anos 37€ ao mes
Adultos maiores de 18 anos 47€ ao mes

DURACIÓN
Permanente a partir de 19 de xaneiro de 2015

CONTIDO

1. A emoción como filosofía do teatro de obxectos e visual
2. Iniciación na teoría da arte dramática desde a perspectiva do teatro de obxectos e visual
3. Índole do actor do teatro de obxectos e visual
4. Labor creativa do actor do teatro de obxectos e visual
5. Ferramentas, utensilios e atributos para o estudo e as practicas do actor

DESCRICIÓN DO CURSO

O traballo do actor do teatro de obxecto e visual consiste, entre outras tarefas, en:
* estudar o papel do seu personaxe
* dar vida a aquilo que carece dela
* poñer a disposición do director de escena o material máis importante para a creación da mensaxe conceptual escénica
* conseguir unha brillante imaxe escénica cunha presenza propia delicada e dedicada á actuación do obxecto

FINALIDADES DO CURSO

Na primeira fase do curso tratarase de:
* aprender como analizar a tarefa escénica
* aprender como sintetizar todos os resultados da análise nunha actuación lóxica e convincente
* aprender practicas de actuación con obxecto

Na segunda fase do curso tratarase de:
* que cada participante leve a cabo unha micro- actuación (individual ou en grupo) cun obxecto ou unha marioneta

Na terceira fase do curso tratarase de:
* seleccionar mellores resultados nun casting interno e sacar conclusións dos “non elixidos”
* montar un espectáculo de variedades
* estrear o espectáculo

Libro "Ques e porqués do reintegracionismo". Prezo especial para socios e socias do Ateneo.




A Associaçom Galega da Língua (AGAL) ofrece a posibilidade de adquirir o
libro "Quês e porquês do reintegracionismo" a un prezo especial para as socias e socios do Ateneo. O libro custaría 1,5 euros para os pedidos que se fagan na secretaría do Ateneo, mentres que o seu prezo de venta ao público é de 7 euros.  
A data límite para a recollida de pedidos é o 7 de xaneiro.

Para máis información sobre o libro:

http://www.atraves-editora.com/ques-e-porques-do-reintegracionismo/

Un saúdo.

O Ateneo Ferrolán

23 decembro 2014

Un espectáculo de MARIONETAS: "El Gato con Botas". Domingo día 28 ás 12,30 h.



Un espectáculo de MARIONETAS para publico infantil e familiar
"El Gato con Botas"

Posta en escena e dirección - Plamen Dipchikov
Escenografía, marionetas e vestuario - Ani Petrova
Actores - Plamen Dipchikov e Sabela Amado Rojo

 
28 de decembro ás 12:30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolan

Entrada: Infantil 3€ / Adultos 5€

22 decembro 2014

Presentación da Curtametraxe "ADSL" o martes día 23 ás 20,30 h.

 
Presentación da Curtametraxe "ADSL" o martes día 23 ás 20,30 h. 
no salón de actos do Ateneo. 
Entrada de balde
 
Título: ADSL
Director: Manuel G. Bonome.
Guión e produción: Paco Torregrosa e Manuel G. Bonome.
Idioma: Castelán.
Duración: 20 minutos.
Grabado en Fene e A Coruña.

19 decembro 2014

Feirón Cultural no Ateneo. Domingo 21 a partir das 11,30 h.


 
O domingo 21 de decembro, coincidindo coa feira de Ferrol, haberá un Feirón Cultural no Ateneo Ferrolán, dende as 11:30 da mañá, coa participación de diversas entidades culturais e sociais da bisbarra, e amenizada polo grupo “Kozmic Blues” que tocarán a partir das 13 h..
A idea deste feirón cultural é que as entidades sociais e culturais da bisbarra poidan ofrecer ao público os seus traballos e as súas inquedanzas, fornecendo ademáis un ámbito de convivencia e colaboración que sirva de complemento á tradicional feira da cidade.
Calqueira colectivo ou organización que queira tomar parte neste feirón pode facelo poñéndose en contacto co Ateneo.
Ao tempo convidamos a toda a xente da bisbarra a desfrutar dunha mañá alegre de cultura, convivencia e feira nos locais do Ateneo. Agardamos a vosa presencia.
O Ateneo Ferrolán

16 decembro 2014

Programa a desenvolver nas XIV Xornadas "Mostra de Curtametraxes" 2014. Días 17, 18 e 19 ás 19,30 h.

Programa a desenvolver nas XIV Xornadas "Mostra de Curtametraxes" 2014
no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Entrada de balde.

XIV XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” ATENEO

17, 18 e 19 de decembro do 2014


Mércores, 17 de decembro 19.30h SESIÓN APERTURA (duración sesión: 1h30m)
 
19.30 h. ANIMACIÓN (duración sesión; 14 min.)
    • El Balseiro, de Guillermo Zapata 8'
    • Una Cerilla, de Miguel Castro 6'

    19:45 h. SOCIAL (duración sesión; 1h60m)
    • Muina, de Jo Graell 7'
    • Naufraxios, de Miguel Castro 20'
    • Silencios, de Jesús Méndez Cestero 9'
    • No Tengo Miedo, de José Diego Santiago 4'
    • Hola Mamá, de Miguel Castro 5'
    • Miedo, de Carlos De Antonio 6'
    • Flores para Amalia, de Nani Matos 19'
    • Como romper el silencio, de Miguel Castro 10'
    • Acabo de Tener un Sueño, de Javi Navarro 7'
    • Elia e o Libro, de Marisa Otero 10'

Xoves, 18 de decembro 19.30h SESIÓN COMEDIA - SUSPENSE (duración sesión: 1h40m)

19:30 h. HUMOR/COMEDIA (duración sesión: 1h38m)
    • La Liquidación, de Olga Martínez Gómez 5'
    • De Baixa, de Juanín Ares 20'
    • Es un Buen Chaval, de Esteban Real / Juanfer Andrés 5'
    • Estocolmo, de Alvaro Martín 9'
    • Valor de Día, de Do conto ao cine” de Narón 10'
    • Cada Can Que Lamba o Seu, de Do conto ao cine” de Narón 5'
    • Patentado, de Javi Navarro 11'
    • Un Viaje Sucio, de Luis Galindo 15'
    • Confesión, de Gonzalo Gurrea Ysase 3'
                                     20:53 h. SUSPENSE/TERROR (duración sesión: 17 min)
    • 1+1, de Ramón Lázaro 4'
    • Radio, de Marko Crnogorski 10'
    • M Is For Miracle, de Alvaro Nuñez 3'

Venres, 19 de decembro 19.30h SESIÓN CLAUSURA (duración sesión: 1h10m)
19:30 h. RELACIÓNS (duración sesión: 50 min.)
    • Flash, de Alberto Ruíz Rojo 7'
    • It Girl, de Oriol Puig Playá 3'
    • Os Menimos do Rio, de Javier Macipe 14'
    • La Cena Canibal, de Mónica Negueruela 6'
    • Oscar Descafeinado, de Mikel Alvariño 20'
20:20 h. DOCUMENTAL (duración sesión: 20 min.)
    • Construindo Música, de Alumn@s do IES de Trasancos 11'
    • Diario Íntimo de una Actriz, de Javi Pueyo 9'

13 decembro 2014

Programación Especial Infantil. Decembro 2014

Comezamos no Ateneo unha Programación Especial para este mes de decembro 
que informaremos puntualmente


Nesta primeira, A Escola da Vaca e o Ateneo Ferrolan organizamos:
Entrada libre e gratuíta. 

Luns día 15 ás 18,30 h.: Escenificación dun Conto Infantil
Martes día 16 ás 18,30 h.: Concerto de Violín
Luns día 22 ás18,30 h.: Concerto Didáctico Blues
Martes día 23 ás 17,30 h.:  Actuación de Canto