Buscar neste blog

Síguenos en...

19 agosto 2008

Concurso Composición para Gaita Galega Solista

Punto nº 9 do Concurso de Gaita Galega

En Ferrol, o día 30 de xullo de 2008, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204, 1º o XURADO do XVIII Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:
  • D. Víctor Fernández Gabeiras
  • D. Xavier Rodríguez Fariñas
  • D. Pablo López Torneiro
  • D. Xoán Rodríguez Silvar
  • D. Xesús Vaamonde Manteiga
e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez analizadas a totalidade das composicións presentadas ó mesmo.

ACORDOU, conceder ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a:
  • PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola partitura “BRÍA” para Gaita Solista en DO, Cordas e Piano.
Así mesmo declaran como FINALISTAS deste premio a:
  • JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra “A DERRADEIRA SINTAXE” para Gaita e Orquestra de Corda.
  • DAVID BELLAS GARCIA coa obra “HISTORIA DE AMOR en Bb” para Gaita, Violin e Piano.
Asinado:

Víctor Fernández Gabeiras
Presidente do Xurado

Cristina Meizoso Alonso
Secretaria

07 agosto 2008

Finalistas do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”

Finalistas do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a celebrar o 31 de agosto de 2008 no Teatro Jofre de Ferrol.

En Ferrol, o día 30 de xullo de 2008, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204, 1º , o Xurado do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”, composto por:

D. Víctor Fernández Gabeiras
D. Xesús Vaamonde Manteiga
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Pablo López Torneiro
D. Xoán Rodríguez Silvar

e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requerían para participar no mesmo, acordou, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:
  1. Ricardo Manuel Mouriño Freire, Narón (A Coruña).
  2. Pablo Devigo Vázquez, Castro Caldelas (Ourense).
  3. Bruno Villamar Gay, Lugo.
  4. Gonzalo Abeleiras Lemos, Ourense.
  5. José Manuel Mojón Pérez, Ourense.
  6. Isidro Vidal Gallardo, Ourense.
  7. Daniel Lumbreras Rodríguez, Guipúzcoa.
  8. Vicente Carlos González Siri, Uruguay.
  9. Jordi Torres, Arxentina.
  10. Santiago Agustín Molina, Arxentina.
Asinado.
  • Víctor Fernández Gabeiras (Presidente).
  • Xabier Rodríguez Fariñas.
  • Xoán Rodríguez Silvar.
  • Pablo López Torneiro.
  • Xesús Vaamonde Manteiga.

  • Cristina Meizoso Alonso (Secretaria).

04 xullo 2008

Fallo do Xurado do 18º CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2008



O Xurado cualificador do 18º CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2008, organizado polo Ateneo Ferrolán, integrado por SPELA TROBEC, CESAR TOIMIL, e JORGE MEIS e actuando como secretaria sen voto, CRISTINA MEIZOSO ALONSO, reunido o día 2 de xuño de 2008, toma os seguintes acordos:

Unha vez examinadas a totalidade de fotografías presentadas a concurso, de acordo coas Bases e por unanimidade DECIDE:
  1. Descualificar un total de 0 dos traballos presentados, por non axustarse ás Bases
  2. Seleccionar 36 das fotografías presentadas a concurso, para incluír na exposición itinerante, tal e como se indica nas Bases.
  3. Otorga-los seguintes Premios :
3º PREMIO: “ABATIDO AGONIZA”
  • ANTONIO J. FERNÁNDEZ MARÍN (Valdoviño)
2º PREMIO: “CAMPIÑA INGLESA”
  • JOSÉ F. RODRÍGUEZ NIETO (Narón)
1º PREMIO: “EN LA INMENSIDAD”
  • ALBERTO PORRES VIÑEZ (Tarragona)

29 xuño 2008

Proxección de "Animal, A película"

O venres día 4 de xullo ás 19 horas.
Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.

Unha longametraxe de ficción que inclúe unha metraxe documental sobre as torturas e posterior agonía á que é sometido o toro bravo, reaccións adversas do público que asiste ás corridas, principalmente estranxeiro, que acude á praza de toros “enganado” por unha ofensiva e mal chamada Festa Nacional e que vaille incluída nus packs turísticos onde non se fai verdadeiro fincapé na natureza sádica e cruel do “evento”, declaracións de expertos veterinarios que expoñen o sufrimento do animal desde que entra na praza ate que é vilmente sacrificado (estres, medo, dolor, etc). Sen embargo non é “Animal” A película, só un documental, moi ao contrario, utiliza elementos reais para implicar ao espectador e situalo na trama do filme.

No proxecto Animal, tamén realizarase unha longametraxe para televisión no que se inclúen todos os documentos recollidos para a longametraxe e non incluídos finalmente neste así como opinións de rostros populares animalistas e anti-taurinos (actores, escritores, políticos, deportistas, filósofos, periodistas e xente anónima cuxo testimonio creemos que é de especial interese)

Animal foi presentada no Festival de Cine Fantástico de Sitges 2007, fora de concurso, e tivo unha enorme aceptación ao encherse a sala onde se produzo a estrea.

A través da campaña “Galicia, mellor sen touradas”, a Asociación Animalista LIBERA! e a plataforma internacional Stop Our Shame, estrearán a película en diferentes espazos de Galicia, como unha clara contraprogramación de verdadeira cultura ao espectáculo taurino que ten lugar cada ano en certas cidades galegas.

Todas as estreas de Animal en Galicia son gratuítas.
www.animallapelicula.com


25 xuño 2008

Sesión Vermú no Ateneo

Sábado, 28 de XUÑO ás 12 horas
SESIÓN VERMÚ no ATENEO FERROLÁN


Pinchos e vermú para todas e todos
Música en directo
Repichoca

ACUDE!!
Estades tod@s convidad@s!!!!


24 xuño 2008

Fallo do Xurado do VI Certame de Teatro Infantil e Xuvenil “Atenea 2008”

O Xurado do VI Certame de Teatro Infantil e Xuvenil “Atenea 2008”, que organiza o Ateneo Ferrolán, co patrocinio de Caixa Nova, composto por:

María José Doce Rey, Aurora Rivas Hermida, Esperanza Vidal Martínez e Francisco Oti Ríos acordou o seguinte FALLO:

1) Conceder o Premio de Categoría Especial ao Grupo de teatro do Colexio “Carmen Polo”, dirixido por María Victoria Suárez.

2) Nas categorías Infantil e Primaria a:
  • Grupo do CEIP “Centieiras” do Concello de Fene coa obra “Todo é un conto”, dirixido por Mª Cointa Pazos García.
  • Grupo “Atios”, do CEIP “Atios”, coa obra “O galo Quirico”.
  • Grupo do CEIP “Cruceiro Canido”, coa obra “Berenguela”, dirixida por Pablo Lombao Grandal e Isabel López Bellas.
  • Grupo da Asociación Os Amigos “Arco Iris” do Concello de Valdoviño coa obra “A Farsa das zocas” dirixida por Lucía Caneiro.
3) Na Categoría Xuvenil a:
  • Grupo IES Carvalho Calero coa obra “Un casting para Melchor” dirixida por Mª Pilar Patiño.
  • Grupo “Pasapadentro” da Asociación Cultural Melandrainas de Arteixo, coa obra “La niña que riega las albahacas” dirixida por Marga Fernández e Queta Soto.
Todos eles recibirán un premio, de igual cuantía, por un total de 250 Euros, doados por Caixa Nova, ACTO que terá lugar o próximo venres día 20 ás oito da tarde no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.

O Xurado quere destacar e valorar publicamente os traballos e esforzos adicados por parte de tódolos grupos participantes, dentro das grandes diferencias de medios económicos e humanos e, moi especialmente naqueles colexios onde se conseguiu ese compromiso e unidade no traballo da comunidade escolar.

Para rematar o Xurado de Atenea 2008, quere felicitar o Ateneo Ferrolán polo seu compromiso permanente e desinteresado coa cultura, sobre todo na súa base, os pequenos, e a Caixa Nova pola súa sensibilidade e compromiso, así como recomendarlles e alentarlles na continuidade deste certame.

Asdo. Eliseo Zaera Ríos (Presidente)
Asdo. Mª José Doce (Secretaria)

13 xuño 2008

Sexismo e mixosinia na investigación documental

EXPOSICIÓN PROXECTO DA UDC:
“SEXISMO E MISOXINIA NA INVESTIGACIÓN DOCUMENTAL"

Dende o luns 16 ate o 30 de xuño

Os estudos en torno ás diferenzas de xénero son recentes e favoreceron que na actualidade cóntese cunha ampla bibliografía sobre os avatares sufridos pola muller na sociedade, política, arte, literatura ou publicidade contemporáneas propiciando o desenvolvemento dunha nova disciplina de estudo na que a grande cuestión a analizar é determinar qué motivacións causan este fenómeno.

Nos últimos anos sobre todo, a investigación neste campo adquiriu un importante auxe pero son necesarios máis estudos e publicacións que traten as desigualdades evidentes e o preocupante aumento da chamada violencia de xénero.

Resulta, por tanto, necesario elaborar traballos científicos sobre este tema tan actual que sirvan para ir completando unha lagoa evidente.

Esta exposición enmarcase dentro do proxecto de investigación Sexismo e androcentrismo na prensa periódica española, que levase a cabo na UDC. O equipo está coordinado polas Dras. Elena Alfaya Lamas e Dolores Villaverde Solar coa colaboración dos investigadores:
Mª José Carralero Conde, Pablo Fernández Mariño, Carolina Gómez Pouso, Aída López Pardo e Carla López Piñeiro.

CONSTA DE 8 PÓSTER INFORMATIVOS, nos posters da exposición trátanse temas arredor da violencia sobre a muller, como son os tipos de violencia, a análise do discurso empregado nos medios no trato deste tema, o papel da muller na sociedade, artes, etc.

03 xuño 2008

Horario de verán do Ateneo Ferrolán

Dende o día 1 de Xuño até o día 30 de Setembro (ambos engadidos), este será o horario do Ateneo Ferrolán.

OFICINA:
De Luns a Venres – de 10 a 14 horas.

BIBLIOTECA:
De Luns a Venres – de 11 a 14 horas.

O Ateneo permanecerá pechado por vacacións do 14 de Xullo ao 15 de Agosto.

Charla: "A Soia Mata"


A dirixente labrega paraguaia Gilda Roa estará o Xoves día 5 de Xuño en Ferrol, no Ateneo Ferrolán, dentro da xira europea que está a facer, xunto coa investigadora Nina Holland e a antropóloga An Maeyens, para informar sobre os impactos ambientais e sociais dos monocultivos de soia transxénica no Paraguai, produción destinada á exportación para a elaboración de agrocombustíbeis e pensos para gandaría industrial.

Gilda Roa, Nina Holland e An Maeyens estarán na Galiza entre os días 4 e 6 de Xuño convidadas pola Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos (alianza formada por Amarante, SLG, Verdegaia e VSF); na charla que se celebra en Ferrol, colabora a Mesa de Agrocombustibeis de Ferrol, integrada pola Sociedade Galega de Historia Natural, ADEGA, Cooperativa "A Xoaniña" e personas a título individual.

O contido centrarase en falar sobre as consecuencias ambientais e sociais dos monocultivos de soia no Paraguai. A soia transxénica cultivada no Paraguai é exportada a Europa co obxecto de elaborar agrocombustíbeis e pensos para gandaría industrial.

As charlas serán acompañadas de proxeccións de curtametraxes nas que se recolle a situación que vive o rural paraguaio.
  • Gilda Roa fai parte da Dirección Nacional do MAP (Movimiento Agrario y Popular), organización paraguaia que traballa na defensa das comunidades labregas que moran na fronteira agrícola da soia transxénica.
  • Nina Holland é investigadora do CEO (Corporate Europe Observatory), organización con base en Amsterdam dedicada á investigación e realización de campañas sobre as ameazas á democracia, equidade, xustiza social e ambiente por parte das empresas e os seus lobbies. Un dos ámbitos de investigación de Nina Holland é o da política europea sobre agrocombustíbeis.
  • An Maeyens é antropóloga e membro da rede A SEED Europe (Action for Solidarity, Environment, Equality and Diversity) con sede en Amsterdam. An Maeyens ten estudado a situación das poboacións labregas paraguaias.
A xirá tamén chegará o mércores 4 de Xuño ás 20:00 horas á Sala de Xuntas da Faculdade de Veterinaria (Lugo) e o venres 6 de Xuño ás 19:30 horas á CSA A Cova dos Ratos (Rúa Romil), Vigo

30 maio 2008

Exposición da selección de fotografias do Certame Fotográfico

Do 5 ao 30 de Xuño na segunda planta do Ateneo Ferrolán, estará a exposición das fotografías seleccionadas para o XVIII CERTAME FOTOGRÁFICO MEDIO AMBIENTE 2008

O xoves día 5 de Xuño ás 20:00 horas, farase a lectura e fallo do xurado.

22 maio 2008

Dia Internacional das Mulheres pola Paz


A Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulheres en Ferrolterra, organiza o Sábado 24 de Maio, a proxeçom do filme AS TARTARUGAS TAMBÉM VOAM.

Este filme, que tem a característica de ser protagonizado por crianzas que vivem nos campos de refugiados, mantém entre o realismo, a fiçom e mesmo algumha pincelada cómica, o drama da guerra na mais descarnada das súas olhadas, o futuro negado às crianzas. A pequena protagonista do filme queda atrapada e sem saida numha realidade de violencia patriarcal estrema.

Ao remate da proxeçom invitara-se ás pessoas asistentes a compartilhar as suas reflexons. Será o Sábado 24 às 19:00hs. no Salom de Actos do Ateneo Ferrolán.

16 maio 2008

Rehabilitación e Urbanización nos barrios da Magdalena e Ferrol-Vello

O próximo mércores día 21 de maio no Ateneo Ferrolán terá lugar unha charla informativa sobre a "Rehabilitación e Urbanización nos barrios da Magdalena e Ferrol-Vello", organizada por CCA Ferrol A Magdalena.

Ás 19,30 horas o responsable da oficina de rehabilitación o Sr. Mendizábal informará sobre:
"O PERI e as axudas para a rehabilitación de vivendas".

A partir das 20,30 horas o concelleiro coordinador do área de urbanismo, o Sr. Mato e o concelleiro de rehabilitación e urbanización o Sr. Reimúndez informarán sobre:
"As obras de reurbanización do Barrio da Magdalena: ampliación do aparcamento da Plaza de Armas, urbanización da superficie da Plaza de España e obras previstas para as rúas.

ACTO PÚBLICO e ABERTO

07 maio 2008

"Mulleres cociñando o futuro"

Exposicion fotográfica "Mulleres cociñando o futuro"

Do 9 ao 31 de maio na 1ª planta da sala de exposicións do Ateneo Ferrolán.

Inauguración o venres día 9 ás 12 da mañá con roda de prensa á que asistirá José Luis Quintela director territorial de Intermón Oxfam en Galicia, Asturias e León.