Buscar neste blog

Síguenos en...

10 xuño 2011

ACTA DO XURADO do XXI Certame Fotográfico Medio Ambiente 2011

Exposición das Fotografías Seleccionadas do día 6 ate o 21 de xuño de 2011 en horario de tarde de 19 a 21 horas, na sala de exposicións da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao (no Porto de Ferrol) 

ACTA:
O Xurado cualificador do XXI CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2011, organizado polo Ateneo Ferrolán, integrado por RODRIGO RAMOS ARDA (Fotógrafo), JOSE PARDO (Fotógrafo) e CARLOS CARBALLEIRA (Fotógrafo) e actuando como secretaria sen voto, CRISTINA MEIZOSO ALONSO, reunido o día 30 de maio de 2011, toma os seguintes acordos:

Unha vez examinadas a totalidade de fotografías presentadas a concurso, de acordo coas Bases e por unanimidade DECIDE:
  1. Descualificar un total de  3 dos traballos presentados, por non axustarse ás Bases
  2. Seleccionar 38 das fotografías presentadas a Concurso, para incluír na exposición itinerante, tal e como se indica nas Bases, e publicalas nun Catálogo editado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol.
  3. OUTORGALOS seguintes Premios, sendo neste ano 2011 o primeiro premio patrocinado pola Autoridade Portuaria Ferrol San Cibrao:
  • 3º PREMIO: “DESTERRO III”
    SABELA IGLESIAS REVIEJO (Xanceda – A Coruña)
  • 2º PREMIO: “VOLVERÁS A LA TIERRA”
    MARTÍN DEBÉN SÁNCHEZ (Culleredo – A Coruña)
  • 1º PREMIO:  “MENOS CONSUMO ... MEJOR FUTURO”
    RUBÉN PÉREZ NOVO (Narón – A Coruña)

Para que así conste a tódolos efectos oportunos, os abaixo asinantes

RODRIGO RAMOS ARDÁ, JOSE PARDO, CARLOS CARBALLEIRA e Cristina Meizoso Alonso (secretaria sen voto)

01 xuño 2011

Exposición do XXI Certame Fotográfico Medio Ambiente 2011

Exposición Fotografías Seleccionadas do día 6 ate o 21 de xuño de 2011 en horario de tarde de 19 a 21 horas.


Co motivo da celebración do “Día Mundial de Medio Ambiente”, o Ateneo Ferrolán ven organizando, dende o ano 1991, todos os anos un CERTAME FOTOGRÁFICO que neste ano 2011 cumprirá a súa 21ª edición. O certame conta cunha ampla participación de fotógrafos de Galicia e toda España, e incluso a nivel internacional (Portugal, Alemania, ...) que nas obras presentadas resaltan a importancia da natureza nas súas vertentes de coidado e denuncia das agresións que recibe a mesma no actual tipo de sociedade que estamos a construír.
A exposición consta dunha selección realizada polo Xurado, de 50 fotografías (máximo) enmarcadas e que serán publicadas nun Catálogo editado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, e coas que se realiza unha Mostra Itinerante que participa no OUTONO FOTOGRÁFICO de Ourense, a partir da inauguración e exposición que este ano terá lugar na Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, o luns día 6 de xuño ás 20 horas, onde darase a coñecer o FALLO do Xurado e concédense os premios, sendo neste ano 2011 o primeiro premio patrocinado pola Autoridade Portuaria Ferrol San Cibrao, e que consisten en:
  • 900 € -------- 1º PREMIO
  • 300 €  ------- 2º PREMIO
  • 150 €  ------- 3º PREMIO

O XURADO desta XXI edición está formado por RODRIGO RAMOS ARDA (Fotógrafo), JOSE PARDO (Fotógrafo) e CARLOS CARBALLEIRA (Fotógrafo), aos que lle damos as grazas. 
Listado cos AUTORES e as  Fotografías seleccionadas: 
ALEXANDRE FERNANDEZ SOBRADO
  • SOMBRA
ANTIA RODRIGUEZ CALDEIRO
  • MIMETISMO
ANTONIO J. FERNANDEZ MARIN
  • CORRELIMOS
  • AGUA 
ANTONIO LOPEZ FERNANDEZ 
  • ANURO TROVADOR
  • EN ESTADO PURO 
ELOY TABOADA RIVAS 
  • NATURALEZA III
  •  NATURALEZA I
 FERNANDO ROMAN AREAN
  •  DISPARATE0
 FRANCISCO MACEIRA RODRIGUEZ
  •  BUQUE DA ARMADA ESPAÑOLA BALEIRANDO OS TANQUES DE COMBUSTIBLE O MAR
 INES LÓPEZ -BERINI FERNANDEZ
  •  PIEZAS DE UN GRAN TETRIS
 JAVIER ARCENILLAS
  •  SEN TITULO 3
  •  SEN TITULO 2
  •  SEN TITULO 1
 JORDI REIG PURGIMON
  •  MARIPOSA
 JOSE MANUEL MAIQUEZ MIJARES
  •  PITAS EN LA LLUVIA
  •  ESTERIL
 JOSE MEIS MEAÑO
  •  MONTES E MOREAS
  •  EN VIA DE EXTINCIÓN
  •  O BOSQUE ALTERADO
 JUAN CADAVEIRA
  •  HACIA EL CIELO
 Mª CARMEN VILLAR ALONSO
  •  ERA UNHA VEZ ….O ANCESTRO
 MARGARITA CUMBRAO CANABAL
  •  CORRELIMOS
 MARTIN DEBEN SÁNCHEZ
  •  VOLVERÁS A LA TIERRA
 OSCAR GONZALEZ RODRIGUEZ
  •  LA TIERRA ... Y EL HOMBRE
 PEDRO LUIS RODRIGUEZ PORCA
  •  A VIDA SO QUERE SER. RIO TINTO
  •  VAISE UN VELLO MODELO ENERXETIO
 RAMON SEQUEIRO FERREÑO
  •  RENACER
 RAMÓN VAAMONDE VILAS
  •  A MÁIS GRANDE
 RUBEN PEREZ NOVO
  •  POLUCION
  •  BROTE DE VIDA
  •  MENOS CONSUMO ... MEJOR FUTURO
 SABELA IGLESIAS REVIEJO
  •  DESTERRO #3
 SANDRA GARCIA REY
  •  ALEN DA PORTA DE PEDRA
 SILVIA PATO RICO
  •  SOBREVIVIENTE
  •  RELICTO
 SUSANA PEDREIRA GARCIA
  •  FIN DUNHA VIDA
 XAN XE CORRAL PAZ
  •  UNHA MAÑÁ DE PRIMAVERA NA FERVENZA

06 maio 2011

XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011

Logo de acadar o apoio institucional do CONCELLO de FERROL e AGADIC, CONVOCAMOS de novo o noso Concurso na súa XX edición.
Axuntamos Bases e Cartel do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011.

02 maio 2011

Vento Lois

Ante a convocatoria aberta da seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 8 da tarde.

O ATENEO FERROLÁN chama a participación dos colectivos, asociacións e persoas individuais que queiran colaborar desta homenaxe pública que faremos a LOIS PEREIRO: Lectura Manifesto, Mural con artistas locais, música, teatro, danza, lectura poética, .... Dende o Ateneo Ferrolán tentamos involucrar a zona de Ferrol desta homenaxe pública a LOIS PEREIRO.

Como remataba Lois a súa Modesta proposición:
“quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (por exemplo)”.

Confirma o teu interese en participar con nós:
secretaria@ateneoferrolan.org ou no telefono 981.357.970

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán

19 abril 2011

Participa no novo Especial Poesía: POESÍA VISUAL

O Ateneo Ferrolán, volve a poñer á vosa disposición a Revista "ATENEA" para que enviedes un traballo en idioma galego baixo a temática: Especial Poesía: POESÍA VISUAL e, de quedar seleccionado, publicarémolo na Atenea nº 42 de xullo-agosto-setembro 2011.

De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico o teu traballo facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 10 de xuño de 2011.

A publicación da revista é trimestral dende 1999 e ten unha tirada de 1.000 exemplares distribuíndose de forma gratuíta a Centros de Ensino, Culturais, Bibliotecas e Centros de especial interese de Galiza e resto da península.

08 abril 2011

Revista ATENEA nº41 abril - maio - Xuño 2011

SUMARIO ATENEA 41
Especial "Por un museo imaxinario"


EDITORIAL
  • Editorial
BIBLIOTECA - HEMEROTECA
  • Cousas da Biblioteca – Hemeroteca
  • Novidades
ARTIGOS
  • “Prégase ler este relato cos ollo pechados” por Miguel Angel Alonso Diz
Especial “Por un Museo Imaxinario: cómo asasinar ás musas”
  • “Extraflame” por Alberte Momán
  • “Musasinada” por Alfonso Láuzara
  • “Conxuro contra lecturas exangues” por Ana Cibeira
  • “Asasinos de musas – Inspírate” por Irene Quinteiro
  • “O caso Marabilla” por Juan Emilio Rodríguez Fernández
  • “Mata unha musa ... inspírate” por Mario Marcos Pardo
  • “Bang! Bang!” por Miguel Angel Alonso Diz
  • “Como asasinar ás musas (e vivir pra relatalo)” por Óscar Bouzas
  • “A musa negra” por Tito Pérez Pérez
  • “En Celanova hai unha nena triste” por Xoán Carlos Domínguez Alberte
  • “Realidade” por María Ónega
  • “As funcións sociais da arte” por Luis Rapela
PROGRAMACIÓN
  • Programación abril - maio - Xuño 2011
FALAMOS DE .....
  • BENITO LOSADA
  • ANIVERSARIO SEIVANE
  • XOSÉ NEIRA VILAS
TEATRO
  • Manifesto día internacional do Teatro 2011
O PARNASO
  • MARIO MARCOS PARDO
  • LOIS PEREIRO (LETRAS GALEGAS 2011)

30 marzo 2011

O Ateneo Ferrolán adhirese á "Plataforma de Ferrol Terra en defensa da Auga"

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán quere facer pública a súa ADHESIÓN á "Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga".
Novas sobre a Lei de Augas de Galicia 
Relación de entradas e enlaces coas últimas novas publicadas en xornais dixitais privados comerciais, institucionais, comunitarios, alternativos, ... webs e blogues, no conxunto da rede, sobre a "Lei de Augas de Galicia" e a Loita do Pobo Galego contra mercantilización e privatización da auga.

Pola auga, ... pola vida 
Pola Derrogación da "Lei de Augas de Galicia" - Lei 9/2010, do 4 de Novembro, de Augas de Galicia.

Mira o documental Flow: Por Amor a Auga - de Irene Salina 

17 marzo 2011

Adhesión ao Manifesto pola Recuperación das Rías e da Costa Galega

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán quere facer pública a súa ADHESIÓN ao MANIFESTO presentado onte día 16 de marzo POLA RECUPERACIÓN DAS RÍAS, POLA RECUPERACIÓN DA NOSA COSTA e promovido polas confrarías de Ferrol, Barallobre e A Coruña.


As rías galegas e toda a nosa costa en xeral son as que peor calidade microbiolóxica de auga teñen de toda Europa.

Aínda sendo a zona de Europa con maior dependencia económica dos recursos do mar, pesca, marisqueo e actividades ligadas a elas.

E a pesar de que a 1 de xaneiro de 2006 tiñan que estar construídas as depuradoras de augas residuais.

Aínda hoxe ningunha ría está libre de zonas C (contaminadas por vertidos de augas fecais). Nestas zonas non se pode extraer marisco para a venta directa.
Hoxe o 41% da ría de Ferrol é zona C, de aquí se extraía o 80% de todo o marisco da ría.

Ademais a isto hai que sumarlle os recheos sen control e as industrias contaminantes no interior das rías ou en zonas sensíbeis.

A xente que traballamos no mar e vivimos del non somos os únicos afectados, todos e todas perdemos, tamén a nosa saúde.

Para recuperar o noso litoral e saúde do noso medio ambiente mariño.

Unha costa recuperada crea mais riqueza e postos de traballo.

Con unha costa recuperada gañamos todos e todas.

Desde as confrarías pensamos que é a sociedade galega a que ten que responder dunha vez. Xa está ben de destruír unha das principais fontes da nosa riqueza natural e económica.

Pedimos o apoio do tecido asociativo galego: asociacións veciñais, culturais, ecoloxistas, empresarias, anpas...

É cousa de todos, é cousa de todas.


Para calquera consulta dirixirse ao e-mail salvarasriasgalegas@gmail.com

09 febreiro 2011

Participa nun novo número da Revista Atenea

O Ateneo Ferrolán, volve a poñer á vosa disposición a Revista "ATENEA" para que enviedes un traballo en idioma galego (máximo 1 folio) baixo a temática: "Para un museo imaxinario: cómo asasinar ás musas" (Ideas e aportacións) e, de quedar seleccionado, publicarémolo na Atenea nº 41 de abril - maio - xuño 2011.

De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico o teu traballo facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 15 de marzo de 2011.

A publicación da revista é trimestral dende 1999 e ten unha tirada de 1.000 exemplares distribuíndose de forma gratuíta a Centros de Ensino, Culturais, Bibliotecas e Centros de especial interese de Galiza e resto da península.

11 xaneiro 2011

I Mostra de Documentais en Galego do Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán, celebrará o mércores 23 de marzo de 2011 ás 19 horas na Capela do Centro Torrente Ballester a I MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO, no que se proxectarán:

  • "Boca a boca"
    de XABIER MARQUÉS SOLLA [15' Galego]
  • "O sol nos chaos"
    de MARCOS NINE BUA [27' Galego]
  • "A fábrica"
    de MARCOS NINE BUA [20' Galego]
  • "Manuscritos pompeianos"
    de MARCOS NINE BUA [17' Galego]
  • "En medio de algures"
    de MANUEL IGLESIAS NANIN [16' Galego e Árabe]
  • "Regreso a San Andrés"
    de SIMONE SAIBENE [26' Galego e Castelán]
  • "O partido"
    de ADRIANA PEREZ VILLANUEVA [7´58" Galego e Castelán]
  • "Lembranzas das Encrobas"
    do COLECTIVO BiciLab [7'42" Galego]

10 xaneiro 2011

Revista ATENEA nº40 xaneiro - febreiro - marzo 2011


SUMARIO ATENEA 40

Especial Relato Curto “Un atípico nadal”

EDITORIAL

BIBLIOTECA - HEMEROTECA

  • Cousas da Biblioteca – Hemeroteca
RELATOS CURTOS
  • “Animal” por Alba Méndez De La Peña
  • “Paxaros no deserto” por Alberte Momán
  • “Chove fora” por Alfonso Láuzara
  • “O gastrónomo secreto das lámpadas de incandescencia” por Mario Pardo Pérez
  • “Sete contos de nadal” por Marisa Méndez
  • “Mar de vida, mar de morte” Miguel Angel Alonso Diz
  • “Postal con Namía” por Xoán Carlos Domínguez Alberte
  • “O nadal e Eurovisión” por Beatriz Fernández Varela
  • “O meniño e o incógnito” por Óscar Bouzas
  • “O reencontro” por Pedro Naveira Pedreira
  • “O solpor chegou roto” por  Clara Isabel Rodríguez Giraldez (Clara de Roxo)
  • “Os reis non son os pais” por Arturo Lezcano
  • “A neve cubríao todo” por Paco Oti
  • “Noitevella no almacén dos parafusos” por Tito Pérez Pérez
  • “Unha navidade atípica” por Irene Quinteiro
  • “Un atípico nadal” por Jorge Miguel Gago Chao
  • “Escuro natal” por Lupe Cês
  • “A choiva corisca na fiestra do meu cuarto” por Josefa Fernández Fernández
  • “Pum – Pum – Pum” por Javier Maseda Rodríguez
  • “O pai vendera o burrico meses antes” por Moncho Iglesias Míguez
PROGRAMACIÓN XANEIRO – FEBREIRO - MARZO 2011

21 decembro 2010

Selección de Curtametraxes 2010

Desde o Ateneo Ferrolán, queremos agradecer a participación de todos e todas as que enviáchedes as vosas obras e confiades neste proxecto cultural que dende o Ateneo Ferrolán levamos a cabo;  a vosa colaboración foi fundamental para consolidar o éxito destas novas Xornadas de Curtametraxes.
Dicir que, logo de tantos traballos recibidos, programaremos para o mes de febreiro–marzo un Especial Documentais

SELECCIÓN DE CURTAMETRAXES 2010
PROGRAMA:
Día 22 de decembro ás 19 horas na Capela do Centro “Torrente Ballester”

Contaremos coa participación na presentación destas curtas de JAVIER GUTIÉRREZ (Protagonista das dúas primeiras curtas) e de INÉS ENCISO (Directora das outras dúas).
  • COTÉ SOLER
    EL VENDEDOR DEL AÑO 0:14:00 Castelán
    Sinopse: Detrás das máis despiadadas das multinacionais so hai unha cousa. o home.

  • CESAR E JOSÉ ESTEBAN ALENDA
    EL ORDEN DE LAS COSAS 0:19:00 Castelán
    Sinopse: A vida de Julia transcorre na bañeira. Gota a gota irá reunindo o valor necesario para cambiar a orde das cousas.
     
  • INÉS ENCISO
    MOFETAS
    12′ Castelán
    Sinopse: Anoitece no porto de Tánger. Karim e Aziz esperan en silenzo. Ou o intentan …

    EN LO QUE QUEDA DE AÑO
    10’ Castelán
    Sinopse: A Vicenta gústalle a tele, coidar a súa neta, discutir co seu fillo, falar co chico do súper.
Día 23 de decembro ás 19 horas na Capela do Centro “Torrente Ballester”
  • SENÍN PORTO
    DEPETROSA 0:07:40 Galego
    Ano 2010 – Comedia
    Sinopse: Un home trata de chamar por telefono á empresa que acaba de despedilo, pero o contestador automático vaille poñe-las cousas difíciles.Un esperpento sobre o frustante mundo no que vivimos.
     
  • GUILLERMO ORTIZ
    DO NOT DISTURB 0:10:00 Castelán
    Ano 2010 – Comedia
    Sinopse: Martín so quere que o queran. É un inmadiro caprichoso que acaba véndose envolto en situacións absurdas e cómicas sen sequera ser consciente dilo. Claro que non so métese el senón que mete aos demais.Unha comedia de enredo nun hotel onde o mellor e non molestar.
     
  • RAQUEL SÁNCHEZ CURVILLA
    LA DAMA DE CORAZONES 0:03:00 Sen diálogo
    Ano 2010 – Animación
    Sinopse: O amor é unha forza que cega os nosos sentidos, pola que seríamos capaces de dalo todo.

  • JOSE ANGEL ALAYON DEVORA
    EN EL INSOMNIO 0:05:00 Sen diálogo
    Ano 2010 – Animación
    Sinopse: Como todas as noites o home quere durmir. Pon en práctica un desvelado ritual en busca do prezado sono, mais o insomnio é unha cousa moi persistente.
     
  • NAIRA Y JAVIER SANZ FUENTES
    EL ANIVERSARIO 0:09:00 Castelán
    Ano 2009 – Drama
    Sinopse: Narra a historia de Mary e David quenes para lembrar a súa aparente felicidade celebran cada ano un monótono aniversario de voda. Sen embargo unha chamada de telefono ao metade da cea desvelará unha realidade máis tráxica e inquedante.

  • DANIEL HERNÁNDEZ
    ZAPPING LIFE 0:09:00 Castelán
    Ano 2010 – Ficción
    Sinopse: Unha familia permanece hipnotizada polo seu televisor que lles mostra todo tipo de programación absurda e alienante. A familia vive presa da programación, permanece como espectadora do mundo e de a súa propia vida ate que unha dramática serie de acontecementos obrígaslle a espertar á terrible realidade.
     
  • ANTONIO PÉREZ GARRIDO "JOTONI"
    BEAN SOCIETY 0:02:00 Sen diálogos
    Ano 2010 – Ficción Animación
    Sinopse: Os días son curtos en Alubilandia. Unhas simpáticas fabas so queren gozar da vida, mais atópanse con dificultades.

  • XAVI SALA
    LA AUTORIDAD 0:09:00 Castelán
    Ano 2010 – Ficción
    Sinopse: Unha familia española de orixe marroquí vai de vacacións e é detida pola policía. Tras sufrir un humillante rexistro, as cousas nunca volverán a ser como antes.

  • PEPE CARRASCO
    UNA HISTORIA SIN PALABRAS 0:18:00 Castelán
    Ano 2010 – Ficción
    Sinopse: Poli é xordo e precisa axuda do seu avó que está na cama e non pode mover máis cun brazo. A guerra civil española a través dun taboleiro de xadrez será esa historia sen palabras que Poli ten que coñecer.

  • LLUC GUELL, PAULA MORELLO
    CAMAS CALIENTES 0:14:00 Sen diálogos
    Ano 2010 – Ficción
    Sinopse: Mariana e Ahmed son dous descoñecidos que comparten a mesma cama. Debido aos seus horarios invertidos e a súa precariedade económica vense obrigados a utilizar o sistema das “camas quentes”.

  • ROSA MÁRQUEZ
    BUROCRACIA 0:03:00 Castelán
    Ano 2010 – Ficción
    Sinopse: BUROCRACIA, do francés bureaucratie: administración ineficiente a causa do papeleo, a rixidez e as formalidades superfluas.

  • VICENTE VILLANUEVA
    LA RUBIA DE PINOS PUENTE 0:19:00 Castelán
    Ano 2009 – Ficción
    Sinopse: Eu nacín en Pinos Puente mais de pequena trouxéronme aquí.

  • EDUARDO LLERENA e outros
    SEXY BIRTHDAY 0:05:15 Castelán
    Ano 2010 – Comedia
    Sinopse: Ramón espértase o día do seu aniversario en casa e ninguén lle felicita.

  • DAVID GALÁN GALINDO
    CINE SOCIAL 0:03:30 Castelán
    Ano 2010 – Ficción
    Sinopse: Hai historias que fannos mellores persoas, esta non é unha delas.

  • JAIRO IGLESIAS MARTÍNEZ
    CAMPÁS 0:15:30 Galego
    Ano 2009 – Ficción
    Sinopse: 1937. Galicia. Fernando, o médico do pobo, acompaña a Manuel e Antón polo interior de Galicia, para curar aos soldados feridos da guerra civil.

  •  ALEX SAMPAIO
    A RESIDENCIA 0:10:45 Galego
    Ano 2010 – Suspense
    Sinopse:

  • DAVID PAREJA
    MIRADA PERDIDA 0:02:48 Sen diálogo
    Ano 2010 – Thriller
    Sinopse:  Retrato dun instante das súas vidas.

  • ALBERTO VÁZQUEZ e PEDRO RIVERO
    BIRDBOY 0:10:45 Sen diálogo
    Ano 2010 – Animación
    Sinopse: Un terrible accidente industrial cambia para sempre a vida da pequena DINKI. Agora pode que o seu destino penda das as do seu excéntrico amigo BIRDBOY, un marxinado que agochase no bosque abandonado as súas fantasías.

09 decembro 2010

Dixitalización dos fondos da Hemeroteca do ATENEO FERROLÁN

O Ateneo Ferrolán abordará a dixitalización da única colección completa que existe do FERROL DIARIO 1969 - 1980 e de EL NORTE 1980 - 1981, para ir complementando o proceso, xa iniciado, da dixitalización dos seus fondos máis importantes.

Ferrol ao longo da súa historia destacou polo seu interese pola prensa e desde o século XIX foi unha das cidades nas que o xornalismo e a prensa máis variada, desenvolvéronse dun xeito máis destacado.

Nós continuamos con esa tradición e a hemeroteca do Ateneo Ferrolán conserva exemplares únicos de prensa local desde o século XIX.

O Ateneo Ferrolán fundado en 1879, é unha institución sen ánimo de lucro, de carácter cultural, que desenvolve a súa actividade dentro do ámbito de Galicia, pero cunha proxección máis ampla, e cunha clara vocación de ser un lugar onde atopen cabida todas as opinións e expresións artísticas, enlazando co espírito dos ateneos decimonónicos, nos que temos a nosa orixe.

Esta biblioteca-hemeroteca está composta na actualidade por ± 10.000 volumes, no seu fondo bibliográfico, fondos de carácter xeral, pero que fan especial incidencia nos temas relacionados coa cidade de Ferrol, e con todo o referido á arte, a historia, a literatura e a cultura de Galicia. Pero a parte máis sobresaínte é a hemeroteca.

A hemeroteca do Ateneo Ferrolán conta na actualidade con ± 450 cabeceiras de prensa. Divididas en revistas e prensa diaria; tanto en coleccións pechadas como abertas; esta prensa é de ámbito internacional, pero desde logo, a súa parte máis importante é a prensa local.

A filmoteca do Ateneo Ferrolán conta na actualidade con ± 1.000 títulos entre longametraxes, curtas e documentais.

O noso importante arquivo fotográfico composto de fotografías de diversa tipoloxía de principios de século (construción naval, social, industrial, carteis ....).

O importante arquivo de partituras inéditas e orixinais para gaita galega así como as súas gravacións presentadas ao longo dos 19 anos do noso Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón".

Os fondos increméntanse, como non podía ser doutra maneira, mes a mes, o que supón un esforzo económico e persoal para a conservación e difusión de dito patrimonio.

O Ateneo Ferrolán ven realizando ininterrompidamente dende o ano 1976, dun xeito gratuíto e público o seu servizo aberto á cidadanía con tres traballadores fixos, e dende o ano 1983 mantén aberta a súa Biblioteca-Hemeroteca, sendo a ÚNICA HEMEROTECA de Ferrol e Comarca, coa atención especializada dun Licenciado.