Buscar neste blog
Síguenos en...
12 decembro 2023
XXIX Xornadas da Gaita Antón Varela "Tonecho". Venres 15 de decembro ás 19:30 h.
30 novembro 2023
Exposición Fotográfica "Capturando a Natureza". Do 4 de decembro ao 31 de xaneiro.
Álvaro Lamas, co seu proxecto Lost in Woodlands Photography, presenta novamente a súa exhibición titulada "Capturando a Natureza".
Despois de percorrer varios lugares da área de Ferrolterra e Ortegal, a exposición estará aloxada desde o 4 de Decembro ata o 31 de Xaneiro no Ateneo Ferrolán, situado na Rúa Magdalena 202-204 en Ferrol, A Coruña.
Capturando a Natureza nos achega algúns dos lugares máis emblemáticos da
comarca de Ferrolterra, Ortegal, a Mariña Lucense e as veciñas Asturias e
Cantabria a través das imaxes do fotógrafo. Paisaxes dunha inigualábel beleza retratadas pola súa particular visión e interpretadas dunha forma única para esta exposición que cerra o un 2023 con moitos kilómetros percorridos.
A mostra está composta por unha vintena de imaxes impresas en Aluminio Dibond de 50x75cm, un formato que se caracteriza pola sua gran definición, nitidez, calidade de imaxe e elegancia.
En palabras do propio autor:
“Capturando a Natureza pode que sexa un título moi xenérico pero tamén representa a esencia mesma detrás do meu proxecto. Capturar aqueles lugares e paisaxes naturais que me sorprenden pola súa beleza, o seu esplendor, a súa maxia ou o seu encanto. Nalgunhas ocasións se trata de grandes paisaxes con estrépitas fervenzas ou xélidos lagos de montaña que te deixan sen alento ou solpores en acantilados que dan unha vértixe terrible. Sen embargo, noutras un diminuto cogomelo agochado tras unhas follas, pode significar o mundo enteiro e facer que pase media mañá no chan ata conseguir capturalo.”
Ademais, nesta mostra haberá material que non foi exposto ata a data, ampliando así o seu proxecto fotográfico e a cantidade de obras que conforman a exposición.
Evento: Inauguración da Exposición Fotográfica "Capturando a Natureza"
Data: 4 de Decembro de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Salón de Actos do Ateneo Ferrolán
A exposición estará aberta ao público desde o 4 de Decembro ata o 31 de Xaneiro no horario habitual do Ateneo Ferrolán.
Máis información sobre o proxecto Lost in Woodlands Photography:
Sitio web: Lost in Woodlands
Instagram: Lost in Woodlands en Instagram
Facebook: Lost in Woodlands en Facebook
27 outubro 2023
Presentación do Libro: "Da URSS a Rusia: Unha historia de infamias e resistencias". Luns 30 de outubro ás 19 h.
19 outubro 2023
Exposición de Pinturas de Coti Fojo. Do 20 de outubro ao 30 de novembro.
11 outubro 2023
Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria. Mércores día 29 de novembro.
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Benquerido
socio e socia:
Por
medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se
celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o mércores
día 29
de novembro de 2023
ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda,
coa seguinte:
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral
anterior.
2.- Informe de xestión da Xunta Directiva
3.-
Informe económico da Xunta Directiva
4.-
Rogos e preguntas
5.- Elección da nova Xunta Directiva
O proceso electoral rexerase polo establecido no Capítulo XI dos Estatutos segundo o seguinte calendario:
16
de outubro - Último día para posible impugnación da Convocatoria
de Eleccións
18 de outubro - Último día para Constitución da
Mesa Electoral
26 de outubro - Inicio prazo para presentación
de Candidaturas
6 de novembro - Último día para presentación
de Candidaturas
13 de novembro - Proclamación de
Candidaturas
15 de novembro - Inicio da Campaña Electoral
29
de novembro - Celebración da Asemblea Xeral
- Elección da
nova Xunta Directiva
No
período da Campaña Electoral (entre os días 15
e 28
de novembro) tódalas Candidaturas poderán utiliza-lo Censo de
Socios/as, así como dispoñer das dependencias do Ateneo Ferrolán
para desenvolvela súa campaña.
Sen
máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,
Asdo.- Xabier M. Dongil
Presidente
Ferrol 11 de outubro de 2023
09 outubro 2023
Presentación do libro "Feijóo. Biografía dun farsante". Xoves 19 de outubro ás 19,30 h.
Presentación do libro "Feijóo. Biografía dun farsante" de Manuel Monge González
Xoves día 19 de outubro ás 19,30 h.
Contaremos coa presenza do autor que estará acompañado
polo investigador e historiador Eliseo Fernández Fernández
"Feijóo chegado o momento fixo unha alianza con Ayuso e “xa estou en Madrid con unanimidade”. Esa foi a xogada, unha cousa impresentable totalmente porque se presentara ás eleccións co lema “Galicia, Galicia, Galicia” e insistindo que tiña un compromiso con Galicia e de compromiso nada, antes de finalizar o mandato vaise para Madrid porque era a ocasión. Así lle deixa unha herdanza a Rueda lamentable con incremento de desigualdade, as pensións máis baixas do Estado, hai 400.000 pensionistas que viven na pobreza e dos asalariados, o 20% non chegan a mileuristas e un de cada tres nenos e nenas está en risco de pobreza. Sobre todo isto hai que informar, agora mesmo o máis revolucionario é informar. A medida que a xente estea informada, así se mobilizará senón, non se poderá cambiar nada".
https://xornaldacoruña.gal/2023/07/08/manuel-monge-o-importante-e-saber-a-quen-serve-feijoo-e-os-pasos-que-foi-dando-para-defender-os-ricos/
24 agosto 2023
NOVIDADE. Xa podes descargar a nosa Revista ATENEA nº 54
NOVIDADE. PUBLICACIÓNS do ATENEO FERROLÁN!!!
05 xullo 2023
40 anos da inauguración da sede do Ateneo Ferrolán no Barrio da Magdalena
26 xuño 2023
Presentación do Poemario "Onde nacen os Pexegueiros" de Mariola Hermida Romero. Venres día 30 de xuño ás 20 h.
Mariola Hermida:
A miña afección pola escrita ven desde hai moitos anos. Este é o meu terceiro Poemario.
Formei parte dun Obradoiro Literario en Fene durante dez anos, levado a cabo por Eduardo Estévez. Tamén doutro de Escritura Creativa na Biblioteca de Ferrol durante tres anos, a cargo de Luz María Leira Rivas. Participei nun Taller da escrita durante varios anos na Biblioteca de Fene e que estivo a cargo do poeta Pablo Bouza Suárez.
Fago poesía e Microrelato.
Os meus poemas están espallados nalgunhas revistas, como” Voces para a Catalepsia”, “Tejiendo microhistorias”, “Microfaíscas”, “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da emoción”, “Poesía en Feminino “Mulleres do rural” etc.
Formo parte do Colectivo Literario Moraima. Sempre que podo colaboro en recitáis poéticos ou en eventos culturais.
"Onde nacen os Pexegueiros" é un poemario dedicado á casa familiar paterna, observada cos ollos da nostalxia. Son os meus recordos a través dos anos da infancia e xuventude principalmente. Aínda que tamén percorre outros anos de madurez. Quérese facer unha homenaxe a toda a xente da aldea, á súa loita e fortaleza. Tamén á muller que xoga un papel tan importante, aínda que moitas veces solapado. E como non podería ser doutro xeito unha homenaxe tamén á natureza, que está moi presente ao longo do poemario.
Este libro está deseñado polo meu fillo Ángel Fernández
Hermida, así como as fotografías e a maquetación. A Editorial é
TerraIgnota.
19 xuño 2023
Exposición fotográfica "Rodolfo Ucha: O arquitecto da beleza" de Ovidio Aldegunde. Ate o 30 de setembro de 2023
“Rodolfo Ucha Piñeiro: O arquitecto da beleza” é a exposición coa que se quere propoñer unha revisión actualizada do legado arquitectónico de Rodolfo Ucha Piñeiro, encargado de renovar a estética da cidade de Ferrol mediante a introdución dos novos estilos á arquitectura do seu tempo.
As fotografías de Ovidio Aldegunde traen á actualidade a obra de Ucha reivindicando o seu papel como grande arquitecto de Ferrol e creador de moitos dos seus edificios máis significativos, arquitecturas emblemáticas que constitúen verdadeiras iconas como o Teatro Jofre, o Casino, o Hotel Suizo, a Casa Antón, a Casa Pereira, a Casa Romero ou A Pescadería, entre moitos outros, poderán verse e recoñecerse en imaxes fotográficas froito da ollada máis persoal do fotógrafo ferrolán que con esta selección quere poñer de novo en valor a obra dun arquitecto que foi clave na escena galega durante todo o S.XX converténdose nun exemplo de creatividade, eclecticismo e permeabilidade cara ás novas correntes estéticas do primeiro tercio do século, recollendo no seu aspecto formal e creativo dende o Modernismo ata o Racionalismo, pasando pola Art Déco e o Novo Eclecticismo.
Ucha entendía o seu traballo como unha intervención que dotaba ao tecido urbano por medio dos edificios de elementos individualizados que debían ser singulares e distintivos, dotados de capacidade representativa para embelecer e dar carácter propio ao espazo que ocupaban. E así o fixo, esforzándose por adaptarse aos gustos estéticos imperantes en cada momento pero achegando sempre solucións eficientes e orixinais, todas elas facilmente recoñecibles por ferroláns e visitantes, e moi susceptibles de salientar no imaxinario á hora de falar do patrimonio urbano local, enriquecido sen dúbida por estas xoias arquitectónicas.
12 xuño 2023
Presentación do poemario "Versos Violentos". Venres día 16 de xuño ás 20 h.
05 xuño 2023
Enlace ao Caderno da "Comisión Pro Memorial das Vítimas do Franquismo de Ferrolterra, Eume e Ortegal".























.jpeg)
