Buscar neste blog

Síguenos en...

28 maio 2010

Festival Musical "Tod@s paramos o Galicia Spirit"


Por qué?

A mediados do pasado mes de Abril, a titular do Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Ferrol, a Maxistrada-Xuíz Mónica Ramírez Encinas, emiteu un escrito de procesamento a 60 mariscadores da Ría de Ferrol por impedir o paso do buque gaseiro "Galicia Spirit" que se dirixía, cargado con GNL-LNG, á ilegal e perigosa planta de REGANOSA en Mugardos en Maio de 2007. A xuíz considera que "os procesados poden ser imputados de delitos de desordes públicas, desobediencia grave á autoridade e coaccións graves".
Ante este procesamento o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, veu a asumir a responsabilidade xunto outras organizacións veciñais, sociais e ecoloxistas que acompañaron á xente do mar na acción de autodefensa, pola Ría, a nosa seguridade e a vida.
O Comité Cidadán denuncia publicamente o procesamento dos mariscadores e mariñeiros, asumindo a parte de responsabilidade que lle corresponde e encetando unha campaña de auto-inculpacións. E con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o Comité Cidadán organiza un Festival Solidario coa Xente do Mar: Venres 4 de Xuño de 2010 no Porto de Ferrol, desde as 6 da Tarde.
Descarga a Cuña

21 maio 2010

Presentación da V Asemblea Galega de Inmigración e Emigración de Retorno

O vindeiro venres 21 de maio ás 20,00h terá lugar no Ateneo Ferrolan a presentación da vindeira Asemblea Xeral do Foro Galego de Inmigración, que será o 30 de maio, na que se contará coa presenza de arredor de 200 persoas representantes de asociacións de migrantes de Galiza e persoas afins ou interesadas no feito migratorio.

O tema a debatir este ano será "Repensando a nosa práctica asociativa".

As actividades desenvolveranse entre a Universidade e o Colexio de Esteiro.

Precisase preinscripción para participar nas mesmas. Podense consultar máis datos na web do Foro Galego de Inmigración: http://forogi.wordpress.com

Convocamosvos a acudir ó Ateneo Ferrolán este venres no que se presenta publicamente o acto e agradecemos de antemán a difusión do mesmo.

19 maio 2010

Día Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarme

A Coordinadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres convídate a reflexionar, a través do visionado da curtametraxe documental “Invisibles” de Wim Wenders e a película “Grbavica, El Secreto de Esma” de Jasmila Zbanic, sobre a situación de violencia sexual que viven as mulleres en  moitas zonas de guerra e conflitos armados, onde o seu corpo é utilizado como arma e botín de guerra.

A proxección será o 24 de Maio ás 19:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.



Este acto está enmarcado dentro da celebración da III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, que arrincou o pasado 8 de Marzo e culminará o 17 de Outubro con accións simultáneas en todo o mundo, e unha Mobilización Internacional na República Democrática do Congo, coa que pretendemos denunciar a situación das mulleres na rexión dos Grandes Lagos e outras zonas en guerra e conflito armado, e reivindicar e fortalecer o papel das mulleres na resolución dos conflitos e os procesos de paz.
MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES NA GALIZA
COORDINADORA COMARCAL DE FERROLTERRA
www.feminismo.info
www.mmm2010.info
marchagaliza@gmail.com

Refundando a Esquerda

O día 20 de Maio, ás 20:00 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, realízaranse unhas charlas con o lema "Refundando a Esquerda", organizadas por Esquerda Unida e presentadas por Vicente Couce e na que inteveñen Herminio Barreiro e Xosé Mª Dobarro Paz.

13 maio 2010

Auto-Convocatoria, para o Sábado 15 de Maio, polo Dia das Nosas Letras

O Ateneo Ferrolán, súmase ao acto que en réxime de auto-convocatoria, fai o Colectivo Sociocultural "A Revolta" de Trasancos para o próximo sábado día 15 ás 6 da tarde na Praza de Rosalia de Castro (Ferrol).

Todas as associacións e colectivos poden intervir no acto con comunicados, poesias ou outras intervencións. Pódense levar unhas flores como outros anos. As persoas a título individual tamém poden facelo, e desde A Revolta convídannos a asistir co traxe tradicional como un outro xeito de reivindicar a nosa identidade.

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán.

12 maio 2010

Exposición: Mentes Diverxentes

Mentes Diverxentes, é unha exposición realizada por 3 novos valores do panorama nacional.
Unha mostra de caracter persoal e pouco convencional na que mostraranse diferentes traballos de pintura, fotografía e escultura. Dunha maneira única, orixinal e autodidacta, Estes 3 artistas móstrannos o seu mundo persoal de fantasía e imaxinación no que poderás deixarte levar por todos os teus sentidos ao longo dun peculiar recorrido artístico.


INAUGURACIÓN o Martes 18 de Maio ás 20,30 horas no Ateneo Ferrolán.

06 maio 2010

Curso da Escola Popular Galega: Movimento obreiro e mudança social


O curso da EPG, Movimento obreiro e mudança social, será o Sábado 8 de Maio no Ateneo Ferrolán, em Ferrol.
  • 11h. O movimento obreiro na comarca de Ferrol.
    Eliseo Fernández (historiador).
  • 12h. Mulher e mundo laboral.
    María Martínez Iglesias. (Socióloga experta em sociologia do trabalho e sociologia do gênero).
  • 16h. As características do sindicalismo galego.
    Bernardo Máiz Vázquez (historiador).
  • 17h. Experiência militante: O sindicalismo hoje em dia na Galiza.
    Xam Lopes (Sindicalista da CIG).
O curso é gratuito e contará cum jantar de confraternizaçom às 14h. num local perto do lugar onde se celebraram as jornadas formativas. Agradece-se a inscriçom para calcular o número de pessoas que ficaremos ao jantar enviado um correio a escolapopularsociologia@gmail.com ou telefonando ao 649 536 270.

23 abril 2010

Presentacion da longametraxe "Relatos" de Mario Iglesias

O Sábado 24 de abril, ás 13 horas, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, contaremos con a presentación da longametraxe de MARIO IGLESIAS: "RELATOS", durante a presentación, contaremos coa presenza do director.

22 abril 2010

Exposición: "Cáceres 2016: Miradas"

A exposición "Cáceres 2016: Miradas" estará na Sala de Exposicións da 2ª planta do Ateneo Ferrolán, do 30 de abril ao 14 de maio.

A inauguración, á que asistirá o Presidente do Ateneo de Cáceres e a Alcaldesa de Cáceres e na que faremos a entrega do CATÁLOGO editado, será o venres 30 de abril ás 20,30 horas.

A cidade de Cáceres é Patrimonio da Humanidade e candidata a ser Capital Cultural Europea o 2016, polo que o Ateneo de Cáceres organiza unha exposición itinerante  pola rede de ateneos e casas de cultura de España e Portugal, eficaz vehículo de difusión da candidatura cacereña en cantas cidades poida chegar a ser contemplada esta exposición "Cáceres 2016: Miradas" que está composta por 22 obras entre pinturas e fotografías nas que móstranse distintos enclaves desta cidade elaboradas por 22 autores seleccionados nun certame público convocado polo Ateneo de Cáceres.

Estas miradas van enriquecidas por unha coidadosa selección de textos poéticos en castelán e portugués, a itinerancia desta mostra pasa por Beja, Odivelas ou Lisboa en Portugal e, Albacete, Ourense, Barcelona, Madrid e Ferrol.

Exposición fotográfica "O Golfo de Fonseca"

A exposición fotográfica "O Golfo de Fonseca", estará na Sala de Exposicións da 1ª planta do Ateneo Ferrolán do 3 ao 30 de maio.

Organiza Amigos da Terra, unha ONG ecoloxista de ámbito galego que traballa no fomento dun cambio local e global cara unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria. Forma parte de Amigos de la Tierra e de Friends of the Earth, a rede de grupos ecoloxistas máis extensa do mundo.

Unha parte do seu traballo en cooperación está orientado á visibilización dos proxectos que levan a cabo en Centroamérica. O ano pasado unha equipa de xornalistas, cámara e fotógrafo, da Asociación de Reporteiros Solidarios, visitou varios dos seus proxectos no Golfo de Fonseca (O Salvador, Honduras e Nicaragua). Alí nos centramos fundamentalmente, nas comunidades de pescadores, unha das máis empobrecidas, traballando na organización comunitaria e capacitación dos pescadores e marisqueiros, na legalización dos seus medios de pesca, na promoción do cooperativismo entre as mulleres, na mellora dos centros de acopio de peixe,...

Esta exposición fotográfica co material que se recolleu nesa visita, constará de 30 fotografías que irán acompañadas por un pequeno texto e por unha proxección de corta duración na que se recollerán pequenos momentos das entrevistas que @s xornalistas realizaron c@s beneficiari@s dos proxectos.

19 abril 2010

Participa no especial de poesía da revista Atenea

O Ateneo Ferrolán, querendo acadar un mellor xeito de colaboración e apoio á difusión das letras, pon á vosa disposición a Revista "ATENEA" para que enviedes a vosa poesía en idioma galego e, de quedar seleccionada, publicaremla no verán, nun número extraordinario de poesía.

De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico o teu poema facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 10 de xuño de 2010.

A publicación da revista é trimestral dende 1999 e ten unha tirada de 1.000 exemplares distribuindose de forma gratuita a Centros de Ensino, Culturais, Bibliotecas e Centros de especial interese de Galiza e resto da península.


E-mail: secretaria@ateneoferrolan.org
Tel.: +34 981 357 970
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402 - FERROL (Galiza)

Exposición: A Memoria da Terra

Dentro da Semana da República, o Ateneo Ferrolán acolle a exposición “A Memoria da Terra” do fotoperiodista e colaborador da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, Eloy Alonso.
A exposición podese ver do 12 ata o 24 de abril ambos inclusive na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán.

08 abril 2010

Semana da República

Actos organizados pola Asociación Memoria Histórica Democrática en conmemoración do 79 aniversario da proclamación da II República.

Día 12 Actos en colaboración co Ateneo.
  • 18,00 Horas – No Ateneo Ferrolán
    Inauguración da exposición “LA MEMORIA DE LA TIERRA” do fotoperiodista e colaborador de A.R.M.H. Eloy Alonso e presentada por Santiago Macias Vicepresidente da A.R.M.H.
    Dita exposición estará aberta a todo o público do 12 ata 24 de abril ambos inclusive.
  • 20,00 Horas – No Ateneo Ferrolán
    Conferencia – Coloquio sobor “OLVIDAR EL OLVIDO” por Santiago Macias Vicepresidente da A.R.M.H.
Dia 14 Actos no Cementerio de Canido
  • 19,00 Horas
    Homenaxe ás víctimas da represión franquista.
Dia 17 Cea Conmemorativa
  • 21,30 Horas
    Cea conmemorativa do 79 aniversario da proclamación da II República a celebrar no restaurante O GALO. As entradas pódense mercar na Galería Sargadelos ata o 16 de abril.