Buscar neste blog

Síguenos en...

08 xaneiro 2017

Estrea do proxecto audiovisual "Sorpresa en las oposiciones". Venres 13 ás 20 h.


Estrea do proxecto audiovisual "Sorpresa en las oposiciones"


venres 13 de xaneiro de 2017 ás 20 h.
no salón de actos do #Ateneo
entrada libre 

Este proxecto é unha mediometraxe coas seguintes características:

Título: SORPRESA EN LAS OPOSICIONES
Director: Manuel G Bonome
Guión: Manuel G. Bonome y Paco Torregrosa Regueiro
Intérpretes: Iván Castro, Miriam Rodríguez, José L. Martín García y Águeda Martinez Rodríguez
Xénero: Ficción
Imaxe: Full HD
Duración 32 min 30 s

Mesa Redonda: "Visibilidade, pobreza e realidade das persoas sen fogar". Luns 23 ás 19,30 h.


Mesa Redonda: "Visibilidade, pobreza e realidade das persoas sen fogar"

Luns día 23 de xaneiro ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán

Intervirán:

* Xulia Díaz Sixto (Club de Prensa)
* Carmela Primo (Educadora Social)
*Xosé Cuns Traba (EAPN Rede Galega)

Ciclo Conferencias "Ferrolterra presente e futuro"


A A.C. FUCO BUXÁN convídate ó ciclo de conferencias-debate que leva por título FERROLTERRA, PRESENTE E FUTURO, unha análise da nosa realidade dende una perspectiva progresista e de esquerdas. Na primeira intervirá o voceiro parlamentario do PSdeG-PSOE X. FERNÁNDEZ LEICEAGA, e terá lugar o vindeiro xoves 19 de xaneiro no Ateneo Ferrolán ás 19,30 h.


Có devandito ciclo a A.C. FUCO BUXÁN pretende contribuir ó debate sobre a profunda crise na que está inmersa a nosa bisbarra e na procura de solucións por parte de tod@s, polo que a túa presenza e participación é importante no coloquio posterior. A tal fin convidaremos ás forzas da esquerda do noso país que presentarán as súas alternativas i escoitar as voces da cidadanía.

04 xaneiro 2017

Palestra-Coloquio da Asembleia Aberta de Coia. Luns 9 xaneiro ás 19 h.



Quérennos en soidade, terannos en común”

Palestra-Coloquio da Asembleia Aberta de Coia 
que terá lugar o luns 9 de xaneiro ás 19 hs. no salón de actos do #AteneoFerrolán. 

Tamén proxectarase a curtametraxe #MoitoPeixeRompeARede, unha peza de 8 minutos que fai un repaso polos meses de loita veciñal na rotonda de Coia e polas consecuencias da mesma.

Poñerlle voz e corpo ás loitas veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses especulativos e electoralistas, colocando a vida e os dereitos sociais no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que denuncian e traballan pola xustiza social.

Para abordar todo isto e moito máis contaremos con activistas da Asembleia Aberta de Coia.

Esta actividade, organizada pola Asembleia Aberta de Coia, está enmarcada na campaña de solidariedade con Diego Lores, unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda do vigués barrio de Coia.

03 xaneiro 2017

Este nadal agasalla ... pack Ateneo Ferrolán


Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade

Faite Soci@ e participa! #Ferrol

Debuxo de Xoán Braxe cedido solidariamente para o deseño da bolsa!

A nosa historia: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2005/01/ateneo-ferroln-sa-historia.html

Síguenos:
@ateneoferrolan 
https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/

02 xaneiro 2017

Presentación do libro: 'Manuel de la Cruz alias "Sopiñas", ¿capitán de bandoleros o comerciante ferrolano?. Martes día 3 ás 19 h.



Martes día 3 de xaneiro de 2017 ás 19 h. no salón de actos do #AteneoFerrolán. 
Organiza: Edicións Embora. Entrada libre.

Presentación do libro: 
'Manuel de la Cruz alias "Sopiñas", ¿capitán de bandoleros o comerciante ferrolano? 
de Manuela Santalla e Juan Carlos Rico.

A presentación correrá a cargo do escritor Guillermo Ferrández

29 decembro 2016

Feliz 2017


Ateneo Ferrolán: "Un lugar de encontro para a cultura dende 1879"

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2005/10/ateneo-ferroln.html

26 decembro 2016

"Noites no Ateneo" con MilóManos o xoves 29 ás 20,30 h.


"Noites no Ateneo" 

con MilóManos o xoves 29 ás 20,30 h. 

Ven a despedir o ano con nós.

Info: https://www.facebook.com/profile.php?id=100006614506000&fref=ts

Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/1219283794817969/

Obradoiro para a customización e mantemento de guitarras. Martes 27 ás 19 h.





Martes día 27 de decembro ás 19 h. no salón de actos do Ateneo.

Obradoiro para a customización e mantemento de guitarras. 
A cargo do luthier Toxo, un dos últimos artesáns do Rock.

Jose Luis Toxo, luthier natural de Boimorto "pero residente en Curtis". Es uno de los pocos artesanos de las seis cuerdas de sacudida eléctrica que aún existen en la actualidad.

Organiza: Locais Ensaio Ferrol
Entrada libre.

21 decembro 2016

Exposición Fotográfica "Ferrol Molla" de Oscar Millarengo. Do 15 de decembro ao 31 de xaneiro 2017



Exposición Fotográfica "Ferrol Molla" de Oscar Millarengo

do 15 de decembro ao 31 de xaneiro de 2017 

Inauguración o día 15 de decembro ás 20 horas
Entrada libre 

Mostra de fotografías de Oscar Millarengo realizadas na cidade 
e que estarán na sala de exposicións 3ª planta do Ateneo Ferrolán. 

Este nadal agasalla arte solidaria!!! Do 7 de decembro ao 15 de xaneiro.


Exposición e venda do 7 de decembro ao 15 de xaneiro
Este nadal agasalla arte solidaria!!!

Durante este tempo teremos expostos na entrada do ‪#‎AteneoFerrolán unha serie de cadros doados solidariamente por divers@s artistas.
Pásate!!! Merca un cadro e colabora co Ateneo Ferrolán !!!!
Artistas Solidarios Participantes desta iniciativa:
Alejos, Alfonso Costa, Alfredo Erias, Alicia Seoane, Angeles Jorreto, Anna M. Constanseu, Antón Sobral, Anxo Alvarez, Carlos Pereira Martínez, Carmela Cagiao, Carmen Martín, Carolina Martínez, Celestino Poza, Delio Sánchez, Edu Pereira, Emilio Celeiro, Enrique Castro Piñeiro, Fátima Fernández, Fernando Ocampo, Fernando Maceira, Isabel Pintado, Luis Mazorra, Luis Rapela, María Piensos, María Vilanova, M.ª Luisa Rojo-Novais, M.ª José Leira, Miguel Anxo Varela, Miguel Navarro Salinas, Noemí Lorenzo Pérez, María Leal, Teresa Candal, Teresa Fagiras, Pedro Perico, Ramón Astray, Raquel Castro Torrado, Rosa Guisán, Spela Trobec, Victor Rey Grande e Xaquín Marin.

Exposición Fotográfica "Desde que soy lector" de Pablo Prados. Do 18 de novembro ao 31 de decembro.


Exposición Fotográfica "Desde que soy lector" de Pablo Prados

Do 18 de novembro ao 31 de decembro de 2016 
Sala de Exposicións (2) do #Ateneo


"Desde que soy lector" representa unha mirada á diversidade a través da fotografía: o libro, a lectura e as distintas formas de ler e interpretar o mundo a través do obxectivo do fotógrafo Pablo Prados.

As  imaxes que se poderán ver no Ateneo Ferrolán ata o próximo xaneiro son o punto de partida dunha obra en construción, ideada como un itinerario de estilos, conceptos e representacións co foco posto na cultura como canle fundamental para entender o mundo en todas as súas dimensións e para achegarse a cada unha das minorías na súa complexidade enriquecedora e necesaria.

As artes ao servizo da cultura. A cultura como espazo de expresión.

Pasaron xa máis de 15 anos desde que Pablo Prados realizou a súa primeira exposición, pero non foi ata os últimos anos ata que decide dedicarse profesionalmente á fotografía, realizando exposicións individuais nas principais cidades galegas, desde A Coruña, ata Lugo ou Santiago e, como non, na súa propia cidade, Ferrol.

Actualmente colabora en distintos proxectos nacionais e internacionais de carácter cultural e audiovisual que enriquecen a súa visión dándolle unha perspectiva máis ampla.

A obra de Pablo Prados concrétase na procura constante do detalle. A fotografía dixital sen outros axustes que os básicos, conforman a base técnica do seu traballo. Conceptualmente, as súas imaxes non só ven senón que ademais poden ser lidas, xa que cada unha delas encerra unha historia moito máis complexa na que o protagonista é o suxeito da acción.  A metáfora ao servizo da imaxe e a imaxe ao servizo da poesía caracterizan un traballo multidisciplinar en constante evolución que poderá visitarse ata o próximo xaneiro no Ateneo Ferrolán.

20 decembro 2016

XVI Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán 2016. Días 19, 20 e 21 de decembro ás 19 h.

XVI Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán 2016
A Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán, que comezou a súa andaina en 2001, chega á súa XVI edición en Ferrol os días luns 19, martes 20 e mércores 21 de decembro no salón de actos do Ateneo, en sesión continua e con entrada libre, entre as 19.00 e as 21.00 horas.

Organiza: Concello de Ferrol e Ateneo Ferrolán


PROGRAMA XVI MOSTRA DE CURTAS DO ATENEO FERROLÁN 2016

Día 1, luns 19 de decembro 19.00 horas
(Duración total da sesión 1h 38m aproximadamente)

SEÑOR O SEÑORITO (10') de Cristina Piernas.
DUELOS (9') de Yolanda Román.
ELLOS (4') de Guillermo Tirado.
MACHISMO NO QUOTIDIANO (2') de Ana Isabel López e Mercedes Mosquera.
POSSESSÃO (2') de Henrique Da Costa.
NOITE DE REIS (2') de Sonia Aguiar Berea, Paula Seoane Fernández e María Nuñez Barros.
L DE LIBERTAD (11') de Javier Hernández e Marc Guanyabens.
GURUGU (5') de Telmo Iragorri.
GARBANZOS CON AZÚCAR (10') de Antonio Aguilar.
LA NOCHE DE TODOS LOS SANTOS (15') de Gustavo Vallecas.
IREI A DARBO (10') de Borja Brun.
SUPERPUNKY, EL MUSICAL (18') de Pablo Cacheda.

Día 2, martes 20 de decembro 19.00 horas
(Duración total da sesión 2h 8m aproximadamente)

SIN TU LATIDO (8') de María Posada e Adrián Iglesias.
APOLO81 (12') de Óscar Bernàcer.
32 DE DICIEMBRE (14') de Luis Soravilla.
YA NO TE QUIERO (4') de Francisco Hervada
DÉNOMINATER COMMUN (8') de Quentin Lecocq.
FÁLAME DO SILENCIO (14') de Lois Blanco .
LE PLOMBIER (14') de Xavier Serón.
EL HOMBRE MÚLTIPLE (9') de Miguel Bardem.
IT'S HAPPY HOUR OUT THERE (10') de Daniel Melguizo.
EL AUDÍFONO (15') de Samuel Quiles Palop.
BUS STORY (10') de Jorge Yúdice.
SUPERCOOL (10') de Hugo Silva.

Día 3, mércores 21 de decembro 19.00 horas
(Duración total da sesión 1h 58m aproximadamente)

Especial animación (19.00h)
ROUND TRIP: MARY (10') de Zharko Ivanov.
V STORONE (12') de Alexandra Averyanova.
OTTO (10') de Job, Joris & Marieke.
KUKUSCHKA (9') de Dina Velikovskaya.
EL CORAZÓN DE CHOCOLATE (4') de Gonzalo Golpe.

Sesión Clausura (19.45h aproximadamente)

EINSTEIN-ROSEN (9') de Olga Osorio.
BOTELLAS (12') de Marisa Otero.
HOMÓNIMOS ANÓNIMOS (7') de José Luis Santos Pérez.
THEY WILL ALL DIE IN SPACE (15') de Javier Chillón.
EL ANDAR DEL BORRACHO (15') de Pol Armengol Baigorri.
LURNA (15') de Nani Matos.

Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/852759514859322/