Buscar neste blog

Síguenos en...

18 setembro 2008

Che é d@s Revolucionários


Ate o 15 de outubro, na Sala de Exposicións do Ateneo Ferrolán (1ª planta), poderemos ver a exposición de carteis biográficos do CHE

"CHE É D@S REVOLUCIONARI@S"

09 setembro 2008

Aberto o prazo de presentación de propostas de programas, para a grella 2008/2009 de Rádio FilispiM, 93.9 FM


A radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, que emite dende Ferrol, quenta xa os seus motores dende o 93.9 da FM.
Como medio comunitario que son, poñen ao voso dispor os espazos da grella de Rádio FilispiM, especialmente aos diversos colectivos e asociacións do noso ámbito.
Se cadra, a vosa voz, as vosas inquedanzas, xa foron amplificadas polas “ondas filispinas” en pasadas programacións, polo que xa os coñecedes. Mais, queremos achegarvos a aqueles colectivos de veciñanza, culturais, sociais, da mocidade… que aínda non formar parte do Colectivo Opaíí! e a propia Rádio FilispiM. A que esperades? Animáros a respostar a este convite para concretar como podería, a vosa voz, estar presente na grella.
Existen diversas fórmulas:
  • Realizando o programa dende os nosos estudios, en directo, con posibilidades de gravalo e redifundilo durante a semana.
  • Editando dende a vosa casa, ou local, audios con novas verbo das actividades e reivindicacións do voso colectivo ou asociación, achegándonos eses audios para nós incluilas nos programas e mesmo nos informativos da radio.
A primeira barreira con que se atopan algunhas persoas interesadas en incorporarse a Rádio FilsipiM, é o medo a non saber utilizar os equipos técnicos. Animámosvos a superar eses atrancos realizando pequenas prácticas c@s filispin@os, no propio estudio da Rádio FilispiM. O funcionamento dos nosos equipos (mesas misturas, ...) é moi intuitivo. Gañarás confianza con certas prácticas e a súa axuda.
Outra das éivas, é pensar que non tedes nada que dicir, ou que no primeiro programa o teredes dito todo. Isto non é certo. Un programa de radio non é un discurso, nen un feixe concentrado de información. @s filispin@s, axudaranvos a canalizar e racionalizar radiofónicamente todo ilo, que sabemos tedes que dicir, con pequenas guías e suxerencias.
Como sabedes, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, ten sé no Ateneo Ferrolán, quen os acolle nas súas instalacións dende o seu berce como colectivo, no ano 2004.
A radio está enmarcada dentro do terceiro sector da comunicación: radios libres e comunitarias.
Non emiten ningún tipo de publicidade nen dependen de ningún grupo de poder (económico ou político).
As súas actividades están, maiormente, financiadas por eles mesmos, ao través das pequenas cotas de soci@s.
Podes saber máis del@s visitanto a súa web www.opaii.blogspot.com. A nova programación de Rádio FilispiM, 93.9 FM, está a piques de comezar! Apóntate dende xa!

O prazo para a recepción de solicitudes remata o 30 de setembro de 2008. Escribídenos a: filispina@gmail.com, enviando a vosa proposta de programa radiofónico, ou solicitando máis info.
Non deixesdes de ser curios@s, séde filispin@s!
Entrementres, moi boa onda!
Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Asociación Cultural.
A primeira voz comunitaria da Terra de Trasancos – Ferrol.

05 setembro 2008

10 anos Implicadas no Desenvolvemento

Exposición "10 anos da ONG galega Implicadas no Desenvolvemento".

Este ano a organización cumpre 10 anos de loita pola erradicación das desigualdades Norte-Sur e de xénero.

Para celebrar esta data crean unha exposición conmemorativa dos 10 anos de proxectos de cooperación e sensibilización que Implicadas leva realizando.

Pódese visitar ate o 15 de setembro na 2ª planta das salas de exposicións do Ateneo Ferrolán.

01 setembro 2008

Acta final do "Constantino Bellón 2008"

XVIII CONCURSO DE GAITA GALEGA
“CONSTANTINO BELLÓN”
ANO 2008


En Ferrol a 31 de agosto de 2008, no Teatro JOFRE, o XURADO cualificador do 18º Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”, integrado por :
  • Víctor Fernández Gabeiras
  • Xabier Rodríguez Fariñas
  • Pablo López Torneiro
  • Xoán Rodríguez Silvar
  • Xesús Vaamonde Manteiga
e actuando como secretaria sen voto, Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a esta final do Concurso, así como a interpretación de tódolos gaiteiros finalistas.

Acordan outorgar o Premio SEIVANE que consiste nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición (punto g) correspondente ao “Gaiteiro de Soutelo” a :
  • SANTIAGO AGUSTÍN MOLINA
Acordan outorgar dous accésit de 1.000€ cada un a:
  • GONZALO MANUEL ABELAIRAS LEMOS
  • BRUNO VILLAMOR GAY
Así mesmo, ACORDA por unanimidade, concederlle o PREMIO ÚNICO de 3.000€ deste 18º Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a
  • PABLO DEVIGO VÁZQUEZ
Asinado:
  • Victor Fernández Gabeiras
  • Xabier Rodríguez Fariñas
  • Pablo López Torneiro
  • Xoán Rodriguez Silvar
  • Xesús Vaamonde Manteiga
  • Cristina Meizoso Alonso
Algunhas fotos do Constantino deste ano.

22 agosto 2008

Data, hora e localización do "Constantino Bellón" 2008


O Ateneo Ferrolán comprácese en convidarlle aos actos do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.

O sábado día 30 de agosto de 2008.
  • Estreno Pezas gañadoras do Premio de Composición
O domingo día 31 de agosto de 2008.
  • Final do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”
HORA: 20:30h. da tarde.
LUGAR: Teatro JOFRE - Ferrol.

Localización do Teatro JOFRE.


Ver mapa máis grande

20 agosto 2008

Gaita de Ouro “Constantino Bellón” 2008

Témolo pracer de comunicar o acordo tomado en Xunta Directiva, referente á Institución da Mención Honorífica do Ateneo Ferrolán Gaita de Ouro “Constantino Bellón” e a súa concesión.

A imposición da citada Mención terá lugar no ACTO que se celebrará o próximo domingo día 31 de agosto, as 20:30 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol coincidindo coa Final do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.

O Ateneo Ferrolán acorda concedela Mención de Gaita de Ouro “Constantino Bellón” correspondente ao ano 2008 ó programa da CRTVG “ALALÁ” pola súa laboura de difusión e defensa da música tradicional galega.

Asinado:
ELISEO ZAERA RÍOS
Presidente do Ateneo Ferrolán.
VICTOR FERNÁNDEZ GABEIRAS
Presidente do Xurado do Constantino Bellón.

19 agosto 2008

Concurso Composición para Gaita Galega Solista

Punto nº 9 do Concurso de Gaita Galega

En Ferrol, o día 30 de xullo de 2008, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204, 1º o XURADO do XVIII Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:
  • D. Víctor Fernández Gabeiras
  • D. Xavier Rodríguez Fariñas
  • D. Pablo López Torneiro
  • D. Xoán Rodríguez Silvar
  • D. Xesús Vaamonde Manteiga
e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez analizadas a totalidade das composicións presentadas ó mesmo.

ACORDOU, conceder ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a:
  • PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola partitura “BRÍA” para Gaita Solista en DO, Cordas e Piano.
Así mesmo declaran como FINALISTAS deste premio a:
  • JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra “A DERRADEIRA SINTAXE” para Gaita e Orquestra de Corda.
  • DAVID BELLAS GARCIA coa obra “HISTORIA DE AMOR en Bb” para Gaita, Violin e Piano.
Asinado:

Víctor Fernández Gabeiras
Presidente do Xurado

Cristina Meizoso Alonso
Secretaria

07 agosto 2008

Finalistas do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”

Finalistas do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a celebrar o 31 de agosto de 2008 no Teatro Jofre de Ferrol.

En Ferrol, o día 30 de xullo de 2008, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204, 1º , o Xurado do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”, composto por:

D. Víctor Fernández Gabeiras
D. Xesús Vaamonde Manteiga
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Pablo López Torneiro
D. Xoán Rodríguez Silvar

e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requerían para participar no mesmo, acordou, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:
  1. Ricardo Manuel Mouriño Freire, Narón (A Coruña).
  2. Pablo Devigo Vázquez, Castro Caldelas (Ourense).
  3. Bruno Villamar Gay, Lugo.
  4. Gonzalo Abeleiras Lemos, Ourense.
  5. José Manuel Mojón Pérez, Ourense.
  6. Isidro Vidal Gallardo, Ourense.
  7. Daniel Lumbreras Rodríguez, Guipúzcoa.
  8. Vicente Carlos González Siri, Uruguay.
  9. Jordi Torres, Arxentina.
  10. Santiago Agustín Molina, Arxentina.
Asinado.
  • Víctor Fernández Gabeiras (Presidente).
  • Xabier Rodríguez Fariñas.
  • Xoán Rodríguez Silvar.
  • Pablo López Torneiro.
  • Xesús Vaamonde Manteiga.

  • Cristina Meizoso Alonso (Secretaria).

04 xullo 2008

Fallo do Xurado do 18º CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2008



O Xurado cualificador do 18º CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2008, organizado polo Ateneo Ferrolán, integrado por SPELA TROBEC, CESAR TOIMIL, e JORGE MEIS e actuando como secretaria sen voto, CRISTINA MEIZOSO ALONSO, reunido o día 2 de xuño de 2008, toma os seguintes acordos:

Unha vez examinadas a totalidade de fotografías presentadas a concurso, de acordo coas Bases e por unanimidade DECIDE:
  1. Descualificar un total de 0 dos traballos presentados, por non axustarse ás Bases
  2. Seleccionar 36 das fotografías presentadas a concurso, para incluír na exposición itinerante, tal e como se indica nas Bases.
  3. Otorga-los seguintes Premios :
3º PREMIO: “ABATIDO AGONIZA”
  • ANTONIO J. FERNÁNDEZ MARÍN (Valdoviño)
2º PREMIO: “CAMPIÑA INGLESA”
  • JOSÉ F. RODRÍGUEZ NIETO (Narón)
1º PREMIO: “EN LA INMENSIDAD”
  • ALBERTO PORRES VIÑEZ (Tarragona)

29 xuño 2008

Proxección de "Animal, A película"

O venres día 4 de xullo ás 19 horas.
Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.

Unha longametraxe de ficción que inclúe unha metraxe documental sobre as torturas e posterior agonía á que é sometido o toro bravo, reaccións adversas do público que asiste ás corridas, principalmente estranxeiro, que acude á praza de toros “enganado” por unha ofensiva e mal chamada Festa Nacional e que vaille incluída nus packs turísticos onde non se fai verdadeiro fincapé na natureza sádica e cruel do “evento”, declaracións de expertos veterinarios que expoñen o sufrimento do animal desde que entra na praza ate que é vilmente sacrificado (estres, medo, dolor, etc). Sen embargo non é “Animal” A película, só un documental, moi ao contrario, utiliza elementos reais para implicar ao espectador e situalo na trama do filme.

No proxecto Animal, tamén realizarase unha longametraxe para televisión no que se inclúen todos os documentos recollidos para a longametraxe e non incluídos finalmente neste así como opinións de rostros populares animalistas e anti-taurinos (actores, escritores, políticos, deportistas, filósofos, periodistas e xente anónima cuxo testimonio creemos que é de especial interese)

Animal foi presentada no Festival de Cine Fantástico de Sitges 2007, fora de concurso, e tivo unha enorme aceptación ao encherse a sala onde se produzo a estrea.

A través da campaña “Galicia, mellor sen touradas”, a Asociación Animalista LIBERA! e a plataforma internacional Stop Our Shame, estrearán a película en diferentes espazos de Galicia, como unha clara contraprogramación de verdadeira cultura ao espectáculo taurino que ten lugar cada ano en certas cidades galegas.

Todas as estreas de Animal en Galicia son gratuítas.
www.animallapelicula.com


25 xuño 2008

Sesión Vermú no Ateneo

Sábado, 28 de XUÑO ás 12 horas
SESIÓN VERMÚ no ATENEO FERROLÁN


Pinchos e vermú para todas e todos
Música en directo
Repichoca

ACUDE!!
Estades tod@s convidad@s!!!!


24 xuño 2008

Fallo do Xurado do VI Certame de Teatro Infantil e Xuvenil “Atenea 2008”

O Xurado do VI Certame de Teatro Infantil e Xuvenil “Atenea 2008”, que organiza o Ateneo Ferrolán, co patrocinio de Caixa Nova, composto por:

María José Doce Rey, Aurora Rivas Hermida, Esperanza Vidal Martínez e Francisco Oti Ríos acordou o seguinte FALLO:

1) Conceder o Premio de Categoría Especial ao Grupo de teatro do Colexio “Carmen Polo”, dirixido por María Victoria Suárez.

2) Nas categorías Infantil e Primaria a:
  • Grupo do CEIP “Centieiras” do Concello de Fene coa obra “Todo é un conto”, dirixido por Mª Cointa Pazos García.
  • Grupo “Atios”, do CEIP “Atios”, coa obra “O galo Quirico”.
  • Grupo do CEIP “Cruceiro Canido”, coa obra “Berenguela”, dirixida por Pablo Lombao Grandal e Isabel López Bellas.
  • Grupo da Asociación Os Amigos “Arco Iris” do Concello de Valdoviño coa obra “A Farsa das zocas” dirixida por Lucía Caneiro.
3) Na Categoría Xuvenil a:
  • Grupo IES Carvalho Calero coa obra “Un casting para Melchor” dirixida por Mª Pilar Patiño.
  • Grupo “Pasapadentro” da Asociación Cultural Melandrainas de Arteixo, coa obra “La niña que riega las albahacas” dirixida por Marga Fernández e Queta Soto.
Todos eles recibirán un premio, de igual cuantía, por un total de 250 Euros, doados por Caixa Nova, ACTO que terá lugar o próximo venres día 20 ás oito da tarde no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.

O Xurado quere destacar e valorar publicamente os traballos e esforzos adicados por parte de tódolos grupos participantes, dentro das grandes diferencias de medios económicos e humanos e, moi especialmente naqueles colexios onde se conseguiu ese compromiso e unidade no traballo da comunidade escolar.

Para rematar o Xurado de Atenea 2008, quere felicitar o Ateneo Ferrolán polo seu compromiso permanente e desinteresado coa cultura, sobre todo na súa base, os pequenos, e a Caixa Nova pola súa sensibilidade e compromiso, así como recomendarlles e alentarlles na continuidade deste certame.

Asdo. Eliseo Zaera Ríos (Presidente)
Asdo. Mª José Doce (Secretaria)

13 xuño 2008

Sexismo e mixosinia na investigación documental

EXPOSICIÓN PROXECTO DA UDC:
“SEXISMO E MISOXINIA NA INVESTIGACIÓN DOCUMENTAL"

Dende o luns 16 ate o 30 de xuño

Os estudos en torno ás diferenzas de xénero son recentes e favoreceron que na actualidade cóntese cunha ampla bibliografía sobre os avatares sufridos pola muller na sociedade, política, arte, literatura ou publicidade contemporáneas propiciando o desenvolvemento dunha nova disciplina de estudo na que a grande cuestión a analizar é determinar qué motivacións causan este fenómeno.

Nos últimos anos sobre todo, a investigación neste campo adquiriu un importante auxe pero son necesarios máis estudos e publicacións que traten as desigualdades evidentes e o preocupante aumento da chamada violencia de xénero.

Resulta, por tanto, necesario elaborar traballos científicos sobre este tema tan actual que sirvan para ir completando unha lagoa evidente.

Esta exposición enmarcase dentro do proxecto de investigación Sexismo e androcentrismo na prensa periódica española, que levase a cabo na UDC. O equipo está coordinado polas Dras. Elena Alfaya Lamas e Dolores Villaverde Solar coa colaboración dos investigadores:
Mª José Carralero Conde, Pablo Fernández Mariño, Carolina Gómez Pouso, Aída López Pardo e Carla López Piñeiro.

CONSTA DE 8 PÓSTER INFORMATIVOS, nos posters da exposición trátanse temas arredor da violencia sobre a muller, como son os tipos de violencia, a análise do discurso empregado nos medios no trato deste tema, o papel da muller na sociedade, artes, etc.