Buscar neste blog
Síguenos en...
22 marzo 2024
Homenagem a Carvalho Calero no XXXIV aniversário do seu passamento. 24 de marzo ás 12:30
15 marzo 2024
13 marzo 2024
A quenda de oficio: A explotación laboral no século XXI. 21 de marzo ás 19:00
Acto público aberto á cidadania sobre:
“A QUENDA DE OFICIO, A EXPLOTACIÓN LABORAL NO SÉCULO XXI; E AS MUTUALIDADES DA AVOGACÍA E DA PROCURA: A CONDEA A NON
XUBILARSE”.
Organiza: Marea Negra Ferrol coa participación do Sindicato Venia e o Movemento #J2
07 marzo 2024
Representación da obra "Mujer (A través del tiempo)" de Ferroluna. 8 de marzo ás 19:30.
COMPAÑÍA TEATRAL FERROLUNA
REPRESENTACIÓN DE:
MUJER (A TRAVÉS DEL TIEMPO)
Adaptación: Tino Martín.
………
LUGAR:
ATENEO FERROLAN
DIA: 8 DE MARZO DE 2024
HORA: 19:30
04 marzo 2024
Presentación do Libro "Lúa nova" de Irene Montero. Martes 5 de marzo ás 17 horas.
No Clube de Lectura do Ateneo Ferrolán, na súa actividade do martes 5 de marzo, presentará a obra da filóloga e xornalista Irene Montero "Lúa nova".
Teremos como convidada á autora para comentarnos a súa obra e asinar exemplares.
Data: Martes 5 de marzo ás 17 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
26 febreiro 2024
V Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán. Xoves día 29 de febreiro ás 17 h.
V Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán
"Bibliotecas escolares: educadoras e formadoras"
O xoves día 29 de febreiro ás 17 h.
O Ateneo Ferrolán celebrará o xoves 29 de febreiro, a partir das 17.00 horas, na súa sede da rúa Magdalena, as V Xornadas de Documentación «Bibliotecas escolares: educadoras e formadoras, presididas polo concelleiro de Cultura de Ferrol Jose Antonio Ponte Far.
08 febreiro 2024
25 xaneiro 2024
Lembranza a Amada García e os seus compañeiros. Sábado 27 de xaneiro ás 17 h. Castelo de San Felipe
A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, este sábado 27 de Xaneiro, ás 5 da tarde, realizará, no Castelo de San Felipe, un sinxelo acto en lembranza de Amada García e os seus sete compañeiros, asasinados nese lugar pola Ditadura franquista, en tal data do ano 1938, pola súa militancia política de esquerdas e a súa defensa dos ideais republicanos de progreso e xustiza social.
A continuación, como cada aniversario, acompañaremos á familia de Amada ao Cemiterio de Serantes, para facer una ofrenda floral onde foron soterrados.
Convidamos aos nosos/as socias e socios e a cantas persoas o desexen a sumarse a estes actos.
Acusados de "Rebelión Militar," ese 27 de xaneiro de 1938, foron fusilados no foxo do Castelo de San Felipe e soterrados no Cemiterio de Serantes:
- Antonio Eytor Cañizo, de 57 anos, carpinteiro, Concelleiro de Izquierda Republicana en Mugardos.
- Jaime González Pérez, de Ares, 31 anos, solteiro, dependente na farmacia do seu pai.
- Germán López García, de Caamouco - Ares, 50 anos, da UGT.
- José María Montero Martínez, de Mehá, Mugardos, 39 anos, casado, enterrador.
- Ramón Rodríguez López, de Caamouco, Ares, 38 anos, da Fronte Popular.
- Ángel Roldós Gelpi, de Mugardos, 50 anos, casado, mestre nacional, afiliado a Izquierda Republicana.
- Juan José Teijeiro Leira, de Mugardos, 42 anos, casado, 1 fillo, mariñeiro, militante do PCE.
24 xaneiro 2024
Exposición artística "Expo 24 Terra" de Angel Picos, Diego (JPeak) e Sergey Son. Do 5 de febreiro ao 29 de marzo
Data: 5 de febreiro ao 29 de marzo.
Hora: 17 a 21 horas.
Lugar: Sala de Exposicións (2º andar) do Ateneo Ferrolán.
Presentación do Libro "Ferrol: fin de trayecto" de Manuel Lara Coira. Martes 6 de febreiro ás 17 horas.
No Clube de Lectura do Ateneo Ferrolán, na súa actividade do martes 6 de febreiro, presentará a obra de Manuel Lara Coira "Ferrol: fin de trayecto".
Teremos como convidado ao autor para comentarnos a súa obra
Data: Martes 6 de febreiro ás 17 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
Exposición fotográfica do colectivo Ollo de Vidro "Vira-Vidas". Do 1 de febreiro ao 29 de marzo.
Exposición fotográfica "Vira-Vidas" do Colectivo Ollo de Vidro.
Data: 1 de febreiro ao 29 de marzo
Hora: 17 a 21 horas.
Lugar: Sala de Exposicións (1º andar) do Ateneo Ferrolán
MÁIS NATUREZA, MENOS EÓLICOS
Esta exposición pretende ser un aporte crítico á reflexión sobre a implantación masiva de xeradores eólicos no noso país. Como calquera nova tecnoloxía é preciso que estea ao servizo da comunidade e non de grupos económicos hexemónicos, que impiden a auto xeración de enerxía por parte de grupos e comunidades pequenos, auto suficiencia enerxética. É preciso non estragar o medio ambiente no que habitamos porque é vital para a nosa subsistencia. Entendemos que é necesario encontrar fontes de enerxía limpa e sostible pero non a costa de sacrificar outros recursos naturais e medioambientais, polo que habería que acordar con campesiños, mariñeiros, ecoloxistas, e representantes da poboación, os lugares máis acaídos para estas instalacións.
Aspectos negativos e positivos desta forma de transformar a enerxía eólica en eléctrica. Algúns dos aspectos negativos son:
- Xeran ruído ambiental, con consecuencias para persoas e animais.
- Problemas de reciclaxe das palas.
- Pouca eficiencia.
- Na fabricación dos eólicos xérase residuos contaminantes.
- A rede subterránea de condución e distribución de enerxía inhabilitada unha parte
importante do territorio.
romanas, etc).
- Forte impacto nos acuíferos, cabeceiras de ríos, brañas, etc.
incremento de emisións de efecto invernadoiro
A natureza
Temos que amar a campía
e non lle facer aldraxe.
Non encher de porquería
a beleza da paisaxe...!
O que ama a natureza
ten que respetarlle a vida.
Non hai meirande beleza
nin emoción tan cumprida.
A natureza é amiga
e dános o seu amor:
dende a gracia dunha espiga
ao río marmurador...!
A nutereza é un ben
é compañeira e irmán.
É pró home sempre ten
o seu corazón na man...!
Manuel María








.jpeg)





