O Ateneo Ferrolán, volve a poñer á vosa disposición a Revista "ATENEA" para que enviedes un relato curto en idioma galego (máximo 1 folio sen formatar, temática "UN ATÍPICO NADAL") e, de quedar seleccionado, publicarémolo en xaneiro, nun número extraordinario de relatos curtos.
De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico o teu relato facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 10 de decembro de 2010.
A publicación da revista é trimestral dende 1999 e ten unha tirada de 1.000 exemplares distribuíndose de forma gratuíta a Centros de Ensino, Culturais, Bibliotecas e Centros de especial interese de Galiza e resto da península.
EDITORIAL BIBLIOTECA - HEMEROTECA
RADIO FILISPIM O PARNASO
MIGUEL A. ALONSO DIZ
ALFONSO RODRÍGUEZ
JOSE L. DUCID
Mª XOSÉ MOSQUERA BECEIRO
OLAIA PAZOS
MIGUEL ALONSO
LUCIA SOUTO COSTOYA
XOAN CARLOS DOMÍNGUEZ ALBERTE
ARTURO LEZCANO FERNÁNDEZ
ALBERTE MOMÁN
JORGE MIGUEL GAGO CHAO
ELISA ALVES ANEIROS
ALFONSO LÁUZARA MARTÍNEZ
JUANA CORSINA GONZÁLEZ FRAGA
CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA
María Xosé Villar Corral
DESEÑO, MAQUETACIÓN e ILUSTRACIÓNS
Cocinanegra
COLABORACIÓNS:
O Ateneo Ferrolán respecta a liberdade de expresión e opinión do contido
dos
artigos, sendo a responsabilidade dos mesmos de cada un dos seus
autores. A
tod@s eles, grazas!
O Ateneo Ferrolán apoia a Lumeirada d'A Revolta 2010 en Caranza onde tamén queimará as malas meigas [sobrantes do vello edificio] desta entidade con motivo das, por fin, obras de rehabilitación da nosa sede.
O Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, organiza, como é
habitual desde hai xa 13 anos unha lumeirada para celebrar o solstício de
verán. O lume vai ser o grande protagonista nesta noite meiga e de
divertimento, onde celebraremos a chegada do verán, na noite mais curta
do ano. Outro dos protagonistas
vai ser, nesta ocasión, o Povo Saaraui, pois a recadación que se consiga
na festa vai ir íntegra para o programa"Vacacións en Paz", programa no
que participan algúns integrantes d'A Revolta.
O Solstício de Verán 2010 celebraremo-lo prendendo lume a unha grande
fogueira, mais non faltará a festa con sardiñas, chourizos, pan, viño,
cervexa, danzas, música, ...
Como non podia ser doutro xeito, a Lumeirada
d'A Revolta 2010, vai ter
lugar a Cuarta-Feira [Mércores],
23 de Xuño, na ribeira de Caranza, nas imediacións da Rua Cartagena, no
antigo campo de terra batida, desde as 6 da tarde ata a madrugada do
día seguinte.
Nove veces hai que saltar a fogueira recitando os benefícios que
queres ou os males que queres espantar, para que cumpra o lume os seus
poderes na noite meiga.
Mais tamén hai quen pon o cacho da noite das lumeiradas, ervas
medicinais e aromáticas con auga, deixadas nunha tina ao rocio da noite,
para o aseo purificador da maña.
A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán expón aos seus socios e socias e á
cidadanía en xeral:
Este ano 2010 non podemos realizar o noso Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" por mor:
Dos recortes orzamentarios.
O abandono dalgúns apoios institucionais.
O escaso marxe de tempo dende o remate da 19 edición en marzo 2010.
A tardanza en recibir resposta das entidades ás que solicitamos axuda.
Todos estes condicionantes imposibilitaronos para desenvolver en tempo e
forma a convocatoria para este 2010.
Recoñecemos o apoio do Concello de Ferrol que foi determinante para poder
realizar a pasada edición aínda con atrancos e retrasos, e que tamén apoiará
a edición do CD da 19 edición que sairá en breve.
Traballaremos para levar a cabo a próxima 20 edición do "Constantino Bellón"
nas datas de sempre no ano 2011.
Con motivo do inminente inicio das obras de rehabilitación da sede do Ateneo Ferrolán (Edificio 202 e 204 da Rúa Magdalena) iniciamos o traslado temporal dos nosos fondos, que estarán depositados en almacenamento da Empresa Mudanzas Félix polo tempo de execución de dita rehabilitación de quince meses.
Así mesmo, transmitimos ás socias e socios e á cidadanía en xeral que manteremos a atención ó público e a programación prevista, revista trimestral, administración... e calquera outra actividade cultural que desenvolveremos no propio Ateneo Ferrolán ou nun espazo alternativo.
O venres 11 de xuño ás 20 horas no Auditorio do Ateneo Ferrolán, proxectarase o documental "Entre Línguas"
Este documental, ten directores e equipo integramente galegos e é un estudio filolóxico que mostra como en distintas zonas fronteirizas, nas que o portugués conflúe co español, estes entrelázanse e dan como resultado dialectos que son utilizados día a día pola poboación local e que son claramente similares ao galego que utilizamos actualmente en Galicia.
Sinopse O galego de que nada sabíamos
O caso do 'galego de Cáceres' tornou-se conhecido na Galiza há quase duas décadas. Porém, ao longo da fronteira com Portugal, desde a província de Samora até a de Badajoz, existem outros quatro territórios que, por diferentes vicissitudes históricas, possuem actualmente soberania espanhola e conservam uns dialectos muito semelhantes ao galego.
Afinal, o que é o galego? Será que a língua portuguesa, em contacto com o castelhano sobreposto através dos séculos, pode dar origem a outros galegos? No transcurso deste documentário, os vizinhos e vizinhas destas quase sempre pequenas vilas, contam-nos como vivem a sua mais forte peculariedade e conversam sobre os motivos para continuarem a falar como ainda falam e cantam, ou todo o contrário.
Guión: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto. Producción: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto. Montaxe:Ramiro Ledo Cordeiro. Dirección: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto. Imaxe: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto. Son: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto. Música: “De la vida de les piedres” extraído de Diariu 2 de Nacho Vegas e Ramón Lluís Bande. Desing: Manuel Pintor Vigo. Postproducción: Ramiro Ledo Cordeiro.
O Xurado cualificador do XX CERTAME FOTOGRAFÍA SOBRE MEDIO-AMBIENTE 2010, organizado polo Ateneo Ferrolán, integrado por RODRIGO RAMOS ARDA (Fotógrafo), CÉSAR TOIMIL (Fotógrafo) e ELOY TABOADA (Fotógrafo) e actuando como secretaria sen voto, CRISTINA MEIZOSO ALONSO, reunido o día 24 de maio de 2010, toma os seguintes acordos:
Unha vez examinadas a totalidade de fotografías presentadas a concurso, de acordo coas Bases e por unanimidade DECIDE:
Descualificar un total de 0 dos traballos presentados, por non axustarse ás Bases
Seleccionar 50 das fotografías presentadas a Concurso, para incluír na exposición itinerante, tal e como se indica nas Bases, e publicalas nun Catálogo editado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol.
Outorgar os seguintes Premios :
3º PREMIO:“Lume” de JORGE MEIS (Ferrol)
2º PREMIO:“Pesca ecológica III” de JOSE LUIS GARCIA GARCIA (Málaga)
1º PREMIO:“Contaminación 0,0” de ANTONIO LÓPEZ FERNÁNDEZ (As Pontes–A Coruña)
Así mesmo o Xurado decide conceder 5 MENCIÓNS ESPECIAIS querendo destacar o alto nivel acadado nesta edición:
“Lumínica” de RAMÓN VAAMONDE VILAS (Santiago-A Coruña)
“Naturaleza salvaje a la luz de las estrellas” de José Francisco Rodríguez Nieto (Narón- A Coruña)
“Supervivencia” de JOSE MEIS MEAÑO (Abegondo – A Coruña)
“El ojo que te mira no es ojo porque lo miras es ojo porque te ve” de MARIO LLORCA LOUREIRO (Ferrol)
“A TDT chegou ás leiras” de ELVIRA SANJURJO FERNANDEZ (As Pontes-A Coruña)
Para que así conste a tódolos efectos oportunos, os abaixo asinantes
O
Sábado 5 de Xuño, celébrase a VIII Sessiom Vermú no Ateneo Ferrolán, a partir das 12 do
mediodía, con a retransmisión dun programa especial ao vivo desde o propio Ateneo para despedir a
tempada filispiniana 2009-2010.
Pinchos e
música para tod@s e a colaboración musical de El hombre Flipante.
Por qué?
A mediados do pasado mes de Abril, a
titular do Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Ferrol, a
Maxistrada-Xuíz Mónica Ramírez Encinas, emiteu un escrito de procesamento
a 60 mariscadores da Ría de Ferrol por impedir o paso do buque gaseiro
"Galicia Spirit" que se dirixía, cargado con GNL-LNG, á ilegal e
perigosa planta de REGANOSA en Mugardos en Maio de 2007. A xuíz
considera que "os procesados poden ser imputados de delitos de desordes
públicas, desobediencia grave á autoridade e coaccións graves".
Ante este procesamento o Comité Cidadán de Emerxencia para a
Ría de Ferrol, veu a asumir a responsabilidade xunto outras
organizacións veciñais, sociais e ecoloxistas que acompañaron á xente do
mar na acción de autodefensa, pola Ría, a nosa seguridade e a vida.
O Comité Cidadán denuncia
publicamente o procesamento dos mariscadores e mariñeiros, asumindo a
parte de responsabilidade que lle corresponde e encetando unha campaña
de auto-inculpacións. E con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o Comité Cidadán organiza
un Festival Solidario coa Xente do Mar: Venres 4 de Xuño de 2010
no Porto de Ferrol, desde as 6 da Tarde.
O vindeiro venres 21 de maio ás 20,00h terá lugar no Ateneo Ferrolan a presentación da vindeira Asemblea Xeral do Foro Galego de Inmigración, que será o 30 de maio, na que se contará coa presenza de arredor de 200 persoas representantes de asociacións de migrantes de Galiza e persoas afins ou interesadas no feito migratorio.
O tema a debatir este ano será "Repensando a nosa práctica asociativa".
As actividades desenvolveranse entre a Universidade e o Colexio de Esteiro.
Precisase preinscripción para participar nas mesmas. Podense consultar máis datos na web do Foro Galego de Inmigración: http://forogi.wordpress.com
Convocamosvos a acudir ó Ateneo Ferrolán este venres no que se presenta publicamente o acto e agradecemos de antemán a difusión do mesmo.
A Coordinadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres convídate a reflexionar, a través do visionado da curtametraxe documental “Invisibles” de Wim Wenders e a película “Grbavica, El Secreto de Esma” de Jasmila Zbanic, sobre a situación de violencia sexual que viven as mulleres en moitas zonas de guerra e conflitos armados, onde o seu corpo é utilizado como arma e botín de guerra.
A proxección será o 24 de Maio ás 19:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.
Este acto está enmarcado dentro da celebración da III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, que arrincou o pasado 8 de Marzo e culminará o 17 de Outubro con accións simultáneas en todo o mundo, e unha Mobilización Internacional na República Democrática do Congo, coa que pretendemos denunciar a situación das mulleres na rexión dos Grandes Lagos e outras zonas en guerra e conflito armado, e reivindicar e fortalecer o papel das mulleres na resolución dos conflitos e os procesos de paz.
MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES NA GALIZA
COORDINADORA COMARCAL DE FERROLTERRA
www.feminismo.info
www.mmm2010.info
marchagaliza@gmail.com