Buscar neste blog

Síguenos en...

Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta poeta. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta poeta. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

22 xaneiro 2009

A casa do poeta, espectáculo poético-musical

Seguindo a liña da "Volta ás Rías Galegas en verso" e de "Elaborando o meu delirio", presento a nova xira que levará A casa do poeta polos pobos da nosa terra, recuperando as vellas tradicións trobadorescas e levando a cultura ás rúas, as prazas, sempre que o tempo acompañe, senón refuxiarémonos en teatros, librarías, bares... Convertendo este proxecto nun espectáculo en movemento, que eleve a poesía e outras artes tamén con menos repercusión ao lugar que lle corresponde, amosando un anaco máis da diversidade cultural de Galicia.

Sábado 24 de xaneiro ás 20:00hs., no Ateneo Ferrolán

A casa do poeta son:
JUAN CARBALLO poemas
MONCHO NÚÑEZ cancións

www.juancarballo.insomnioweb.com

29 xaneiro 2009

Xa está na rúa a nosa revista trimestral "ATENEA 33"

Portada

Contraportada

SUMARIO ATENEA 33

EDITORIAL

SERVIZOS
  • BIBLIOTECA – HEMEROTECA
  • BREVES HISTORIAS DA NOSA BIBLIOTECA-HEMEROTECA (6)
  • PROXECTO FUNDACIÓN BARRIÉ DE LA MAZA
  • DÍA DA BIBLIOTECA
XENTES
  • JULIA UCEDA: FILLA ADOPTIVA DE FERROL
  • FALECEU O POETA RAMIRO FONTE
OUTRAS ENTIDADES
  • ATENEO SANTIAGO DE CUBA
FALAMOS DE ...
  • 60 ANOS DA DECLARACIÓN DEREITOS HUMANOS
  • CARTA ABERTA DO PRESIDENTE DO ATENEO
  • CAMPAÑA CAPTACIÓN SOCIOS / SOCIAS
  • INFORME CARTA EUROPEA DAS LINGUAS
BREVES
  • FSG: ALIANZA E MOBILIZACIÓNS PARA O 2009
  • PROGRAMA RADIO FILISPIM “ATENEA”
  • ESPECTÁCULO POÉTICO-MUSICAL “A CASA DO POETA”
ARTIGOS
  • “EM DEFENSA PRÓPIA” por SECHU SENDE
  • “O CONCELLO DE FERROL NO REINADO DE ISABEL II. 150 ANOS” por PILAR BLANCO VIDAL
  • “A MORTE DOCE DA LÍNGUA” por Carlos Callón
  • “REFLEXIÓNS” por Eliseo Zaera Ríos
PROGRAMACIÓN
  • PROGRAMACION XANEIRO – FEBREIRO – MARZO 09
  • MEMORIA ACTIVIDADES do ATENEO ANO 2008
  • CONVOCATORIA XIX CERTAME FOTOGRÁFICO MEDIO AMBIENTE 2009
TEATRO
  • CONVOCATORIA VII CERTAME INFANTIL E XUVENIL ATENEA 2009
MULLER
  • DÍA DA NON VIOLENCIA MACHISTA
O PARNASO
  • JULIA UCEDA VALIENTE
  • RAMIRO FONTE
  • MAHMUD DARWIX

01 outubro 2015

Concerto Multidisciplinar: A música de Grus Art xunto Alfonso Costa e Eva Veiga



CONCERTO MULTIDISCIPLINAR no ATENEO FERROLÁN

A música de Grus Art  xunto á intervención
do artista plástico Alfonso Costa e a poeta Eva Veiga


Unha experiencia plenamente artística e multidisciplinar está resultando a presentación do disco GRUS ART do grupo musical do mesmo nome. Un espectáculo que chega agora a Ferrol, acollido polo Ateneo Ferrolán, o martes 6 de outubro deste ano 2015.
 
O concerto conta coa actuación-improvisación musical dos compoñentes de Grus Art -Bernardo Martínez (clarinete e percusión) e Fito Ares (frauta e clarinete). E na mesma liña improvisatoria e de liberdade creativa participan o recoñecido artista plástico, Alfonso Costa, coa realización dunha obra pictórica en directo e a poeta Eva Veiga co dicir da súa palabra.

Fito Ares e Bernardo Martínez son dous músicos de longa e fecunda  traxectoria profesional e amplo rexistro musical. Foron cofundadores de grupos tan emblemáticos como Jazz Filloa ou Doa. Na actualidade, ben por separado ou xuntos, partecen a distintas formacións musicais con predominio do Free Jazz. Do mesmo modo, adoito compoñen música para cine, teatro, etc.


 

26 maio 2015

Presentación Poemario "LÚA PLENUR" de Alfonso Rodríguez. Xoves 4 de xuño ás 20 h.


Presentación Poemario "LÚA PLENUR" de Alfonso Rodríguez
xoves día 4 de xuño ás 20 h. no salón de actos do Ateneo

http://luaplenur.expoplanetarium.net/

modedemployFronte á literatura todos somos libres para rexeitar ou mesmo aceptar os modelos de autoridade que se nos propoñen. A poesía é, polo demais, un útil valioso para rebelarnos contra a supervivencia canónica e mostrarnos favorábeis á vida, á experiencia revolucionaria.

A traxectoria artística de Alfonso Rodríguez vén definindo hai tempo unha poética xenuína. Si, Alfonso ten pincel naíf, botas de okupa e ten copado en todas as escolas, mais a súa achega ao noso monte literario (e libertario) é absolutamente auténtica e hai algún tempo que comezou ser valorada na súa dignidade.

Tralo pretendido automatismo dunha improvisación grafómana de infinitos retallos sincopados, trala escrita e a arte compulsiva, fican estas colaxes que iluminan a paisaxe dunha crise, consubstancial ao individuo sensíbel na civilización (nestes días caóticos de existencia).

Nesta nova arañeira poética de Alfonso está pechado un tempo. O seu, o noso tempo; un tempo de nicotina, de estupor e de estupidez contra o río da mercadoría estupefaciente. O poeta, o arácnido, móstrasenos abraiado na observación desta nosa xeración domesticada. Estes son poemas onde cae todo, onde todo se acende no declive dos guindastres, na explosión desexada, agardando a necesaria destrución que antecede a unha nova canción (a carón do vento), un canto imposíbel sen amor.

Para o poeta xa hai demasiada luz sobre a doenza constituínte das sociedades. Por iso evoca en todo tempo, e aquí tamén, como caeu (cando era máis mozo) no inferno do mundo e como foi salvado en parte polo amor. E volve ao intimismo, aos outros días en que non saen poemas.
Sen artificios extraordinarios, sen ás de albatros que lle impidan camiñar, ollos de araña abondan (vexo e non son vidente). Mais son o xogo, a chiscadela punki e o sorriso da bonhomía quen a miúdo iluminan a poesía do Alfonso. A desmitificación, a ironía, o sarcasmo, a incorrección tórnanse tropos literarios. A experiencia poética, intacta, incorrixíbel, enfróntase novamente á súa exposición pública e afírmase: tod@s temos moito que dicir.

Convén advertir que esta experiencia radical esixe unha lectura libre, afastada da presunción de estilo, que relativice acertos e deficiencias técnicas e evite o canon e guía que nos delimita o gusto. Unha lectura semellante pode atopar e gozar da poesía que se axita no teito branco destas páxinas.

Gaspar Domínguez

02 outubro 2025

"Dimesións cristalinas" exposición pictórica Rosa Salanova

 


Este  venres 3 de outubro, ás 19:30 h, terá lugar a inauguración da exposición “Dimensiones Cristalinas”, que poderá visitarse no Ateneo Ferrolán durante todo o mes de outubro (do 3 ao 31).
Este acto inaugural será conducido polo escritor e poeta Francisco Xosé “Chisco” Fernández Naval, quen ofrecerá unhas palabras de presentación. Ademais, contaremos coa recitación de poemas por Esther Val e coa actuación musical e vocal de Rut Díaz Salgado, nun espazo no que arte, música e poesía se entrelazan para acompañar a presentación da pintura recente da artista.

Sobre a artista: Rosa Fernández Salanova

Rosa Fernández Salanova é unha artista plástica con amplia traxectoria. Comezou a súa formación artística no ano 1989, baixo a tutela do artista Ricardo Segura Torrella, dedicándose a estudar pintura, debuxo e técnicas mixtas ao longo de diversos anos.

O seu estilo moveuse entre a figuración subjetiva e a abstracción, explorando un linguaxe visual xenuíno no que a cor, a forma e os materiais se combinan no intento de suscitar reflexións sobre a vida e o universo.
Ademais da pintura, adquiriu formación en técnicas como o gravado, nos ámbitos do Museo de Belas Artes da Coruña, na Fundación CIEC en Betanzos e no Torrente Ballester (Ferrol)

No seu currículo destacan numerosas exposicións individuais en Galiza —en salas de Ferrol, A Coruña, Oleiros, Culleredo, Viveiro, entre outras— así como participación en feiras nacionais e internacionais —por exemplo, en Brescia (Italia), Grenoble (Francia), Nova York, Shanghai, Bolzano, etc. 
Tamén figura en exposicións colectivas, certames artísticos e publicacións especializadas en arte e literatura. 


Sobre Francisco Xosé Fernández Naval

Francisco Xosé Fernández Naval, nacido en Ourense en 1956, é un recoñecido escritor galego, poeta e narrador, con unha destacada carreira literaria tanto en poesía como en narrativa, ensaio e literatura xuvenil.
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi galardoado con importantes premios literarios, como o Premio Xerais de novela por O bosque das antas (1988). 
No ámbito poético recibiu igualmente premios como o Cidade de Ourense (en 1980 e 2007), entre outros.
A súa obra explora temas como a memoria, a identidade, a lingua e o compromiso cultural galego, empregando unha linguaxe coidada e profundamente enraizada na tradición e na contemporaneidade. 

Un acto de confluencia artística

A inauguración non será só unha ocasión para descubrir a nova obra plástica de Rosa Salanova, senón tamén un espazo de encontro das artes: literatura, poesía e música confluirán para intensificar a experiencia estética.
A organización aspira a crear un ambiente íntimo e emotivo, para que visitantes e público poidan mergullarse nas dimensións cristalinas que inspira a obra da artista.

Información práctica:

  • Título: Dimensiones Cristalinas

  • Lugar: Ateneo Ferrolán (Ferrol)

  • Datas da exposición: do 3 ao 31 de outubro

  • Inauguración: venres 3 de outubro, 19:30 h

15 setembro 2025

Homenaxe ao pintor Francisco Miguel

Homenaxe no Ateneo Ferrolán sobre o pintor Francisco Miguel, a cargo do investigador Miguel Anxo Fernán Vello O vindeiro martes, 16 de setembro de 2025, ás 19:00 horas

 O Ateneo Ferrolán acollerá a conferencia “Francisco Miguel, vida, arte e crime”, impartida polo escritor, editor e investigador Miguel Anxo Fernán Vello. O acto forma parte do ciclo divulgativo “A vangarda arrebatada”, organizado pola Deputación da Coruña e a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), en colaboración coa Asociación Fuco Buxán e o propio Ateneo Ferrolán. 

A presentación correrá a cargo do poeta e crítico de arte Xulio Valcárcel. Sobre Francisco Miguel

 O pintor Francisco Miguel (A Coruña, 1897 – Carballo, 1936) foi unha das figuras centrais da arte galega nas primeiras décadas do século XX. 
Vencellado ao núcleo coruñés que daría lugar á revista Alfar, a súa traxectoria transcorreu entre a vangarda e a figuración propia da arte europea de entreguerras.

 Nas súas viaxes por Europa e América mantivo contacto cos principais artistas da época, consolidando unha obra que situaba Galicia no mapa das vangardas internacionais. 


 Detido tras o golpe militar de xullo de 1936, foi asasinado polos sublevados fascistas. O seu corpo permaneceu oculto ata a súa exhumación no ano 2023, promovida pola ARMH. O vindeiro 29 de setembro, celebrarase en A Coruña un acto cívico de homenaxe e enterro no cemiterio de San Amaro. Datos do evento Data: Martes, 16 de setembro, 19:00 h Lugar: Ateneo Ferrolán (rúa Magdalena 202-204, Ferrol Poñente: Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e editor Presenta: Xulio Valcárcel, poeta e crítico de arte Colaboran: Asociación Fuco Buxán e Ateneo de Ferrol Entrada libre ata completar aforo. Pódese visitar o ambigú

16 maio 2014

Plataforma Queremos Galego



http://www.queremosgalego.org/

Somos Cultura. Salvemos o Ateneo


Manifesto “Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza!”, da autoría de Marica Campo

O galego é a nosa lingua. A Galiza ten unha lingua de seu que é o galego. Por isto, non podemos tolerar  que no noso país, hoxe, o español, coa axuda do Inglés, se utilice como o seu sepultureiro. Até o Estatuto de Autonomía, que xa ten 33 anos, declara que o Galego é a lingua propia de Galiza. En boa lóxica, xa que é así, está na súa casa e non precisa permiso das outras,  impostas e alleas,  para se mover libremente polas diversas estancias.
Todos os avances das forzas emancipadoras da humanidade  foron sempre na dirección de combater a exclusión social. Agora, na tan amentada crise, denúnciase decote o aumento dos excluídos. Mais nós, galegas e galegos, levamos moito tempo vivindo unha crise particular que non é filla conxuntural da que din que se desatou hai sete anos. A nosa crise ten outros nomes e apelidos: son o noso dereito a existir como tales, a traballar na nosa terra e a facermos uso libre e estendido da nosa lingua, os que están sendo vulnerados.
A ela, á nosa lingua, foille imposto historicamente un manual de redución. A que a reduciron? Reducírona á oralidade, á fala; reducírona a unha clase social, os oprimidos carentes de todo poder de decisión; reducírona a uns lugares, as aldeas; reducírona a unha idade, os vellos.
O ano pasado lembramos que se cumprían 150 anos desde que unha muller chamada Rosalía de Castro culminara un proceso de dignificación da lingua galega, rompendo esa trampa mortal de falsa naturalidade, isto é, dun uso marxinal permitido, e elevándoa á máxima altura estética e patriótica. A partir dela e até os nosos días,  a nosa lingua foi cobrando naturalidade e dignidade noutros espazos sociais e públicos a cadora máis amplos e diversos.
Somos todas e todos os que estamos aquí fillos ou descendentes deste esforzo;  mais, ao mesmo tempo, responsábeis de lle asegurarmos continuidade. Neste labor, non só non contamos coa protección institucional, senón que temos que gastar o tempo a defendérmonos das ilegalidades que os poderes públicos perpetúan contra o galego.
Amigas e amigos, o tempo actual non é propicio para a existencia de Galiza e do seu signo principal, a lingua galega, porque a globalización pretende arrasar con toda diferenza que ouse desafiar a hexemonía do imperial dominante. Non os imos compracer. Non temos a menor vontade de suicidio nin de resignación. Por isto, parafraseándomos a Díaz Castro, o poeta a quen celebramos este ano, diremos:
Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza, no uso da nosa lingua nas aulas, tamén como lingua vehicular  escandalosamente prohibida pola Xunta para certas materias.
Un paso adiante e mais outro paso adiante, lingua nosa, nos medios de comunicación e na publicidade.
Un paso adiante e mais outro paso adiante, no uso do Galego pola Administración.
Un paso adiante e mais outro paso adiante, porque iso é o xusto, para a nosa palabra na Xustiza.
Un paso adiante e mais outro paso adiante nas misas e demais celebracións relixiosas.
Un paso adiante e mais outro paso adiante na oferta de ocio.
Un paso adiante e mais outro paso adiante en todos os novos soportes comunicativos.
Un paso adiante e mais outro paso adiante nos transportes públicos.
Un paso adiante e mais outro paso adiante no comercio.
Un paso adiante e outro paso adiante en todas as artes e as letras.
Porque unha lingua normal é unha lingua ubicua, omnipresente,  e este decálogo non nace dunha invención nosa, senón que está contido na Carta Europea das Linguas non Estatais, aceptado como lexislación superior do Estado en 2001 e igualmente presente no Plano Xeral de Normalización Lingüística,  aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia vai para dez anos, e desprezado por quen o tiña que executar.
Debe ser a lingua obxecto de uso e de defensa todos os días do ano en todos os lugares e momentos, porque non é un adorno ou unha peza cultural: é o noso ser e precisa dunha defensa cívica e dun amor colectivo e dunha mobilización social tan potente como a que dedicamos a outros asuntos que teñen a ver co diñeiro, co traballo ou con dereitos conquistados.

O poeta Díaz Castro, escribiu nun seu poema estes versos: “Alumarei con fachas de palabras, / ancho herdo meu, o mundo que me deron”. Falar a nosa lingua é darlle luz, é dicir, visibilidade. E tamén calor, amparo social, porque a lingua non é individual e precísanos a todas e a todos para seguir 
nomeando o mundo desde nós.

Adiante, pois, sempre! Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza, 
coa lingua que nos crea e que nos cría, que nos fai ser e existir.
Viva a lingua galega!
Fagámola vivir e ser útil!
É tempo de falarmos: somos nós!


15 marzo 2021

Exposición de Artes Plásticas "DANTE" do 5 ao 31 de marzo

 


Exposición de Artes Plásticas "DANTE" 
Do 5 ao 31 de marzo de 2021 na nosa Sala de Exposicións (Sala 1)
 
 
 A exposición Dante, reúne a obra recente do sevillano afincado en Ares Juan Manuel Álvarez Romero, Mané, con pinturas e esculturas realizadas entre 2019 e 2021, buscando un sentido de unión “A Divina Comedia” coa nosa historia recente, tanto persoal como colectiva: os padecementos e incertezas que, a nivel mundial e humano, aínda estamos a vivir e que Mané enfoca desde a súa visión plástica e poética sobre a Divina Comedia, de Dante, onde indaga nos confinamentos desde o inferno “que o presenta caótico, incluso esquecendo por momentos a orde e a composición” ata a chegada a un paraíso que nolo mostra baleiro e silencioso, con siluetas de humanos camiñando por horizontes afastados. 
 
Unha visión confabuladora, do tempo da experiencia de confinamento, capaz de transportarnos aos medos e á súa vez, liberación do inconsciente, suscitando unha reflexión poética e onírica no espectador a través do libre xogo dos matices, ás veces surrealistas e ás veces post minimalistas e, suxerencias entre pinceladas texturadas e personaxes que pululan polas paisaxes que nos levan a imaxinarios repletos de grafismos que definen o seu estilo desde os seus inicios como pintor, e que busca quizais nun momento oportuno como este, a súa visión e interese como creador.     
 
Artista multidisciplinar, Juan Manuel Álvarez Romero, Mané tamén poeta e escultor, disciplinas que conforma un conxunto de todas elas e que responde a unha vontade  integrativa, nunha experimentación continua, fainos un retrato tanto da humanidade como da condición humana. Así, Mané, comparte, “móstranos” a súa percepción do tempo presente e pasado, das accións e acontecementos, que ocorren e repítense ao longo da historia da humanidade –E que parece que esquecemos– . 
 
Estas obras convídannos tamén a recobrar o instante vivido, o sentido e a aprendizaxe de mirar e mirarnos no continuo presentir e sentir á vez, dun mundo transformador que nos ensina a vivir nunha conciencia evolutiva e cambiante que pode parecer ou é á vez involutiva.

29 xuño 2015

Presentación do Libro: "Inventario do prohibido" de Luz Campello García. Xoves día 2 ás 20,30 h.



Presentación do Libro:
"Inventario do prohibido" de Luz Campello García
xoves día 2 de xullo ás 20,30 h. no salón de actos do Ateneo

Participarán:
Eva Veiga (poeta), 
Luz Campello García (autora) 
e Miguel Anxo Fernán Vello (Director Edicións Espiral Maior)

03 outubro 2018

Presentación do libro de poemas "AMURAS". Venres 5 de outubro ás 20 h.


Presentación do libro de poemas "AMURAS"
Venres día 5 de outubro ás 20 h.

A autora ferrolá Vita Martínez Vérez, presentará o seu libro "Amuras" no Ateneo acompañada do sociólogo e poeta Xosé Leira

A idea levisiana da alteridade impregna a Amura proposta por Vita Martínez ao longo dos poemas aforísticos que debuxa a súa corporalidade. Desde a identidade que habita e é habitada, ata o corpo a corpo que supón nacer e morrer, pasando pola voz do silencio e a palabra. Se existise un lugar para declinar o pronome, sería este poemario, espido de pretextos e cargado de intencións.

http://vitamartinez.com/

18 maio 2016

Recital de Poesía. "Los poemas que no puedes dejar de conocer". Xoves 19 ás 20 h.





RECITAL de POEMAS da  ANTOLOXÍA  

"LOS POEMAS QUE NO PUEDES DEJAR DE CONOCER"

de José A. Ponte Far

ILUSTRADO por Pedro Castro Couto



No salón de actos do Ateneo o xoves día 19 de maio ás 20 h.


Lectores:



1.- Sergio Fernández Rodríguez

-En los ecos del órgano, Rosalía de Castro

-Intimidad, de Mario Benedetti



2.- Aurora Valentina (Profesora de literatura galega):

-A chamada, de Xulio L. Valcárcel

-Enchereite de min, de Darío Xohán Cabana

                     

3.- Eva Ocampo Vigo (Profesora de literatura)

-No volveré a ser joven, de Gil de Biedma

-Canción del jinete, de Federico G. Lorca



4.- Juana Corsina (Poeta)

-Amor más allá de la muerte, de Quevedo

-Romero sólo, de León Felipe



5.- Vicky Taibo (Ex-actriz de teatro aficionado)

-Prendimiento de Antoñito el Camborio, de Lorca

-En paz, de Amado Nervo



6.- Pedro Castro Couto (Pintor e ilustrador de la Antología)

-Soneto XIII, de Garcilaso

-Camiño longo, de Ramón Cabanillas



7.- Ángeles Seoane (Profesora de literatura)

-Romance del prisionero, anónimo

-Romance de la casada infiel, García Lorca



Actuará como conductor do acto
JOSÉ A. PONTE FAR

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/272267903107642/

18 febreiro 2020

Día de Rosalía de Castro. Venres día 21 de febreiro ás 20 h.


conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.

Ao redor do 24 de febreiro en diversos espazos e localidades organízanse lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro. En todos estes actos lerase o tradicional manifesto da AELG, que este ano elaborou o escritor Daniel Asorey.

No #AteneoFerrolán realizarase o venres 21 de febreiro ás 20 h. coa participación de: Mariola Hermida, Rosa Martínez, Aurora Varela e Rosa Méndez.

Compartimos as palabras do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2020, Ricardo Carvalho Calero, sobre a nosa poeta, a quen dedicou gran parte do seu rigoroso traballo crítico: “A realidade rosaliana é particularmente complexa -mesmo, a nível superficial, contraditória, ainda que, a nível profundo, se conciliem as contradiçons na raiz unitária da singularidade pessoal de Rosalia. […] Enfim, Rosalia é umha rosa de cem folhas.”

#ErrantesPoloMundo_rdc_20 #LetrasGalegas #SomosCultura

https://www.facebook.com/events/2726556224281320/ 



16 outubro 2025

Presentación do doble libro de Pablo Herrero Coira: “Co2 en 32 poemas + Ceum (Camino)”

Presentación do doble libro de Pablo Herrero Coira: “Co2 en 32 poemas + Ceum (Camino)”

O vindeiro 24 de outubro ás 19:00 h teremos un contubernio especial no salón de actos do Ateneo Ferrolán, onde o fotógrafo e poeta Pablo Herrero Coira presentará oficialmente o seu novo dobre libro “Co2 en 32 poemas + Ceum (Camino)”, como expresión da súa afección á escritura. 

Segundo comenta o propio autor:

“Por fin viu a luz o meu libro que xa debería saír en 2008 pero a vida dá moitas voltas”.
“Só fun capaz de vender doce, moi repartidos pola xeografía nacional”.
E engade: “Os dous orixinais en papel histórico e guaflex contiñan a parte da ratita pero decidín non publicala aínda”.

Sobre o autor e as súas obras

Pablo Herrero Coira, ademais da súa faceta fotográfica, ten unha longa inclinación pola poesía que leva cultivando desde hai anos. Algúns dos versos do seu libro xa se podían atopar en espazos culturais e literarios en liña, por exemplo no portal da editorial Ratón de Biblioteca. 

Os poemas de “Co2 en 32 poemas” mostran influencias de autores como J. A. Valente, Seamus Heaney, W. Whitman, Goethe, entre outros. Xeitos diversos de poesía aproveitan imaxes, emocións, comparacións poderosas, tensión entre o eu e o entorno. A outra parte do libro, “Ceum (Camino)”, está dedicada ás mulleres que pasaron pola súa vida, marcando momentos, lembranzas, emocións intensas.

Sobre a editorial

O libro publica con Ratón de Biblioteca, editorial con sede en Ferrol. Este selo editorial especialízase en poesía e narrativa (novela e relato curto), e ofrece tamén difusión cultural, servizos a autores, etc. 


17 abril 2023

Proxección Documental "O Aparecido" de José Antonio Jiménez García. Venres día 21 de abril ás 18 h.


Proxección Documental "O Aparecido" de José Antonio Jiménez García

Venres día 21 de abril ás 18 h.

SINOPSE :

Tras a aparición e a posterior proxección da curtametraxe de ficción, realizada en súper 8 m.m “ Manoel Antonio”, sobre a figura do poeta, do ano 1981, aprovéitase para mostrar neste documental, “O aparecido”, coas entrevistas a os actores participantes naquela curta, Santiago Prego, Victor Mosqueira, Francisco Jorquera, Luisa Veira, entre outros, o movemento artístico teatral acaecido na cidade de A Coruña naqueles anos.

01 setembro 2015

Presentación do poemario "Mundo frío" de Miguel Melero. Xoves día 3 ás 20 h.

 Presentación do poemario "Mundo frío" de Miguel Melero 
xoves día 3 de setembro ás 20 h.
salón de actos do Ateneo Ferrolán

Trátase dun poemario titulado MUNDO FRÍO do autor e pintor pontevedrés Miguel Melero. Contén, ademáis,  algúns microrrelatos e mesmo un relato breve ó final do mesmo. Reflexións todas elas sobre o mundo novo (Mundo frío, segundo o autor) que a onda da crise, non só económica, que escomezou o verán do 2007 deixou. Retroceso, volta atrás no tempo..., novo status das persoas que se fán máis egoístas, se cadra. O poeta escreve sobre o mundo, sobre feitos, sobre as xentes que o rodean e sobre sí mesmo, sensible á nova situación, onde os "de abaixo" xá non controlan a súa vida.  O poder amosa, de novo, que a vida non vale nada. Liberdade en perigo. Realidade amosada con as tecnoloxías baleiras de contidos éticos, humanisticos.

14 abril 2026

“Luz de obra”, de Darío Barros, preséntase no Ateneo Ferrolán con música en directo



Celebramos o vindeiro 24 de abril ás 19:30 horas a presentación do poemario Luz de obra, do poeta Darío Barros, nun acto que contará ademais coa participación musical de Cristóbal Veiga á guitarra e coa presenza tamén de Alexander Cainzos.

A proposta combina palabra e música nun formato íntimo, no que a poesía dialoga co acompañamento sonoro, creando unha experiencia sensorial e emocional para o público.

Unha poética da memoria e da vida

En Luz de obra, Darío Barros propón un percorrido poético polas estancias da memoria e polos vínculos que nos constrúen como persoas. A obra atravesa o ciclo vital —desde o nacemento ata a vellez—, explorando espazos tan significativos como os hospitais ou os fogares marcados pola ausencia.

Os poemas entrelazan temas como a orfandade e a paternidade, convidando a reflexionar sobre a herdanza emocional e o paso do tempo. A obra sitúase así nun territorio onde conviven dor e beleza, e onde a poesía funciona como unha ferramenta para comprender e habitar o presente. 

A traxectoria do autor, vinculada tamén ao ámbito da psicoloxía e da educación, reflíctese nunha escrita que afonda na experiencia humana desde unha ollada íntima e consciente.

Música e poesía en diálogo

O acompañamento de Cristóbal Veiga engade unha dimensión especial ao acto. Guitarrista cun percorrido ligado á escena musical galega, forma parte da banda Bang 74, proxecto no que desenvolve unha proposta sonora con identidade propia.

Neste formato máis próximo, Veiga adapta o seu rexistro para dialogar coa palabra poética, creando atmosferas que amplían os matices dos textos e reforzan a súa carga emocional.

O Ateneo como espazo de encontro

A presentación insírese na liña de actividade do Ateneo Ferrolán como lugar de referencia cultural na cidade, aberto á creación contemporánea e á hibridación de linguaxes artísticas.

Un convite á escoita

A cita do 24 de abril preséntase como unha oportunidade para achegarse á poesía actual desde unha experiencia compartida, na que palabra e música se entrelazan.

Un acto pensado para escoitar con calma, deixarse levar e descubrir novas formas de emoción e pensamento.


24 abril 2018

XI Semán de Poesía Salvaxe "A palavra encarnada". Xoves 26 de abril ás 18 h.

XI Semán de Poesía Salvaxe "A palavra encarnada"
En Ferrol os días 25, 26, 27 e 28 de abril


No Ateneo Ferrolán o xoves 26 de abril ás 18 h.

Escoitaremos a:

Rosalía Fernández Rial (1988) concibiuse a través da palabra, ideando unha xénese inicial desde a literatura escrita e a linguaxe escénico. 

Lois Pérez 
(Lugo, 1979) é mestre, poeta, dramaturgo, contador de historias e humorista, e o centro da súa actividade artística é a narración oral e a escrita.


Máis info e evento no facebook:  https://www.facebook.com/events/196151291002257/

https://www.facebook.com/notes/karlotti-val/xi-poes%C3%ADa-salvaxe-todas-as-voces-para-habitar-os-d%C3%ADas/10155491748508059/

25 febreiro 2014

Presentación: Grupo Surrealista Galego. Poesía visual "Xalundes"

Xoves día 27 de febreiro ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán haberá a presentación do:

Grupo Surrealista Galego

onde varios compañeiros, entre eles, Xoan Abeleira, poeta e membro deste grupo nos presentarán o poema visual "Xalundes" e nos falarán das súas actividades.


http://gruposurrealistagalego.blogaliza.org

O Grupo Surrealista Galego é, irrazoable e irrefreable mente, nada máis [pero moito máis] ca un grupo de creadoras e creadores galegos, cunha única premisa, polo de agora: abrirse a todos aquiles individuos e colectivos que vexan na palabra "surrealista" un espírito aínda vivo e transformador, e non, como quere facernos crer o sistema capitalista, un sinónimo do seu absurdo. Non queremos ser "dogmáticos" mais tampouco traidores. Por iso estamos dispost@s a aceptar e pendurar todas aquelas creacións, de calquera tipo, leais ó que amamos pero ningunha que deturpe aquilo que di amar. Polo demais, como non somos nin parvos nin ilusos senón temible mente lúcidos, sabemos, abofé, que no tocante ó Surrealismo ninguén pode aspirar a nada agás a devir algún día surrealista.

21 marzo 2013

III MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO 2013

 
Programa, da III Mostra de Documentais en Galego 2013 que por primeira vez poderemos visualizar na nosa sede xa que por mor da rehabilitación utilizamos outros espazos nas anteriores edicións. 

III MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO 2013 
  • Ferrol xoves 21 de marzo de 2013 ás 19 h.
  • Salón de Actos do Ateneo Ferrolán. Entrada de balde.
 “CON ETIQUETA”
  • de ADRIANA PÉREZ VILLANUEVA
  • Ano 2013. Duración 62’. Galego.
Sinopse: Este documental ofrece as voces espidas dun grupo de persoas relacionadas dalgunha manera coas enfermidades mentais. Xente cun diagnóstico, xente que diagnostica e familiares desvélannos esa outra realidade agochada naquelas persoas que están ao noso arredor. Unha hora na que nos achegamos ao difícil proceso vital dunhas persoas que comparten moito máis cunha etiqueta.
“PROXECTO ZECA”
  • de PABLO PORTERO
  • Ano 2012. Duración 15’. Galego
Sinopse: Dedicado a recordar a figura do poeta e músico Zeca Afonso.
“O RELOXEIRO”
  • de RITA ROMERO
  • Ano 2012. Duración 54’. Galego
Sinopse: Esta é a historia de Evanxelino Taboada, o último construtor de reloxos de Galicia. Esta é a historia dunha filla que quere recordar, dun escritor que investiga, dunha sociedade marcada polo estalido da guerra civil. A historia do pasado contada dende o presente. Esta é a historia dos artesáns do tempo.

14 abril 2026

Poesía Salvaxe XVIII 2026. " Non a Guerra!!!"

 Poesía Salvaxe 2026 no Ateneo Ferrolán: unha cita coa palabra viva

O ciclo Poesía Salvaxe 2026 fai parada no Ateneo cun encontro poético que terá lugar o xoves 23 ás 18:00 horas, na Sala 2 de Exposicións (3º andar) do Ateneo Ferrolán, á que de xeito informal chamamos " Sala Karlotti".

A sesión reunirá un conxunto de voces destacadas da poesía contemporánea, configurando un programa diverso e de grande riqueza expresiva. Participarán Pepe Cáccamo, Francisco Sampedro, Iolanda Tojeiro e Eva Veiga, sendo esta última presentada por Nicolás Vidal.


Un encontro de voces singulares

Pepe Cáccamo, poeta cunha longa traxectoria, destaca pola súa escritura de fonda carga simbólica e reflexiva, onde a palabra se converte nun espazo de exploración existencial e estética.

Francisco Sampedro achega unha voz comprometida e atenta ao territorio, á memoria e á identidade, construíndo unha poesía que dialoga co presente desde unha ollada crítica e sensible.

Iolanda Tojeiro, pola súa banda, desenvolve unha obra marcada pola intensidade emocional e a delicadeza expresiva, con especial atención ao íntimo e ao cotián.

O peche correrá a cargo de Eva Veiga, unha das voces máis recoñecidas da poesía galega actual, cunha escrita de gran musicalidade e profundidade, na que a linguaxe se abre a dimensións sensoriais e filosóficas. A súa intervención será presentada por Nicolás Vidal, quen contextualizará a súa traxectoria e proposta poética.

A poesía como experiencia

Este encontro insírese na filosofía de Poesía Salvaxe, unha iniciativa que aposta por unha poesía viva, aberta e en diálogo co público. Máis alá do recital convencional, trátase dun espazo para a escoita activa, a emoción compartida e o descubrimento.


Ferrol convértese así, unha vez máis, nun punto de encontro para a creación contemporánea.